Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais  »  Información da Materia

G3061421 - Federalismo Fiscal (Facenda Pública) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 23.00
  • Clase Interactiva Seminario: 13.25
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Economía Aplicada
  • Áreas: Economía Aplicada
  • Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
CADABAL SAMPEDRO, MARIA DE LOS DOLORES.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    A materia Federalismo Fiscal está enmarcada no bloque formativo relativo ao estudo do sector público, no Grao de Economía. Segundo o regulado no RD 1393/2007, e na lexislación propia da USC, a materia ten o carácter de obrigatoria no Plan de Estudos, que se sitúa temporalmente no primeiro semestre do 4º curso do Grao. Así, pois, está destinada aos alumnos do Grao en Economía do Campus de Santiago de Compostela.

    A programación docente está constituída por catro unidades didácticas, nas que se abordan os aspectos máis relevantes para mergullarse na Teoría do Federalismo Fiscal. Así, despois da primeira parte, destinada á contextualización dos aspectos funcionais do Federalismo Fiscal, as teorías clásicas que o xustifican así coma o seu papel na división de funcións do Sector Público; abordamos o estudo das vantaxes e inconvenientes da descentralización, os sistemas de perecuación para entrar no estudo concreto da descentralización en España. Así, entramos no sistema autonómico e local, as súas características e os seus sistemas de financiamento, dende o punto de vista teórico e práctico

    Contidos
    Unidade I. Introdución
    Federalismo fiscal: aspectos funcionais
    Función de asignación: o modelo de Oates e a teoría de Tiebout
    Función redistributiva
    As políticas macroeconómicas


    Unidade II. A descentralización. Vantaxes e Inconvenientes
    Os bens públicos locais coma bens mixtos.
    Os efectos desbordamento
    O efecto conxestión
    Externalidades e economías de escala
    Competencia fiscal
    Redistribución e mobilidade
    A descentralización na práctica

    Unidade III. Os sistemas de perecuación O efecto "Fly paper"
    A nivelación fiscal
    Aspectos teóricos
    A práctica. Experiencia comparada

    Unidade IV. O Sistema de Financiamento autonómico e local en España
    Desenvolvemento temporal do proceso autonómico
    O financiamento Autonómico
    O sistema foral
    As corporacións locais
    Características e problemas de dimensión
    Os seus recursos: sistema tributario, subvencións e endebedamento
    Financiamento das corporacións locais: O sistema impositivo municipal –teórico e práctico-.

    Bibliografía básica e complementaria
    BÁSICA
    - CARAMÉS, L. (2004) Economía Pública Local, Thomson Civitas, Madrid
    - GIMENEZ, A. (2003): Federalismo Fiscal. Teoría y Práctica, Tirant lo Blanch, Valencia.
    - MONASTERIO, C. e SUÁREZ, J. (2002): Manual de Hacienda Autonómica y Local, Ed. Ariel, Barcelona.
    - RODDEN, J.; ESKELAND, G. e LITVACKM, J. (eds.). Fiscal Decentralization and Callenge of Hard Budget Constraints, MIT Press.

    Complementaria:
    - BERDAHL,L. E VANDER, C. (2002): "Urban Finance: crisis and remedies", Horizons, 5 (1), 12-14.
    - BIRD, R., SLACK, E. (2.004): "Fiscal aspects of metropolitan governance", Working Paper 0401, Institute for International Business, University of Toronto
    - BOADWAY, R. y SHAH, A. (2009): Handbook on Fiscal Federalism, Cambridge University Press
    - CADAVAL, M. y CARAMÉS, L. (2006): "Una aproximación a los modelos de intermunicipalidad", Urban Public Economics Review, 6, 33-69
    - CADAVAL, M. (2011): Sistema de financiamento local e autonómico en España. Unidade didáctica 4, USC.
    - DAFFLON, B. (2002): "Structures communales: Qu'est-ce qui distingue la collaboration intercommunale, l'agglomération et la fusion?", Working Paper 325, BENEFRI, Université Fribourg.
    - EHTISHAM, A., BROSIO, G. (Eds.)(2006): Handbook on Fiscal Federalism, Edgar Elgar Publishing, UK
    - QUIGLEY, J.M. e RUBINFELD, D. (1996): "Federalism and Reductions in the Federal Budget", pp. 289-302, National Tax Journal
    ROBBERTS, J. (1992): "A Comment of the Many Faces of Tiebout Bias", pp. 45-51, Journal of Urban Economics, vol. 32.




    Se recomenda consultar a revista "Urban Public Economics Review"
    Competencias
    As competencias de aprendizaxe han de proporcionar ao alumno os coñecementos relacionados coa organización e o funcionamento do sector público descentralizado, así coma os instrumentos cos que conta para exerce-la súa actividade económica, examinando os probleas e efectos que plantexa o deseño e a utilización de tales instrumentos.
    Manexar a terminoloxía e o significado conceptual dos elementos impositivos, aplicar e resolver as líneas xerais do cálculo e a liquidación dos impostos locais máis relevantes.
    Metodoloxía da ensinanza
    O contido da materia impártese no primeiro semestre do curso, cunha carga lectiva de 4,5 créditos ECTS. O 60% teñen carácter expositivo e o 40% interactivo. Deste xeito, e de acordo co horario que se estableza polo Centro, a distribución semanal da carga lectiva farase combinando as aulas expositivas coas interactivas. Esta mestura permitirá, en primeiro lugar, unha aproximación teórica aos aspectos máis relevantes da materia, seguida de estudos de casos concretos, tanto de descentralización coma de liquidacións impositivas.

    Clases expositivas, nas que se desenvolve a parte máis teórica da materia

    Clases interactivas, nas que se prepararán informes para discutir na sala de aulas, nas que se pon en práctica o aprendido na teoría, liquidación de impostos, etc.


    Sistema de evaluación
    • Tendo en conta as actividades propostas, a avaliación é unha mestura da actividade interactiva e expositiva do alumno. Así, pois, unha parte desta dependerá dos resultados que consiga o alumno na realización dos traballos e discusións que se produzan, mentres, outra parte da avaliación depende do exame final.

    • É imprescindible o seguimento continuo e activo da materia para poder supera-lo exame final, pois sen os traballos e a participación do alumno na aula non se poderá chegar a supera-la materia.

    Así, pois, a avaliación dos alumnos poderá realizarse a través de varias probas presenciais durante o cuadrimestre, de maneira que se mostren os coñecementos que van adquirindo. Esta avaliación contínua pondera, como mínimo, entre un 30- 40 % da nota final, pero para ser tida en conta o alumno debera superar, polo menos, menos o 25 % da cada unha delas.

    O 70-60 % restante valorarase no exame final.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    TRABALLO PRESENCIAL NAL AULA Horas
    Clases expositivas 28
    Clases interactivas 15
    Titorías en grupo reducido ou individual 2

    Total horas traballo presencial na aula 45

    TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO Horas 45 horas


    Recomendacións para o estudo da materia
    Considérase imprescindible para a superación da materia, non só a memorización dos contidos senón, sobre todo, a comprensión. Para elo é oportuna a resolución de xeito individual dos exercicios propostos, ademáis do traballo que se poida facer en grupo.
    No caso de que, tra-la participación activa en clase do alumno ao longo do curso, a realización das actividades propostas e a calificación obtida nos exames non fose suficiente para supera-la asignatura na primeira convocatoria, o alumno deberá realiza-lo exame da convcatoria seguinte, conservando as notas obtidas nos traballos e a asistencia e participación activa nas aulas. Esta reserva non se fará para convocatorias posteriores.