G3061326 - Econometría II (Econometría) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 17.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 31.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Economía Cuantitativa
- Áreas: Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaA partir dos coñecementos básicos que o estudante recibiu ao cursar a materia de Econometría no primeiro cuadrimestre de terceiro, neste curso profundízase nos métodos econométricos fundamentais, para o que, en primeiro lugar enlázanse cos coñecementos adquiridos no curso anterior a través dos problemas que xurden a raíz do incumprimento dalgunha das hipóteses de partida. A partir desta visión global profundízase nalgunhas das problemáticas particulares, o que permite ao alumno adquirir unha visión mais ampla da materia e así poder empezar a interpretar traballos econométricos de dificultade media, e introducir o estudante nos temas econométricos de cursos mais especializados
ContidosTema1. Incumprimento das hipóteses do modelo clásico.
Tema 2. O modelo de regresión lineal xeneralizado.
Tema 3. Modelos dinámicos.
Tema 4. Causalidade e cointegración.
Tema 5. Outros modelos. Introdución: modelos con datos de panel, modelos multiecuacionais e modelos con variable dependente cualitativa. Paquetes informáticos e aplicacións á economía europea e mundial
Bibliografía básica e complementariaBásica para metodoloxía:
Guisán, M.C. (1997): Econometría. Ed.McGraw-Hill. Madrid.
Gujarati, D. (2004). Econometría. McGraw- Hill.
Complementaria. Metodoloxía:
Alcaide, A. e Álvarez, N. (1992): Econometría. Modelos deterministas y estocásticos: Teoría y Aplicaciones. Ed. Centro de Estudios Ramón Areces.
Pulido, A. y Pérez, J.(2001): Modelos Econométricos. Ed. Pirámide. Madrid.
Básica e complementaria para aplicacións:
Guisán, M.C., Cancelo, M.T., Aguayo, E. e Expósito, P. (2001): Crecimiento económico en países de la OCDE I: Modelos de crecimiento y empleo en Irlanda, Francia, España, Alemania, USA y Japón. Estudios Económicos nº 4. Editado por AHG y distribuido por Mundi-Prensa. Madrid.
Guisán, M.C., Aguayo, E. e Expósito, P. (2001). Economic growth and cycles: Cross-country models of Education, Industry and Fertility and International Comparisons.
Guisán, M.C. (2011). Temas de Econometría Aplicada. Capítulo 6: Modelos econométricos de desarrollo mundial.
Artigos e documentos, de lectura recomendada na clase, na página de internet http://www.usc.es/economet/econometria.htm e http://ideas.repec.org
CompetenciasCompetencias da titulación ás que contribúe a materia:
- Coñecementos instrumentais de forma particular no referente á elaboración de modelos econométricos.
- Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos.
- Contribuír ao coñecemento da realidade económica nacional e internacional, sectores produtivos, sector público institucións económicas e a súa evolución.
- Introducir a perspectiva de xénero na análise da realidade económica.
Competencias específicas da materia:
- Dominio dos conceptos e instrumentos de nivel medio indispensables para a análise cuantitativa e empírica da Economía desde a perspectiva econométrica.
- Dominio das técnicas econométricas de nivel medio que lle permitan ao alumno seguir cursos de Econometría Avanzada.
- Ampliación dos coñecementos en paquetes informáticos específicos para a Econometría que posibilite a súa aplicación no ámbito da análise económica a casos de complexidade media alta.
- Aplicación das técnicas econométricas de nivel medio á resolución de problemas económicos concretos
Metodoloxía da ensinanza Ao ser unha materia eminentemente aplicada á problemática económica préstase especial atención ás actividades presenciais e ao traballo continuado do estudante. As sesións de aula dedicadas ás clases expositivas teñen como obxecto a introdución e explicación dos aspectos básicos de cada tema contido no programa proporcionándolle a información adicional necesaria que permita un adecuado desenvolvemento do proceso de aprendizaxe autónoma. As clases en grupos reducidos realízanse na aula de informática e estas clases prácticas de computador están encamiñadas a que o alumnado consiga unha mellor comprensión dos contidos básicos, familiarícese co novo instrumental informático e coa resolución de problemas concretos en economía. Tamén realizaránse clases interactivas relacionadas coa exposición e comentario de aplicacións econométricas. Coa realización das distintas aplicacións tamén se pretenden contribuír á adquisición de habilidades para elaborar e presentar estudos referentes á realidade económica máis actual.
Co curso do campus virtual tentamos apoiar os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos na aula.
Sistema de evaluaciónAvaliación continua:
0 alumnado obterá unha parte da cualificación final en base ao traballo realizado ao longo do cuatrimestre: participación en clase, resultados das distintas probas, comentarios de lecturas seleccionadas, traballos aplicados (mínimo 3 puntos). A valoración das distintas actividades concretarase na correspondente guía docente. A avaliación complementarase cunha proba final na data oficial fixada polo centro.
Avaliación única:
Exame na data oficial fixado polo centro, onde se avaliarán as competencias e coñecementos establecidos nesta programación. (Nota máxima: 7 puntos)
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PRESENCIAL
Clases expositivas en grupo grande: 17 horas
Clases interactivas en grupo reducido (aula de informática): 31 horas
Titorías: 3 horas
Exames: 5 horas
TRABALLO PERSOAL
Estudo autónomo individual ou en grupo: 60 horas
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos: 5 horas
Programación/experimentación ou outros traballos en computador: 15 horas
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar: 10 horas
Recomendacións para o estudo da materiaTer superada a materia Econometría I desta titulación. Boa disposición cara á análise económica aplicada e a asistencia a clase.