Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais  »  Información da Materia

G3061424 - Sistema Fiscal Español: Fiscalidade Empresarial (Facenda Pública) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 23.00
  • Clase Interactiva Seminario: 13.25
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Economía Aplicada
  • Áreas: Economía Aplicada
  • Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
BALLESTEROS RON, ALEJANDRO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Os obxectivos da materia van encamiñados a introducir o alumno no coñecemento da realidade do sistema fiscal español dende o punto de vista empresarial.
    Contidos
    I.- IMPOSTO SOBRE SOCIEDADES

    TEMA 1.- O sistema fiscal español e o imposto sobre sociedades: evolución histórica. A reforma do imposto de sociedades: principios e principais aspectos da reforma. Normativa aplicable

    TEMA 2.- Concepto e natureza do imposto. Relación con outros tributos. Estrutura e esquema de liquidación

    TEMA 3.- Ámbito espacial. Ámbito de aplicación interno e internacional. Réximes especiais por razón do territorio. Tratados e convenios

    TEMA 4.- FEITO IMPOÑIBLE. Aspectos xerais: concepto de renda. Estimación de rendas. O réxime de atribución de rendas. Rendas exentas

    TEMA 5.- SUXEITO PASIVO (I). Concepto. Domicilio fiscal. Exencións. Referencia á tributación dos “non residentes”

    TEMA 6.- SUXEITO PASIVO (II). Réximes especiais por razón do suxeito. Entidades parcialmente exentas. Entidades sen fins lucrativos. Agrupacións de interese económico e unións temporais de empresas

    TEMA 7.- BASE IMPOÑIBLE (I). Concepto e réximes de determinación. Principios contables. Regras de valoración: regra xeral e regras especiais. Valoración da transmisión de elementos patrimoniais. Corrección monetaria. Operacións vinculadas

    TEMA 8.- BASE IMPOÑIBLE (II). Imputación temporal de ingresos e gastos. Remuneración e inscrición contable. Transmisións lucrativas. Subvencións

    TEMA 9.- BASE IMPOÑIBLE (III). Gastos fiscalmente deducibles: as amortizacións. Métodos de amortización. Liberdade de amortización. Arrendamento financeiro. A amortización do inmobilizado intanxible.

    TEMA 10.- BASE IMPOÑIBLE (IV). As perdas por deterioro. Outras provisións. Valoración de existencias. A carteira de valores. Partidas non deducibles. Réxime fiscal das doazóns e outras formas de mecenado

    TEMA 11.- Período impositivo e remuneración do imposto. Compensación de bases impoñibles negativas

    TEMA 12.- DÉBEDA TRIBUTARIA. Cota íntegra. Tipos de gravame. Deducións por dobre imposición. Bonificacións. Deducións para incentivar a realización de determinadas actividades. Reinvestimento de beneficios extraordinarios. Outros incentivos conxunturais

    TEMA 13.- XESTIÓN DO IMPOSTO. O índice de entidades. Número de identificación fiscal. Obrigacións contables. Obrigacións formais. A declaración-liquidación. Os pagos a conta. Retencións. Réxime sancionador

    TEMA 14.- RÉXIMES ESPECIAIS (I). Incentivos fiscais para as empresas de reducida dimensión. As cooperativas. Sociedades agrarias de transformación. Minaría e hidrocarburos

    TEMA 15.- RÉXIMES ESPECIAIS (II). Réxime de consolidación fiscal. Réxime fiscal das fusións, escisións, achegas de activos e troco de valores

    TEMA 16.- A actualización de balances en España


    II.- IMPOSTO SOBRE O VALOR ENGADIDO

    TEMA 17.- Evolución histórica. A influencia do mercado único. Natureza e ámbito de aplicación. Esquema de funcionamento

    TEMA 18.- FEITO IMPOÑIBLE (I). Entrega de bens e prestación de servizos. Adquisicións intracomunitarias. As importacións

    TEMA 19.- FEITO IMPOÑIBLE (II). Exencións. - Operacións interiores, exportacións e operacións asimiladas, adquisicións intracomunitarias e importacións. Lugar de realización do feito impoñible. A remuneración

    TEMA 20.- BASE IMPOÑIBLE. Regra xeral. Regras especiais. Modificación da base impoñible

    TEMA 21.- SUXEITO PASIVO. Definición. O investimento do suxeito pasivo. Responsables. Repercusión do imposto e rectificación

    TEMA 22.- TIPO IMPOSITIVO. Xeral, reducido e super-reducido

    TEMA 23.- DEDUCIÓNS. Cotas deducibles e requisitos. Limitacións e restricións do dereito a deducir. A regra da pro rata. Os bens de investimento. Actividades diferenciadas. Deducións anteriores ao inicio da actividade. Rectificación

    TEMA 24.- DEVOLUCIÓNS. Réxime xeral. Devolucións mensuais. Non establecidos. Réxime de viaxeiros

    TEMA 25.- RÉXIMES ESPECIAIS. Simplificado. Agricultura, gandaría e pesca. Bens usados, obxectos de arte, antigüidades e obxectos de colección. Axencias de viaxes. Recargo de equivalencia. Operacións con ouro investimento. Servizos prestados por vía telemática

    TEMA 26.- XESTIÓN DO IMPOSTO. Obrigacións formais. Facturación e Libros rexistro de IVE. Liquidación e modelos de declaración. Declaración recapitulativa de operacións intracomunitarias. Infraccións e sancións


    III.- IMPOSTO SOBRE TRANSMISIÓNS PATRIMONIAIS E ACTOS XURÍDICOS DOCUMENTADOS

    TEMA 27.- Transmisións patrimoniais onerosas: feito impoñible, suxeito pasivo, base impoñible e débeda tributaria

    TEMA 28.- Operacións de sociedades: feito impoñible, suxeito pasivo, base impoñible e débeda tributaria. Actos xurídicos documentados: tributación. Exacción do imposto

    IV. ASPECTOS XERAIS DA FISCALIDADE INTERNACIONAL


    Bibliografía básica e complementaria
    * Guía del Impuesto sobre Sociedades (última edición). Varios autores. Editorial CISS.

    * El cierre fiscal y contable. Ejercicio 200X (último). Ignacio Becerra Guibert. Editorial CISS.

    * La nueva contabilidad en el Impuesto sobre Socieddes. Rafael Cosín Ochaíta. Editorias CISS.

    * Contabilidad y Fiscalidad: Impuesto sobre Sociedades e IVA. Sixto Alvarez y R. García Olmedo. Edicciones CEF.

    * Impuesto sobre Sociedades (1) y(2) Comentarios y casos prácticos. F. Borrás Amblar y J.V. Navarro Alcazar. Edicones CEF.

    * Impuesto sobre el Valor Añadido (1) y(2) Comentarios y casos prácticos. Antonio Longás Lafuente. Edicones CEF.

    * Manual Práctico Sociedades 200X (último). Agencia Tributaria.

    * Manual Práctico IVA 200X (último). Agencia Tributaria.

    * Memento práctico FISCAL 2.00X (último). Francis Lefebvre.



    TEXTOS NORMATIVOS (redacción actualizada)

    - Real Decreto Lexislativo 4/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Imposto sobre Sociedades (BOE de 11 de marzo).
    - Lei 43/1995, de 27 de decembro, do Imposto sobre Sociedades (BOE do 28).
    - Real Decreto 537/1997, de 14 de abril, polo que se aproba o Regulamento do Imposto sobre Sociedades (BOE do 24).
    - Lei 37/1992, de 28 de decembro, do Imposto sobre o Valor Engadido (BOE do 29).
    - Real Decreto 1624/1992, de 29 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Imposto sobre o Valor Engadido.
    - Real Decreto Lexislativo 1/1993, de 24 de setembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados (BOE de 20 de outubro).
    - Real Decreto 828/1995, de 29 de maio, polo que se aproba o Regulamento do Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados (BOE de 22 de xuño).



    Competencias
    O estudo dos elementos esenciais do sistema fiscal español, o deseño de cada un dos tributos, especialmente no ámbito da imposición económica, e os procedementos para a aplicación dos tributos proporcionaralle ao estudante os instrumentos necesarios para analizar a fiscalidade empresarial. En concreto:
    • Coñece-los contidos esenciais dos tributos que afectan á actividade empresarial. Esta materia é continuación da cursada no 3º curso, Sistema Fiscal Español, centrada fundamentalmente nos impostos persoais.
    • Analizar e comprender cun enfoque práctico a tributación empresarial.
    • Predeci-los efectos das reformas fiscais para poder valora-las suas consecuencias e minimiza-lo custo fiscal.
    • Valora-lo custe fiscal das distintas alternativas á hora de toma-las decisión, para optimiza-la tributación.
    • Realiza- las liquidacións dos impostos que afectan á actividade empresarial.

    Metodoloxía da ensinanza
    Para o desenvolvemento do programa da materia conxugámo-lo método didáctico da lección maxistral -ou clase expositiva-, que ten como obxetivo a exposición completa, sistemática e ordeada do contido dos temas e epígrafes descritos con anterioridade; xunto coas clases interactivas, nas que se require da participación e traballo do alumno. Tra-las exposición teóricas plantexaremos diferentes exercicios, que se complementarán coas clases prácticas, a realizar algunhas con soporte informático, nas que se pretende consuga-lo uso do sofware, sen perdernos en automatismos, o fundamental é que o alumno aprenda a buscar e manexa-la información relacionada coa asignatura. Para elo requírese que éste sexa usuario de RAI, E e así ter acceso aos equipo informáticos (http://www.rai.usc.es/).Ademáis, os alumnos deberán realizar un traballo, definido nos primeiros días do curso, en grupos de entre dous ou tres estudantes. De esta maneira, evitámo-la "monometodoloxía", e esta combinación axuda a diversifica-las ventaxas e a compensa-los inconvintes de cada técnica empleada de xeito individual.
    Sistema de evaluación
    A avaliación dos alumnos poderá realizarse a través de varias probas presenciais durante o cuadrimestre de maneira que os alumnos demostren os coñecementos que van adquirindo. Estas probas serán liberatorias da materia obxecto da mesma. Para ser tidos en conta na cualificación final o alumno debera superar a lo menos o 45 % da cada unha das probas.

    De non realizar ningunhas das probas anteriores, ou non habendo superado algunha, o alumno deber facer un exame final, que constara das partes examinadas durante o curso de maneira que os alumnos que non superaran algunha so realicen a parte non superada. Neste exame para aprobar o alumno debera superar a lo menos o 35 % da cada unha das partes.

    Os alumnos repetidores que poderán manifestar a súa opción de ir so ao exame final ou aqueles de intercambio que realicen o exame final, nas condicións establecidas no apartado anterior, a nota de este representara o 100 % da cualificación final.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    TRABALLO PRESENCIAL NO AULA_______________________________________Horas
    Clases de pizarra en grupo grande_______________________________________20
    Clases de pizarra en grupo reducido_____________________________________ 10
    Clases con ordenador/laboratorio en grupo reducido________________________5
    Titorías en grupo reducido sen ordenador/laboratorio_______________________5
    Titorías en grupos moi reducidos ou individualizadas_______________________5
    Total horas traballo presencial no aula_________________________________45

    TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO______________________________________Horas
    Estudo autónomo individual ou en grupo_________________________________50
    Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos_______________________7,5
    Programación/experimentación ou outros traballos en ordenador/laboratorio__5
    Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar________________-
    Asistencia a charlas, exposicións ou outras actividades recomendadas______5
    Total horas traballo persoal do alumno_______________________________67,5