G3061444 - Econometría Aplicada (Econometría) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 17.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 31.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Economía Cuantitativa
- Áreas: Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaÉ moi importante que o alumno adquira a través da lectura capacidades de comprensión temática e metodológica, así como de asimilación das conclusións. Por iso, nesta materia valóranse as actividades de lectura. Tamén é importante que alcancen un certo grao de autonomía no manexo das técnicas para a presentación dun estudo econométrico. Adquirir un coñecemento amplo das principais liñas de investigación econométrica europea e internacional.
ContidosClasificación das relacións causales en Econometría. Contrastes de causalidad. Contrastes de cointegración. Modelos de consumo, produción, emprego e salarios. Modelos rexionais. Modelos internacionais.
Bibliografía básica e complementariaBASICA
Guisán, M.C., Aguayo, E., Expósito, P.(2011). “Temas de Econometria Aplicada: Producción, empleo, salarios, comercio exterior, educación, sanidad, industria, turismo, calidad de vida e igualdad de género”.
COMPLEMENTARIA:
Guisán, M. C. (1997): Econometría. Madrid: McGraw-Hill
Guisán, M. C. ; Cancelo, M. T.; Aguayo, E.; Díaz, M. R. (2001): Modelos econométricos interregionales de crecimiento de la industria y de los servicios en las Regiones Europeas, 1985-1995. AHG.
Guisán, M. C. ; Cancelo, M. T.; Neira, I.; Aguayo, E.; Expósito, P. (2001): Crecimiento económico en los países de la OCDE 1. AHG.
Guisán, M. C. ; Cancelo, M. T.; Neira, I.; Aguayo, E.; Expósito, P. (2001): Crecimiento económico en los países de la OCDE 2. AHG.
Artículos y documentos, de lectura recomendada en la clase ou en las páginas de intermet http://www.usc.es/economet/econ4grado.htm
CompetenciasAvance nos conceptos de nivel medio indispensables para a análise cuantitativa e empírico da Economía desde a perspectiva econométrica.
Ampliación das técnicas econométricas de nivel medio que lle permitan ao alumno iniciarse na Econometría Avanzada.
Ampliación dos coñecementos en paquetes informáticos especificos para a Econometría que posibilite a súa aplicación no ámbito da análise da realidade económica.
Fomentar a inciativa do alumno e a súa capacidade de formulación e solución de problemas sinxelos de investigación económica cuantitativa enfocado, no seu caso, ao traballo de fin de grao.
Metodoloxía da ensinanza Ao ser unha materia de carácter eminentemente aplicado, préstase especial atención ás actividades presenciais e ao traballo continuado do alumno.
As sesións de aula dedicadas ás clases expositivas teñen como obxecto a explicación dos aspectos básicos de cada tema contido no programa proporcionándolle ao alumnado a información adicional necesaria que permita un adecuado desenvolvemento do proceso de aprendizaxe autónoma.
As clases en grupos reducidos realízanse na aula de informática e estas clases prácticas de ordenador están encamiñadas a que o alumnado consiga unha mellor comprensión dos contidos básicos, se familiarice co novo instrumental informático e coa resolución de problemas concretos en economía.
Sistema de evaluaciónSeguimento e participación nas clases teóricas e prácticas. Exposición das lecturas recomendadas e exercicios. Haberá un exame para os alumnos que non alcancen a cualificación suficiente na avaliación continúa e, en casos xustificados, para subir nota.
Tempo de estudo e traballo persoalComo a carga total de cada crédito se estima en 25 horas totais para o alumno, o tempo de estudo e traballo persoal que se estima para superar esta materia é de 150 horas, as cales se distribúen entre traballo presencial e non presencial.
Recomendacións para o estudo da materiaRecomendacións previas: Ter superada a materia Econometría II desta titulación.