Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais  »  Información da Materia

G3061442 - Teoría do Desenvolvemento e Sustentabilidade (Análise Económica Avanzada) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 17.00
  • Clase Interactiva Seminario: 31.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
  • Áreas: Fundamentos de Análise Económica
  • Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
LOUREIRO GARCIA, M. LUZ.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01+02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O obxetivo fundamental desta materia é familiarizar ao alumno cos conceptos básicos relacionados co desenvolvemento económico sostible. Para tal fin, os estudos dos modelos teóricos propostos serán combinados con casos prácticos.
    Contidos
    Tema 1: Crecemento Económico e Sostenibilidade

    1.1. Indicadores do crecemento económico
    1.2. Indicadores de desenvolvemento económico
    1.3. A disxuntiva entre crecemento e desenvolvemento económico
    1.4 O crecemento económico sostible: caracterización e definicións

    Tema 2: Fundamentos do desenvolvemento sostible: conceptos teóricos básicos

    2.1. Equidade interxeneracional e a taxa de desconto
    2.2. Equidade intraxeneracional e as dimensións sociais
    2.3. Xustiza, ética i eficiencia económica
    2.3. Caso de estudio: A taxa de desconto no debate de cambio climático

    Tema 3: As regras de explotación dos recursos renovables

    3.1. Conceptos básicos na diferenciación de recursos
    3.2. A regra de Hotelling para recursos renovables
    3.3. A explotación dos recursos pesqueiros
    3.4. Casos de análise e simulacións en excel


    Tema 4: A explotación sostible dos recursos non renovables

    4.1. Conceptos básicos
    4.2. A regra de ouro da explotación óptima de recursos non renovables
    4.3. Análise de diagramas
    4.4. Casos de análise: explotación do petróleo


    Tema 5: Fallos de mercado i externalidades ambientais

    5.1. Fallos de mercado mais comúns
    5.2. Externalidades ambientais
    5.3. Políticas de comando e control das externalidades ambientias
    5.4. Casos prácticos: establecemento de impostos ambientais


    Tema 6: Propiedade e fallos de mercado

    6.1. Dereitos de propieadade i externalidades ambientais
    6.2. O Teorema de Coase
    6.3. O mercado de permisos transferibles
    6.4. Casos prácticos: diseño de mercados para aire limpo.


    Tema 7: A valoración das externalidades ambientais

    7.1. Tipos de valores asignados a un recurso
    7.2. Tipos de métodos de valoración: métodos directos e métodos indirectos
    7.3. Comparativa dos diferentes métodos
    7.4. Casos de análise: externalidades ambientais no accidente do buque Prestige

    Tema 8: A análise custo-beneficio na xestión ambiental

    8.1. A magnitude temporal do análise: revisitando a taxa de desconto
    8.2. Medidas e resultados posibles da análise custo-beneficio
    8.3. Casos de análise: O Plan Hidrolóxico Nacional
    8.4. Limitacións da análise custo-beneficio na toma de decisións

    Tema 9: Conclusions e presentación de traballos alumnos

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica


    Atkinson, G., S. Dietz, E. Neumayer, 2007. Handbook of Sustainable Development. Edward Elgar Publishing Limited.

    Labandeira, X., C. León e M.X. Vázquez, 2007. Economia Ambiental. Ed. Pearson, Prentice Hall.

    Tietenberg, T., 2000. Environmental and Natural Resource Economics, Massachusetts: Addison Wesley Longman, Inc.

    Bibliografía complementaria

    A profesora asignará textos clásicos claves ao longo do curso.
    Competencias
    Os alumnos desenvolverán competencias en fundamentalmente catro areas básicas: a) diferenciación entre crecemento económico e desenvolvemento económico sostible; b) conceptos claves tales como a equidade interxenarcional, intraxenaracional e dimensions socias da sostenibilidade c) análise óptima da explotación dos recursos naturais renovables e non renovables y evaliación das externalidades medioambientais; d) fundamentos económicos das políticas públicas relacionadas ca internalización de multiples externallidades ambientais, que posibilitan un desenvolvemento económico máis sostible.


    Metodoloxía da ensinanza
    Combinación de casos de estudo teórios e prácticos, xunto con exercicios de simulación en excel. A participación do alumno será fundamental no desenvolvemento do curso, con lecturas claves obrigatorias.
    Sistema de evaluación
    O sistema de avaliación da materia estará baseado en tres tipos de requisitos diferentes:
    a) A proba final, consistente nun exame escrito no que deben darse resposta a catro cuestións referentes aos coñecementos incluídos no programa, que se celebrará na data establecida oficialmente polo centro;
    b) A realización dun traballo escrito, que además deberá expoñerse nunha das sesións prácticas da materia. Nunha das sesións correspondentes á primeira semán do mes de novembro será feita pública e distribuida unha lista dos temas a escoller para a realización do traballo, que incluirá ademais as instruccións específicas de realización do mesmo e as datas e condicións para a súa entrega e exposición.
    c) A realización das actividades que serán propostas gradualmente ao longo das sesións teóricas ou prácticas da materia, incluíndo a lectura de certos textos selecionados.

    A avaliación final terá en conta os tres requisitos antes mencionados, cunha valoración dun tercio da calificación total cada un deles. Estes criterios tamén serán aplicados nas convocatorias extraordinarias.

    Os alumnos que non se presenten á proba final -requisito (a)- recibirán a cualificación de “Non presentado”.

    A avaliación dos requisitos (b) e (c) conservarase para a convocatoria de setembro, pero non para cursos académicos posteriores.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    O número total de horas presenciais é de 51. Estas horas están divididas da siguiente forma:

    Teóricas: 17
    Prácticas: 31
    Tutorías: 3

    Horas non presenciais: 84

    Horas totais: 135
    Recomendacións para o estudo da materia
    Recomendase a asistencia á clase. O coñecemento de Microeconomia, Econometría básica, e lingua inglesa son necesarios para o bo aproveitamento do curso.