G3061322 - Microeconomía III (Análise Económica Avanzada) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 31.00
- Clase Interactiva Seminario: 17.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
- Áreas: Fundamentos de Análise Económica
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO propósito do curso é que o alumno comprenda, a través dunha análise microeconómica tanto positiva como normativa, o papel dos mercados e de outras institucións nos procesos de asignación de recursos.
O curso divídese en tres partes: en primeiro lugar, se ofrece una presentación rigorosa da Teoría Neoclásica do Equilibrio Xeral e do Benestar. O obxecto desta presentación e poñer de manifesto os supostos necesarios para afirmar que a asignación correspondente a un mecanismo de libre mercado é eficiente.
En segundo lugar, se estudian diferentes situacións nas que, debido a incumprimentos nalgún dos supostos arriba mencionados, os mercados poden fallar na súa tarefa de asignar recursos de xeito eficiente, e se discute (mediante presentación realizadas polos alumnos) se o goberno e outras institucións poden corrixir estes posibles fallos de mercado. Nesta discusión, porase especial énfase no feito de que a posibilidade de corrixir un fallo de mercado mediante algunha institución depende de forma crucial de cómo se distribúe a información entre os individuos que participan nun problema de asignación.
En terceiro lugar, se parte da discusión anterior para presentar a Teoría (desenvolvida principalmente polos premios Nóbel de Economía do ano 2007 L.Hurwicz e R. Myerson) do Deseño de Mecanismos como ferramenta para avaliar mecanismos e institucións de asignación de recursos cando a información dos participantes se distribúe de forma asimétrica. Para facilitar a exposición, se expoñen as principais contribucións de dita Teoría (o Principio de Revelación, a Noción de compatibilidade en incentivos e o Teorema de Equivalencia) nun contexto mais simple de deseño de poxas. Posteriormente, se trasladarán os resultados a outros contextos, como a provisión de bens públicos, os mecanismos de licitación, imposición óptima, etc. Para rematar o curso se discutirán as consecuencias da Teoría na avaliación de medidas de política económica. Faremos énfase na comprensión dos problemas a través do uso de modelos matemáticos e abordaremos a análise mediante a álxebra, o cálculo, o razoamento lóxico e gráfico. Aínda que o que se pretende e ir ao cerne dos problemas, sintetizando e simplificando a súa presentación co fin de poder extraer e comprender os elementos esenciais, continuamente presentaremos exemplos e exercicios cos que ilustrar as teorías.
ContidosTema 1: Equilibrio Xeral e Economía do Benestar
1.1 O problema económico da distribución e do troco.
1.2 A noción de eficiencia paretiana na asignación de recursos.
1.3 O libre mercado como mecanismo de asignación de recursos.
1.3.1. O núcleo nunha economía de troco.
1.3.2. O equilibrio walrasiano nunha economía de troco.
1.4 Os teoremas fundamentais do benestar.
1.4 Existencia, unicidade e estabilidade do Equilibrio.
1.5. O problema económico da producción: equilibrio xeral en economías productivas.
1.6. A asignación de recursos ao longo do tempo: equilibrio xeral con comercio secuencial.
Tema 2: Os fallos de mercado.
2.1 Rendementos crecentes e competencia imperfecta.
2.2 Efectos externos.
2.3 Os bens públicos.
2.4 Economías con horizonte temporal infinito: ineficiencias dinámicas.
2.5 Mercados incompletos: equilibrios de manchas solares e bullas especulativas.
2.6 Información asimétrica: os problemas do risco moral e da selección adversa.
2.7 A importancia da Información nos fallos de mercado: a Teoría da implementación con información completa.
Tema 3: Avaliación e Deseño de Mecanismos de Asignación en contextos de información Asimétrica.
3.1. Introducción ao problema: a Teoría das poxas.
3.2. Unha aproximación xeral ao problema.
3.2.1 O Principio de Revelación.
3.2.2 Mecanismos compatibles en incentivos.
3.3 A imposibilidade da eficiencia paretiana. A eficiencia de un mecanismo baixo restriccións de incentivos.
3.4. Aplicacións.
3.5. Conclusión do curso.
Bibliografía básica e complementariaa. Básica
-Antelo, M. (2000), Tópicos en Microeconomía Teórica. Santiago de Compostela: Tórculo Edicións.
-Gravelle, H. y R. Rees (2005), Microeconomía. 3ª edición. Madrid: Pearson Educación.
-Kreps, D. (2004): Curso de Teoría microeconómica. Madrid: McGraw-Hill.
-Varian, L. (1999), Análisis Microeconómico . Barcelona: Antoni Bosch.
b. Complementaria
-Usategui, J.M. (1998): Teoróa de Subastas, Antoni Bosch.
-Casamiglia, X (1991): "Descentralización y Coordinación: una aproximación a la teoría de los Mecanismos de acción Colectiva", en Ramón Marimón y X.Casamiglia (eds.) Invitación a la Teoría Económica, Ariel.
-Hurwicz, L. "But,... who will guard the guardians?", Discurso de Investidura Premio Nóbel de Economía 2007.
-Myerson, R. "Perspectives on Mechanism Design in Economic Theory", Discursos de Investidura Premio Nóbel de Economóa 2007.
Competenciasa. Xenéricas
• Capacidade de aplicar modelos formais a problemas actuais.
• Capacidade para aportar racionalidade á análise e á descrición de calquera aspecto da realidade económica.
• Saber comunicar información, ideas, problemas e propostas de solución a cuestións económicas, tanto a un público especializado como non especializado, facendo uso tanto da linguaxe verbal e escrita como dos medios e técnicas de representación de modelos que se usan en economía.
• Saber elaborar e defender argumentos sobre cuestión económicas a un nivel xeral e non especializado, así como resolver problemas sobre estas cuestión, facendo uso dos coñecementos sobre a realidade económica, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios da economía.
• Manexar textos en inglés.
b. Específicas da materia
• Dominio das ferramentas fundamentais da análise dos comportamento dos axentes económicos e a súa interacción nos mercados.
• Coñecemento dos fundamentos que xustifican e condicionan a intervención pública en Economía por motivos de eficiencia.
• Capacidade de analizar a importancia da información nos problemas de asignación de recursos.
• Capacidade de deseñar mecanismos de incentivos orienradis cara a consecución de obxectivos de xeito descentralizado.
Metodoloxía da ensinanza As aulas de pizarra en grupo grande serán expositivas e consistirán basicamente en leccións impartidas polo profesor, dedicadas á exposición dos contidos teóricos e á resolución de problemas ou exercicios. As aulas de pizarra serán o instrumento principal na exposición do núcleo central da Teoría Económica, a Teoría do Equilibrio Xeral, así como dos principais conceptos da Teoría do deseño de mecanismos. Usando as ferramentas matemáticas de álxebra, cálculo e teoría de xogos, así como a dedución lóxica, explicarase como facer análise económica usando estes modelos para entender a economía real. As aulas de pizarra, ademais de transmitir coñecementos, teñen como propósito amosarlle ao estudante o método e a forma como traballa un analista económico. Estas habilidades terán que ser postas en práctica polos estudantes posteriormente nas aulas interactivas e durante o tempo dedicado a traballar de forma autónoma.
As aulas interactivas están destinadas a propoñer e resolver aplicacións da teoría, problemas, exercicios, e a analizar casos e exemplos que ilustren as teorías. As aulas interactivas serán o instrumento principal na discusión sobre os fallos de mercado e na discusión sobre a importancia da información na avaliación e deseño de institucións. En estas aulas interactivas tamén se realizará un seguimento do traballo dos estudantes con finalidade de contribuír á avaliación.
O traballo na aula combinará as exposicións teóricas nas aulas expositivas con aulas interactivas para a resolución de exercicios, análise de casos e análise crítico de lecturas e problemas. O Traballo individual ou en grupo do estudante estará orientado a preparar o traballo da aula interactiva e afirmar e aplicar os seus coñecementos na resolución de exercicios e análise crítica de lecturas recomendadas. Nas aulas interactivas o estudante terá que defender e debater o resultado dese traballo individual ou en equipo. A organización do traballo en equipo estará suxeita a regras que garantan a participación activa en todas actividades, de todos os membros de cada equipo.
Sistema de evaluaciónA cualificación final estará composta en un 70% por a nota obtida nun exame final escrito e en un 30% pola nota obtida na avaliación continua. A avaliación continua terá en conta todas as actividades que o estudante debe realizar ao longo do cuadrimestre (resolución de exercicios, discusión e participación na aula), considerando distintos aspectos da adquisición das competencias ás que contribúe a materia, así como outros aspectos tales como a claridade e a capacidade expositiva, o dominio da terminoloxía específica ou a participación activa.
Tempo de estudo e traballo persoalTraballo presencial na aula Horas
Aulas en grupo grande 22
Aulas en grupo reducido 24
Avaliación final grupo grande 2
To tal 48
Traballo persoal do estudante Horas
Estudio autónomo, individual ou en grupo 40
Escritura de exercicios ou outros traballos 20
Preparación de exames 20
Preparación presentacións e debates 20
Total 100
Recomendacións para o estudo da materiaPara unha comprensión adecuada da materia, débese asistir regularmente á aula. Unha vez escoitada a presentación de un tema na aula expositiva, o estudante debe realizar os exercicios e tarefas encomendadas polo profesor, de xeito sistemático, sen permitir a acumulación de traballo. Isto é así por dúas razóns: i) é preciso manexar as teorías para poder entender os exercicios e contribuír á súa resolución e discusión nas aulas interactivas; ii) o programa ten un carácter secuencial de tal xeito que ter asimilados os conceptos de un tema facilita a comprensión do seguinte.
No estudio individual ou en grupo, así como na resolución dos exercicios, é importante o manexo dos textos recomendados para ir ás fontes das distintas teorías, e para non basear o estudio na simple memorización dos apuntamentos das clases.
A elaboración dos exercicios e tarefas asignadas, manexando para iso textos ou simplemente noticias de actualidade extraídos da prensa, será de grande axuda para entender mellor o funcionamento das economías e asimilar de forma clara os conceptos teóricos.