Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais  »  Información da Materia

G3061327 - Análise Económica Internacional (Análise Económica Avanzada) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 31.00
  • Clase Interactiva Seminario: 17.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
  • Áreas: Fundamentos de Análise Económica
  • Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
RIVEIRO GARCIA, MARIA DOLORES.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_04OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    A materia pretende ofrecer un marco de análise actualizado e comprensible para iluminar as cuestións actuais da economía internacional. O obxectivo principal consiste en crear tal marco de análise paso a paso, e que o resultado sexa simple e unificado, de xeito que poida abranguer tanto as cuestións reais como as monetarias, tanto os prantexamentos tradicionais como os novos avances. Para axudar ao estudante a entender e asimilar a lóxica da economía internacional ilustraranse os desenvolvementos teóricos de cada etapa da materia con dados relevantes e cuestións actuais de política.
    Contidos
    1. TEORÍA DO COMERCIO INTERNACIONAL
    1.1. O Modelo Ricardiano e o concepto de vantaxe comparativa.
    1.2. Reformulación Neoclásica da vantaxe comparativa
    1.3. O Modelo Heckscher-Ohlin e as ganancias do comercio.
    1.4. O comercio intra-industrial
    1.5. Economías de escala e competencia imperfecta.

    2. MOVEMENTOS INTERNACIONAIS DE FACTORES
    2.1. A Movilidade internacional do traballo
    2.2. Os movementos internacionais de capital. A Inversión Estranxeira Directa.

    3. POLÍTICA COMERCIAL
    3.1. Os instrumentos da política comercial: aranceis e cuotas.
    3.2. Aranceis e cuotas en mercados de competencia imperfecta.
    3.3. Libre comercio e proteccionismo.

    4. MACROECONOMÍA DUNHA ECONOMÍA ABERTA
    4.1. A Paridade de Poder Adquisitivo.
    4.2. A condición básica de equilibrio no mercado de divisas: a Paridade de Intereses.
    4.3. As interdependencias na economía mundial: renda, tipos de interese e tipos de cambio.

    5. POLÍTICA MACROECONÓMICA INTERNACIONAL
    5.1. O Sistema Monetario Internacional.
    5.2. Áreas Monetarias Óptimas.

    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA BÁSICA

    Krugman, P., Obstfeld, M. e Melitz, M. (2012): Economía Internacional. Teoría y Política. (9ª edición), Pearson Education.

    BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA

    Aguado, S. e Ahijado, M. (eds) (1999): Lecturas de Economía Monetaria Internacional.Teoría e Integración Monetaria en Europa. Pirámide.
    Baldwin, R., y Wyplosz, C. (2006): The Economics of European Integration (2ª Ed), MacGraw-Hill, UK.
    Bhagwati,J.,(1991): Proteccionismo, Alianza Editorial.
    Chacholiades, M. (1992): Economía Internacional, McGraw-Hill.
    De Grauwe, P. (2009): Economics of Monetary Union (8ªed.), Oxford University Press.
    Deardorff, A. (1984): “Testing Trade Theories and Predicting Trade Flows”, en Jones y Kenen (eds.), Handbook of International Economics. Vol. 1, North-Holland.
    Dixit, A.K. e Norman, V. (1980): Theory of International Trade; Cambridge University Press.
    Eichengreen, B. (1996): La Globalización del Capital. Antoni Bosch.
    Gandolfo, G. (2004): Elements of International Economics. Springer Publishing
    Helpman,E. e Krugman,P. (1985): Market Structure and Foreign Trade; The MIT Press.
    Krugman,P. (1979): “Rendimientos crecientes, competencia monopolística y comercio internacional”, Cuadernos Económicos de ICE, 27 (1984).
    Krugman, P. (1980): “Economías de escala, diferenciación de productos y patrón de comercio”, Cuadernos Económicos de ICE, 27 (1984).
    Novales, A. e Sebastián, C. (2001 y 1999): Análisis Macroeconómico, Vols I y II, Marcial Pons.
    Tugores Ques, J. (2006): Economía Internacional: globalización e integración regional (6ª Ed), McGraw-Hill.

    Competencias
    Competencias da titulación ás que contribúe a materia:

    • Posuir e comprender os coñecementos que definen á economía como disciplina científica, incluíndo ás suas teorías, historia, métodos, técnicas e áreas de aplicación.
    • Posuir os coñecementos xerais de economía e as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar estudando e para emprender estudos especializados en economía e noutras áreas relacionadas, cun alto grao de autonomía.
    • Coñecer e comprender a economía internacional: os intercambios internacionais como elemento condicionante da asignación de recursos e da estabilidade macroeconómica.
    • Capacidade para redactar proxectos de xestión económica a un nível internacional.
    • Capacidade para entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de cómo funciona a economía.
    • Capacidade para identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
    • Habilidade para aprender de xeito autónomo.

    Competencias específicas da materia:

    • Coñecemento dos conceptos e indicadores básicos que se utilizan na análise da economía internacional.
    • Dominio dos principais modelos da teoría do comercio internacional.
    • Capacidade de analizar os efectos das operacións económicas internacionais.
    • Capacidade de avaliar os resultados das políticas comerciais e macroeconómicas.
    • Capacidade de aplicar modelos teóricos á interpretación de dados económicos.
    Metodoloxía da ensinanza
    Curso impartido na usc virtual.

    O traballo na aula combina as exposicións teóricas con aulas interactivas para a resolución de exercicios, a análise de casos e máis a análise e discusión de problemas. A parte interactiva é impartida en aulas de informática.

    O traballo individual do alumno oriéntase cara a preparación do traballo na aula e cara a cimentar, aplicar e ampliar os seus coñecementos. A través da resolución de exercicios, da elaboración ediscusión de casos, e da investigación, análise e discusión de problemas, o alumno reafirma os seus coñecementos e desenvolve as súas habilidades de análise. Ao longo do curso os alumnos realizan actividades que requerirán consultar materiais en inglés.


    Sistema de evaluación
    A avaliación da materia ten en conta todas as actividades que deben realizarse ao longo do cuadrimestre considerando distintos aspectos da adquisición das competencias ás que contribúe, así como outros aspectos como a claridade e capacidade expositiva, o dominio da terminoloxía propio da materia ou a participación activa.

    O sistema de avaliación da materia, tanto en xuño como en xullo, basearase en dous requisitos diferentes, coa valoración que se indica:

    a) A realización das actividades propostas gradualmente durante as sesións interactivas da materia. Valoración: 30% da cualificación total. É obrigatoria a asitencia a un mínimo do 80% das clases.

    b) A proba final, consistente nunha exame escrita onde haberá que dar resposta a varias cuestións referentes aos coñecementos incluídos no programa, e que terá lugar na data fixada polo centro. Valoración: 70% da cualificación total.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    TRABALLO PRESENCIAL NA AULA

    Docencia expositiva: 31 horas.
    Docencia interactiva: 17 horas.
    Proba final: 3 horas.

    Total horas traballo presencial na aula: 51 horas.

    TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO

    Estudio autónomo individual ou en grupo: 40 horas.
    Resolución de exercicios propostos, conclusións ou outros traballos: 20 horas.
    Preparación de exames: 10 horas.
    Lecturas recomendadas e actividades na biblioteca:20 horas.

    Total horas traballo persoal do alumno: 90 horas.


    Recomendacións para o estudo da materia
    A asistencia regular ás sesións, xunto con unha revisión atenta da bibliografía son os elementos fundamentais para o aproveitamento da materia.