G3061330 - Estrutura Económica de Galicia (Estrutura Económica e Desenvolvemento) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 31.00
- Clase Interactiva Seminario: 17.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Economía Aplicada
- Áreas: Economía Aplicada
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Proporcionar un coñecemento detallado das características e o funcionamento da economía galega nas décadas recentes, considerada no contexto español e no da Unión Europea.
- Proporcionar un marco interpretativo para entender as transformacións que ven experimentando a nosa economía nas últimas décadas.
- Familiarizar ao alumnado coas principais estatísticas e fontes doutro tipo dispoñibles para o estudo da economía galega, e inicialo na elaboración das súas propias análises sobre a base desas fontes a través das clases de docencia interactiva.
ContidosPARTE I. A DINÁMICA E ESTRUTURA ACTUAL DA ECONOMÍA GALEGA: UNHA PRIMEIRA VISIÓN XERAL
Tema 1. Introdución á análise estrutural da economía galega
Tema 2. Aproximación global ás transformacións no período 1960-2013: produción, renda e mudanzas na estrutura produtiva
Tema 3. A estrutura e funcionamento actual da economía de Galiza: aproximación ao cadro macroeconómico; estrutura produtiva e relacións intersectoriais, os complexos ou cadeas produtivas
Tema 4. A distribución dos resultados do proceso de crecemento: as desigualdades comarcais nos niveis de renda e de desenvolvemento; distribución funcional e persoal da renda, desigualdade e pobreza
PARTE II. CUESTIÓNS TRANSVERSAIS
Tema 5. Dinámica e características da poboación. Os problemas demográficos
Tema 6. Dinámica do emprego e mercado de traballo
Tema 7. A acción do sector público: articulación competencial; o orzamento e o financiamento autonómico
Tema 8. A inserción comercial externa de Galiza: comercio interrexional e internacional; aproximación á balanza de pagamentos
PARTE III. ANÁLISES SECTORIAIS
Tema 9. Sector agrario e agroalimentario; silvicultura e complexo da madeira
Tema 10. Sector pesqueiro e marindustria: o complexo pesqueiro
Tema 11. Enerxía e industria
Tema 12. Sector servizos
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA BÁSICA
BEIRAS TORRADO, X.M. (1973): O atraso económico de Galicia, Ed. Galaxia, Vigo (existe unha nova edición anotada en Ed. Laiovento, 1996).
CANCELO, J.R. (dir.) (2006): La economía de Galicia: Un análisis cuantitativo, Instituto de Estudios Económicos de Galicia. Fundación Barrié de la Maza, A Coruña.
CARMONA, X. (dir.) (2006): Empresarios de Galicia, CIEF-Fundación Caixa Galicia, A Coruña.
CARMONA, X e NADAL, J. (2005): El empeño industrial de Galicia: 250 años de historia 1750-2000, Fundación Barrié de la Maza, A Coruña.
CIEF-FUNDACIÓN CAIXA GALICIA (varios anos): A economía galega. Informe ..., Fundación Caixa Galicia, A Coruña (informes anuais publicados desde 1986).
DÍAZ, P., FERNÁNDEZ, A. e RODRÍGUEZ, X.A. (coords.) (2000): Revista Galega de Economía, vol. 9, nº 1, número monográfico “A economía galega ante o século XXI”.
FERNÁNDEZ LEICEAGA, X. e JORDÁN, M. (eds.) (1999): Congreso de Economía de Galicia. Desenvolvemento e globalización, Serv. de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela.
FERNÁNDEZ LEICEAGA, X. e LÓPEZ IGLESIAS, E. (2000): Estrutura Económica de Galiza, Ed. Laiovento, Santiago de Compostela.
GONZÁLEZ LAXE, F. (coord.) (1992): Estructura Económica de Galicia, Espasa Calpe, Madrid.
LÓPEZ IGLESIAS, E. e ARES, J.J. (eds.) (2002): Novos escenarios para a economía galega. Actas do II Congreso de Economía de Galicia, Serv. de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela.
PRADA BLANCO, A. e LAGO PEÑAS, S. (2009): Galicia, unha economía europea 1986-2006, Ed. Galaxia, Vigo.
VVAA. (1996): Papeles de economía española, Economía de las Comunidades Autónomas, nº 16 (número monográfico dedicado a Galiza).
VVAA. (2007): Papeles de Economía Española, Economía de las Comunidades Autónomas, nº 22: Galicia-Norte de Portugal.
Competencias- Capacidade de análise e de síntese.
- Capacidade crítica.
- Habilidade para analizar e buscar información.
O alumnado contará cunha base de coñecementos sobre a realidade económica máis próxima, que lle será de utilidade noutras moitas materias e un referente indispensable para a análise da economía en xeral.
Metodoloxía da ensinanza Conforme aos obxectivos expostos, o ensino da materia levarase a cabo a través das seguintes actividades: docencia expositiva, docencia interactiva en grupos reducidos.
Para isto un soporte esencial estará constituído pola Aula Virtual construída para a materia, na que os/as alumnos/as encontrarán: a programación cronolóxica detallada do curso, co contido previsto para cada unha das sesións de docencia expositiva e docencia interactiva; presentacións en power point para cada unha das clases de docencia expositiva; un guión detallado e material de apoio para a organización de cada unha das sesións de docencia interactiva; os modelos de exame de convocatorias anteriores.
Sistema de evaluaciónI. Para os alumnos que asistan como mínimo ao 80% das clases interactivas (computando como asistencia as ausencias xustificadas documentalmente) o sistema de avaliación consta de dous tipos de mecanismos:
a. Realización dunha proba final escrita, na que se combinan: preguntas tipo test (dirixidas a comprobar o dominio polo alumnado dos conceptos e coñecementos esenciais expostos ao longo do desenvolvemento da materia); e outras nas que deben responder de forma breve a certas cuestións (o obxectivo é aquí contrastar a capacidade do/a alumno/a para relacionar os diferentes conceptos e coñecementos parciais que debeu adquirir na materia).
Peso na calificación final: 70%.
b. Asistencia ás clases interactivas, exposición nas clases interactivas de temas preparados previamente (a partir do material disponible na Aula Virtual), realización doutras actividades que poda organizar o profesor, participación activa das clases.
Peso na calificación final: 30%.
II. Para os restantes alumnos (que non asistan como mínimo ao 80% das clases interactivas) a avaliación realizarase exclusivamente a través dunha proba final escrita coas características citadas anteriormente.
Recomendacións para o estudo da materiaAsistencia e participación activa nas clases, especialmente nas sesións de docencia interactiva; utilización do material, lecturas e recomendacións que se fagan ao longo do curso; realización dun traballo continuado ao longo do curso.