G3061325 - Política Económica I (Política Económica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 17.00
- Clase Interactiva Seminario: 31.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Economía Aplicada
- Áreas: Economía Aplicada
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO obxectivo principal consiste na iniciación ao estudo da Política Económica mediante a introdución de aspectos teóricos básicos e aplicados. Ao principio trataremos aspectos metodolóxicos orientados á delimitación conceptual e o campo de estudo específico da Política Económica. A continuación realizaremos unha revisión da evolución do pensamento económico e as súas consecuencias á hora de promover enfoques, modelos e propostas de política económica.
O obxectivo fundamental desta materia estriba en interesar ao alumno de Economía no estudo da Política Económica, materia imprescindible para a mellor comprensión das circunstancias condicionantes que afectan ás decisións, estratexias e funcionamento da sociedade e a economía globalizada.
ContidosPRIMEIRA PARTE
BLOQUE I
1.La "caixa de ferramentas" (epistemolóxicas e metodolóxicas) para o estudo da Política Económica.
2. Delimitación conceptual: criterios, enfoques e modelos.
BLOQUE II
3. Da etapa mercantilista á Fisiocracia: a xénese da Política Económica como coñecemento científico
4. A eclosión da Economía Política Clásica e principais debates do s. XIX.
5. A revolución do paradigma keynesiano na Teoría da Política Económica.
6. A contra-ofensiva neoliberal: monetarismo, economía de oferta, expectativas racionais. Tendencias actuais.
BLOQUE III
7. A interdependencia entre a "política" e a "economía".
8. A elaboración e execución da política económica. Principais restricións na súa coordinación.
SEGUNDA PARTE (traballos de curso)
9. A Política Económica ante a crise actual.
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFIA BÁSICA
- ARIAS, X.C.- La formación de la política económica, Civitas, Madrid, 1996
- AYALA ESPINO, J.- Instituciones y Economía. Una introducción al neoinstitucionalismo económico, FCE, México, 1999.
- CUADRADO ROURA, J.R. (dir.)- Política Económica. Elaboración, objetivos e instrumentos, McGraw-Hill. Madrid, 2010
- FERNANDEZ DIAZ, A.; PAREJO GAMIR, J.A. Y RODRIGUEZ SAIZ, L.- Política Económica, McGraw-Hill, Madrid, 2002
- FREY, B. S.- Para una política económica democrática, Alianza Editorial, Madrid, 1987
BIBLIOGRAFIA COMPLEMENTARIA
- CASARES RIPOLL, J.L.- El pensamiento en la política económica, ESIC, Madrid, 2002
- FERNANDEZ DIAZ, A. (dir.).- Fundamentos y papel actual de la política económica, Pirámide, Madrid, 1999
-FRIEDMAN, M; FRIEDMAN, R. Libertad de elegir, Edit. Grijalbo, Barcelona, 1980
- LINDBLOM, Ch.- El proceso de elaboración de las políticas públicas. MAP, Colección Estudios, Madrid, 1991
- NORTH, D.C.- Instituciones, cambio institucional y desempeño económico, FCE, México, 1993
CompetenciasCompetencias da titulación ás que contribúe a materia:
. Exercitar o manexo de coñecementos que permitan un posterior afondamento en aspectos teórico-prácticos da economía.
. Contribuír á comprensión do sistema cognoscitivo dende unha perspectiva interdisciplinar.
. Estimular unha actitude crítica construtiva, a través do fomento de hábitos de reflexión e de razoamento lóxico.
. Desenvolver individual e colectivamente habilidades de investigación, así como as de comunicación e debate.
Competencias específicas da materia:
. Coñecer aspectos epistemolóxicos e metodolóxicos do estudo da Política Económica que a identifican como coñecemento científico.
. Analizar a súa traxectoria histórica como disciplina autónoma en ciencias sociais, identificando os principios que serven de base á aplicación da política económica e os instrumentos empregados.
. Analizar as tendencias contemporáneas e principais restricións na teoría-práctica da política económica actual.
. Complementar os aspectos teóricos básicos analizados, con aplicacións de política económica en diversos contextos.
Metodoloxía da ensinanza O enfoque docente da materia consistirá no desenvolvemento programático dos diversos temas formulados implicando directamente o discente en cada exposición. Nas horas de clase de lousa, o profesor ademais de explicar os contidos básicos dos temas, dotará os alumnos con información orientativa para o posterior estudo e desenvolvemento do proceso de aprendizaxe autónoma. Asociado a iso, dispoñerase (vía fotocopiadora ou internet) dunha selección de textos, cadros sinópticos, bibliografía complementaria por cada tema, artigos de divulgación científica ou de actualidade que teñan unha significativa relación co programa e que permitan a posterior participación activa e plural na aula.
Noutras sesións en clase co profesor realizaranse diferentes actividades: debate de preguntas, estudos de casos; seguimento- debate mediante artigos de prensa ou de revistas especializadas de temas de interese; exposición-defensa dun traballo escrito que servirá ao alumno de adestramento na obtención de información e documentación, formulación de obxectivos e análise valorativa da temática elixida. Estas actividades permiten o cumprimento de varios obxectivos pedagóxicos: fomentar a iniciación á investigación e á redacción de traballos científicos e exercitar a sistematización escrita de comentarios de texto e/ou de hipótese de traballo sobre temas de introdución teórica ou de actualidade político-económica.
As titorías en grupo reducido ou individualizadas permiten ao profesor coñecer a marcha do proceso de aprendizaxe dos alumnos e guialos en aspectos con dificultade. Todas estas actividades compleméntanse co traballo persoal que o alumno debe dedicarlles e permiten estimar o tempo necesario para a asimilación dos contidos das materias.
NOTA: Entregarase GUIA DOCENTE da materia
Sistema de evaluaciónO sistema de avaliación da aprendizaxe, atendendo aos obxectivos e características do curso consta de dúas fases.
Na primeira, ao longo do curso, realizarase unha avaliación continua na aula da participación activa do alumno, na que se valorarán os procesos de preparación / dominio dos temas da materia, o nivel científico das súas intervencións nos debates, e os resultados dos traballos realizados; cun peso na avaliación final do 30%.
Na segunda fase, ao final do curso, realizarase unha proba escrita sobre os contidos programáticos da materia, para coñecer a comprensión xeral da materia. Nela o estudante debe demostrar a súa capacidade de análise dos aspectos teóricos - prácticos que se lle formularon ao longo do curso, de xeito interrelacionado e a partir da súa propia valoración razoado; e terá un peso na avaliación final do 70%.
O sistema de avaliación é o mesmo nas dúas convocatorias.
Os alumnos que xa estiveran matriculados en algunha ocasión na materia poderán optar por facer un exame final específico, o cal se valorará co 100% da nota.
Tempo de estudo e traballo persoalActividades formativas en horas.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
- Clases de lousa en grupo grande:15 horas
- Clases de lousa en grupo reducido: 30 horas
- Titorías en grupo moi reducido:10 horas
- Avaliación grupo:5 horas
TOTAL HORAS DE TRABALLO PRESENCIAL NA AULA: 60
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO
- Estudo autónomo individual ou en grupo: 65 horas
- Escritura de exercicios, conclusións ou outros trabajos:10 horas
- Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar: 10 horas
- Preperación de presentacións orais, debates ou similar: 5 horas
TOTAL HORAS TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO: 90
Recomendacións para o estudo da materiaRecomendacións previas: dominio de coñecementos básicos proporcionados polas materias Historia Económica e Estrutura Económica; e de contidos complementarios de Macroeconomía.
Recomendacións para o estudo da materia
1.- Asistencia continuada ás clases presenciais para poder seguir axeitadamente os contidos que se van introducindo e facilitar unha mellor aprendizaxe logo materializada nun superior rendemento académico
2.- Participación activa individual ou colectiva mediante intervencións en clase, realización dos traballos propostos, intervención en debates sobre temas de actualidade relativos á elaboración e implementación de proxectos e medidas de política económica, etc.
3.- Manter un ritmo de traballo regular no seguimento da materia, levar ao día as notas de clase e completar a propia formación co manexo de información bibliográfica. A constancia na asistencia e regularidade na preparación de contidos garantirá a obtención dun nivel suficiente para superar sen dificultade esta materia.