Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais  »  Información da Materia

G3061443 - Finanzas (Materias Optativas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 17.00
  • Clase Interactiva Seminario: 31.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
  • Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
  • Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
CASTRO COTON, MANUEL.SI
VILLAMARIN TABOADA, JOSE ANDRES.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Esta materia constitúe unha aproximación ao ámbito das finanzas, polo que se pretende que o alumno adquira un conxunto de nocións introdutorias e xenerais sobre esta disciplina. O principal objectido a alcanzar é que o alumno poida manexar conceptos financeiros desde unha perspectiva práctica que poidan resultarlle útiles nas súas relacións coas institucións financeiras e no tratamento dos seus posibles investimentos financeiros, así como coñecer o contido da función financeira dentro do campo da xestión empresarial. É especialmente importante que o alumno perciba a aplicabilidade dos contidos, polo que se fai especial fincapé nas clases de contido práctico mediante o uso do computador.


    Contidos
    1. Introdución ao Sistema Financeiro Español
    1.1. Concepto e funcións dun sistema financeiro
    1.2. Elementos que conforman un sistema financeiro
    1.2.1 Os axentes económicos
    1.2.2. Os activos financeiros
    1.2.3 Os mercados financeiros
    1.2.4. Os intermediarios financeiros
    1.3. A estructura actual do sistema financeiro


    2. Fundamentos de finanzas
    2.1. Introdución
    2.2. A función financeira na empresa

    3. O investimento na empresa
    3.1. O investimento como proceso temporal. Parámetros que a definen
    3.2. Métodos dinámicos de valoración e selección de investimentos
    3.2.0. O criterio do prazo de recuperación descontado
    3.2.1. O valor actual neto (VAN)
    3.2.2. A taxa interna de rendibilidade (TIR)
    3.2.3. Comparación entre os criterios do VAN e a TIR

    4. O financiamento na empresa
    4.1. Financiamento a medio e longo prazo
    4.1.1. Financiamento interno ou autofinanciamento
    4.1.2. Financiamento externo
    4.2. Financiamento a curto prazo. Finanzas Operativas
    4.3. As decisións sobre a estrutura financeira

    5. Introdución ao cálculo financeiro.
    5.1. Fundamento do Cálculo Financeiro
    5.2. Valoración financeira das rendas: rendas constantes
    5.3. Amortización de préstamos. Sistema Francés
    5.4. Operacións financeiras de constitución de capitais
    5.5. Custo e rendemento das operacións financeiras

    6. A información financeira na prensa e a finanzas a través de Internet
    6.1. Como interpretar a información financeira na prensa
    6.2. Como xestionar as finanzas a través de internet


    Bibliografía básica e complementaria
    BÁSICA:
    ARIZA A. Y RUIZ, I. finanzas para todos, ESIC1999.
    DELGADO, C. (1995): Matemática financiera: teoría y 1.200 ejercicios, Palomero-Delgado, ed.
    SUÁREZ SUÁREZ,A. S., Decisiones óptimas de inversión y financiación en la empresa, 18ª edición, Pirámide, 1996.
    XIMÉNEZ RODRÍGUEZ, S.; FERNÁNDEZ LÓPEZ, S. e outros, Análisis y Cálculo de las Operaciones Financieras, Tórculo Ediciones, Santiago, 2000.


    COMPLEMENTARIA:
    BREALEY,MYERS, Principios de Finanzas Corporativas, McGraw-hill, 2006.
    CALVO, A. Y OTROS, Manual del Sistema Financiero Español, Ariel Economía 2008.
    COSTAN FERRERO, JM. La Gestión Financiera en la Empresa, Ed Pirámide, 1997.
    COOKE, R. A. Curso McGraw Hill de Finanzas para no Financieros, Ed. McGraw Hill,1994.
    FAUS PASCUCHI, J. YRAHNEMA, A. Cóm interpretar la prensa económica y financiera, Deusto.
    LÓPEZ DOMÍNGUEZ, I. Cómo gestionar las finanzas a través de internet, Cie Dossat 2000, 2003.
    Operaciones Financieras en el Mercado Español.
    POZO CARRERO Y ZÚÑIGA RODRÍGUEZ, Análisis y Formulación de las Operaciones Financieras, ESIC.

    Competencias
    -Coñecer e comprender os conceptos básicos de Finanzas e os principios financeiros fundamentais.
    -Coñecer as funcións e composición do Sistema Financeiro Español.
    - Comprender os fundamentos das decisións de investimento e Financiamento que conforman a administración dunha empresa.
    - Coñecer os principios básicos que regulan a análise das operacións financeiras.
    - Valoración das operacións Financeiras clásicas de amortización de préstamos e constitución de capitais
    - Coñecer e comprender a actualidade nos mercados e prácticas financeiras.
    - Capacidade para formular un problema financeiro a través dunha folla de cálculo.
    - Manexar e comprender a información financeira publicada nos medios de comunicación masivos.


    Metodoloxía da ensinanza
    Durante o desenvolvemento do programa se intercalarán as clases teóricas e prácticas de forma que se complementen os contidos. En xeral, a metodoloxía a empregar consistirá na exposición dos contidos do tema e a aplicación práctica dos mesmos a través do comentario de artigos de actualidade e da realización de exercicios. Inmediatamente resolveranse os problemas na aula de informática.


    Sistema de evaluación
    Consideraranse os seguintes criterios para a cualificación final. Hai que ter en conta que en cada un deles hai que superar un mínimo.

    - Un 40% da nota dependerá da proba teórica final que os alumnos poderán realizar na data establecida no calendario oficial.
    - Un 30%, da proba práctica final a realizar na mesma data.
    - Un 30% dependerá das notas que os alumnos obteñan polos traballos e exercicios que se realizarán o longo do curso así como polo grao da súa participación na aula.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    Horas presenciais:

    - Teóricas: 50%
    - Prácticas, resolución de problemas e casos: 25 %
    - Prácticas de ordenador: 25 %

    Horas non presenciais:

    - Preparación do exame práctico: 5 horas
    - Preparación do exame teórico: 15 horas.


    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase a asistencia a clase onde se traballará a materia a medida que se vai explicando, asimilando a parte teórica e combinándoa coa realización dos exercicios expostos. Non levar ao día a materia provoca unha acumulación de conceptos sen entender que é necesario manexar con soltura a medida que se avanza na materia para lograr unha visión global. Non se debe abordar cada exercicio coma se fose único dado que existe, neste campo, unha formulación xeral aplicable aos casos particulares.

    Tamén é recomendable ter coñecemento básicos de contabilidade e contar con certa práctica no manexo de follas de cálculo.