Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais  »  Información da Materia

G3061422 - Política Económica II (Política Económica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 13.25
  • Clase Interactiva Seminario: 23.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Economía Aplicada
  • Áreas: Economía Aplicada
  • Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
DIAZ VAZQUEZ, MARIA DEL ROSARIO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01A+BOrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_02AOrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_02BHorariosClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo xeral desta materia é o estudio dos principais obxectivos económicos dos gobernos e dos instrumentos básicos de política económica.
    Contidos
    Introducción. A política de estabilización e a política de desenvolvemento económico. Tendencias actuais na política económica.

    Obxectivos básicos de política económica. O emprego. A estabilidade de prezos. O crecemento económico. A redistribución da renda. A calidade de vida e a conservación do medio ambiente: o desenvolvemento sostible.

    Instrumentos de política económica. Política monetaria. Política fiscal e mixta. Política económica nunha economía aberta. Política de rendas.

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica (orde alfabética):

    CUADRADO ROURA, J. R. (dir.) (2010): Política económica. Elaboración, objetivos e instrumentos, McGraw Hill, Madrid, 4ª edición.
    ERIAS REY, A. e SÁNCHEZ SANTOS, J. M. (1998):Política monetaria y política fiscal, Ed. Pirámide, Madrid.
    FERNÁNDEZ DÍAZ, A.; PAREJO GÁMIR, J. A. e RODRÍGUEZ SÁIZ, L. (2005): Política económica, McGraw Hill, Madrid, 4ª edición.
    FERNÁNDEZ DÍAZ, A.; RODRÍGUEZ SÁIZ, L.; PAREJO GÁMIR, J. A.; CALVO BERNARDINO, A. e GALINDO MARTÍN, M. A. (2003):Política Monetaria (I). Fundamentos y Estrategias, Thomson-AC, Madrid.

    Facilitarase bibliografía complementaria ao longo do curso.

    Competencias
    Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
    - Contribución á comprensión do sistema cognoscitivo desde unha perspectiva interdisciplinar no campo da economía.
    - Potenciación das habilidades para elaborar argumentacións coherentes que permitan defender unha determinada postura, aplicando conceptos previamente aprendidos.
    - Desenvolvemento de habilidades de investigación e comunicación oral.

    Competencias específicas da materia:
    - Estudo dos principais obxectivos de política económica dos gobernos e dos instrumentos básicos de política macroeconómica.
    - Coñecemento das ferramentas necesarias para analizar o proceso de toma de decisións de política económica, interpretando as posibles causas e consecuencias das actuacións políticas no eido económico.
    - Análise de aplicacións de política económica en diversos contextos, estimulando a capacidade crítica-evaluativa do estudiante.

    Metodoloxía da ensinanza
    Clases expositivas.

    Nestas clases o profesor explicará os contidos básicos de cada tema e informará sobre o desenvolvemento do proceso de aprendizaxe.

    Clases interactivas.

    Nas aulas interactivas desenvolveranse as actividades de curso. Estas serán:
    - Exposición oral dun tema na aula. Cada alumno deberá facer unha presentación na aula dun tema previamente seleccionado pola profesora.
    - Ensaio breve. Cada alumno deberá presentar un comentario persoal sobre unha cuestión proposta por a profesora e defendelo na aula na clase de debate.
    - Lectura de textos e entrega de cuestionarios. Os alumnos deberán ler os textos que se lle indiquen e responder aos cuestionarios correspondentes.

    Para a preparación das actividades de curso, se aconsellarán ao alumno os textos básicos sobre os que sustentar o seu traballo. Algúns textos tratarán cuestións de actualidade relacionadas cas actuacións de política económica dos gobernos, co obxectivo de aproximar ao alumno ao contexto real de aplicación destas políticas.

    Todas as actividades propostas están encamiñadas ao cumprimento de obxectivos pedagóxicos: fomentar o espírito investigador e o intercambio de coñecementos entre estudantes

    Titorías

    As titorías permiten ao profesor coñecer a marcha do proceso de aprendizaxe dos alumnos e guialos en aspectos con dificultade.

    Aula virtual

    A docencia presencial se completará cos materiais e a información que se transmitirán a través da aula virtual.

    Guía docente ampliada

    Ao comezo do curso, publicarase na aula virtual unha Guía Docente ampliada na que se explicará a planificación da materia polo miúdo.


    Sistema de evaluación
    A avaliación da materia atenderá a todas as actividades realizadas ao longo do curso.

    - O exame final, centrado fundamentalmente na valoración dos coñecementos adquiridos, terá un peso do 60% na nota final.

    - A exposición oral dun tema na aula terá un peso do 20% na nota final.

    - O ensaio breve terá un peso do 10% na nota final. Para obter algunha puntuación no comentario é condición necesaria asistir á clase que se estableza para o debate.

    - Entrega de cuestionarios. En total terán un peso do 10% na nota final. Distribuirase a puntuación entre os cuestionarios que se realicen. Para obter a puntuación de cada cuestionario será condición necesaria asistir á aula interactiva correspondente.


    Na avaliación das diferentes actividades desenroladas nas clases interactivas terase e conta a calidade dos traballos presentados, o dominio do tema, a claridade e capacidade expositiva, a selección dos contidos relevantes e a coherencia na argumentación, entre outros aspectos. O sistema de avaliación describirase polo miúdo na Guía Docente ampliada da materia.


    Criterios para superar a materia: Tener como mínimo 5 puntos e, ademais, un mínimo de 2 no exame.

    ALTERNATIVA “NON ASISTENCIA”:
    Os alumnos/as que, por motivos ben xustificados, non poidan asistir a ningunha das clases interactivas poderán acollerse a esta opción "non asistencia". Neste caso as calificacións da materia serán:
    - Exame final. Hasta 8 puntos. Na data oficial. Ata 2 puntos do exame serán preguntas relacionadas cos textos que se traballen nas aulas interactivas.
    - Presentación oral. Ata 2 puntos. O alumno/a deberá facer a presentación oral dun texto que lle asigne a profesora (será un dos que se traballaran nas clases interactivas). A presentación oral deberá facela o mesmo día da data oficial do exame final.

    Para poder anotarse nesta opción "non asistencia", o alumno/a deberá poñerse en contacto coa profesora antes do 30 de setembro e xustificar documentalmente a súa imposibilidade de asistencia.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    O alumno/a, ademais das 36 horas presenciais, deberá dedicar 68 horas ao traballo persoal que inclúe: estudo autónomo (individual ou en grupo); preparación de presentacións; escritura de comentarios e outros traballos; outros traballos no ordenador; lecturas recomendadas e actividades en biblioteca ou similar.



    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase ao alumno/a seguir as indicacións e referencias bibliográficas que se establezan na guía docente ampliada e na aula virtual.
    Observacións
    Na Guía Docente ampliada explicarase polo miúdo cada un dos puntos da planificación académica: contidos, metodoloxía e criterios de avaliación. Esta guía estará dispoñible na aula virtual e na fotocopiadora ao comezo do curso.