G3061423 - Sistema Fiscal Español (Facenda Pública) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 23.00
- Clase Interactiva Seminario: 13.25
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 38.25
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Economía Aplicada
- Áreas: Economía Aplicada
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO obxectivo da materia é proporcionarlle ao alumno coñecementos sobre a Lei Xeral Triburaria, a evolución do Sistema fiscal español e a imposición directa.
Contidos 1.- A Lei xeral tributaria. Principios xerais. Os tributos.
2.- As obrigas tributarias. Obrigados tributarios.
3.- Elementos de cuantificación da obriga tributaria.
4.- A débeda tributaria. Formas de extinción.
5.- A aplicación dos tributos. Procedementos tributarios.
6.- A potestade sancionadora.
7.- Revisión en vía administrativa
8.- Evolución histórica do sistema tributario español. Reformas fiscais recentes.
9.- A imposición directa. Análise dos distintos impostos.
10.- Efectos económicos dos impostos.
Bibliografía básica e complementariaALBI, E., PAREDES, R. y RODRÍGUEZ, J. (2012): Sistema Fiscal Español, I, Ed. Ariel. Barcelona.
ALBI, E., PAREDES, R. y RODRÍGUEZ, J. (2011): Sistema Fiscal Español, II, Ed. Ariel, Barcelona.
Leis e Regulamentos dos impostos obxecto de estudo.
Durante o curso facilitarase bibliografía complementaria.
CompetenciasO obxectivo da materia é proporcionar ao alumno os instrumentos necesarios para que poida:
- Coñecer os contidos esenciais da tributación directa tanto de residentes como non residentes. incidindo de maneira esencial no fiscalidade empresarial.
- Analizar e comprender cun enfoque práctico a tributación directa, integrando lexislación e xurisprudencia, alternativa para unha planificación fiscal e valorando a incidencia dos impostos directos na eficiencia e na equidade dos contribuíntes.
- Predecir os efectos das reformas fiscais para poder valorar as súas consecuencias e minimizar o custo fiscal.
- Valorar o custo fiscal das distintas alternativas á hora de tomar decisións, para optimizar a tributación.
- Realizar as liquidacións dos impostos directos.
Metodoloxía da ensinanza Para o desenvolvemento do programa da materia combinaremos as clases expositivas, nas que se explican de xeito sistemático e ordenado os distintos temas; coas clases interactivas, nas que se esixe a participación dos alumnos e a realización de traballos e supostos prácticos que serán discutidos na clase.
Sistema de evaluaciónA avaliación dos alumnos realizarase a través de varias probas presenciais durante o cuadrimestre, de tal xeito que poidan mostrar os coñecementos adquiridos. Estas probas serán liberatorias da materia. Para ser tidas en conta na cualificación final, o alumno debera superar, polo menos, menos o 45 % da cada unha delas.
De non realizar ningunhas das probas anteriores, ou non tendo superado algunha, o alumno deber facer un exame final, coase partes pendentes ou non examinadas. Neste exame deberá de superarse, polo menos, o 35 % da cada unha das partes.
Os alumnos que xa se examinaron en cursos anteriores da materia, poderán manifesta-la súa opción de ir só ao exame final, ao igual que os alumnos de intercambio, nas condicións establecidas no apartado anterior. Neste caso, a nota do exame representará o 100 % da cualificación final.
Tempo de estudo e traballo persoalO alumno ten que dedicar o tempo necesario de traballo persoal no estudo da materia, uniformemente repartido ao longo do curso e non concentrado nos días previos ao exame.
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase a asistencia a clase, o manexo da bibliografía básica e a consulta da bibliografía complementaria que se indicará para cada tema, a participación activa e a realización das actividades propostas.