Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais  »  Información da Materia

G3061445 - Política Económica Española (Política Económica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 17.00
  • Clase Interactiva Seminario: 31.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Economía Aplicada
  • Áreas: Economía Aplicada
  • Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
GARCIA MENENDEZ, JOSE RAMON.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01+02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    -Previa selección metodolóxica, presentar en términos de ciencia básica as tres alternativas en competencia para construir unha Teoría da Política Económica
    -Subseguinte aplicación analítica ao caso da Política Económica Española(PEE)
    -Finalmente, contrastar aquelas aternativas a través das fontes bibliográficas seleccionadas.


    "L´acquisto di qualunque cognizione è sempre utile allo intellecto, perche potrà scacciare da sè le cose inutile e riservare le buone. Perche nessuna cosa si può amare nê odiare, si prima non si ha cognizione di quella"
    LEONARDO DA VINCI(1452-1519)



    Contidos
    Primneira aplicación:
    1939-2012: panorámica xeral e criterios científicos para a construcción diacrónica dun esquema explicativo da Política Económica Española contemporánea.

    Segunda aplicación:
    1976-1995. a transición institucional e as políticas económicas do periodo.

    Terceira aplicación:
    1996-2004: A consolidación da política económica neoliberal nun mundo progresivamente globalizado.

    Cuarta Aplicación:
    2005-2012: a senda expansiva cara á crise conómico-financeira actual e as política económicas practicadas.


    "To spend too much time in studies is sloth"
    FRANCIS BACON(1560-1626)

    Bibliografía básica e complementaria
    A seguinte referencia é representativa dos criterios metodolóxicos básicos para o estudo de calquera das referidas aplicacións:
    OLARIAGA, Xabier A.(1991)), "La crisis del capitlismo y el ´impasse´ de la PEE en 1976", in P. PUY(Coord.), Estudios en Homenaje al Profesor Carlos G. Otero Díaz, Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións da USC, Tomo I, 67-124.

    Pois que a instrumentación do conceito "tempo" por parte dos economistas ainda está moi lonxe de ser unha cuestión sobre a que hai un consenso xeralizado dentro da profesión e, por outra parte, estamos diante dun problema inelidíbel no ámbito disciplinar da Política Económica, tamén resultará proveitoso considerar críticamente o contido do traballo seguinte:
    OLARIAGA, Xabier A.(2002): "La(s) categría(s) temporal(es) y la(s) Teoría(s) de la Política Eonómica", JORNADAS DE POLÍTICA ECONÓMICA/La Política Económica en un mundo de incertidumbre, Bilbao, Universidad del País Vasco.

    A restante bibliografía será facilitada ao alunado, ora para realizar o traballo de curso, ora para a redacción obrigatoria da da prova final escrita.

    "Nullus est liber tan malus ut non aliqua parte prosit"
    PLINIO O XOVEN(61-113 dC)

    Competencias
    "Il n´y a que deux sortes d´étudiants: ceux qui aiment les idées et ceux qui les haient"
    ÉMILE CHARTIER, "Alain"(1868-1951)


    "Quem dii oderunt paedagogicum fecerunt"
    (ANONIMO)



    "Nulla res tantum discendum profuit quantum scripto"
    LUCIUS ANNAEUS SENECA(4 aC-65 dC)




    Metodoloxía da ensinanza
    Na sesión inaugural procedera-se a realizar un inquérito académico relacionado coa Teoría da Política Económica nos ámbitos positivo e normativo da Ciencia Económica.
    As subseguintes aulas presenciais, a teor dos contidos especificados, desenvolveran-se en consonancia cos resultados do referido inquérito, e consistirán nas corespondentes exposicións profesorais, en tanto que base argumental para a súa posterior discusión colectiva. Entende-se, pois, que a participación activa do alunado formará parte integrante das úas obrigas discentes.


    "Uns quinientos anos antes da era cristiana, deu-se na Magna Grecia o maior aconetecemento que registra a Historia Universal: o descobrimento do diálogo. A fé, a certidume, os dogmas, os anatemas, as plegarias, as proibicións, ... , as tiranías, as guerras e as glorias abrumaban o orbe; algúns gregos contrairon, non sabemos como, o singular costume de conversar. Dubidaron, persuadiron, disentiron, mudaron de opinión, ... (... ) ... sen eses poucos gregos conversadores, a cultura occidental é inconcebíbel"
    JORGE LUIS BORGES(1899-1986)

    Alén diso, estarán á disposición do alunado, na Cátedra de Política Económica(Gabinete 307), as referencias bibliográficas seleccionadas para a preparación das probas finais escritas correspondentes ás dúas convocatorias oficiais. A mencionada preparación será complementada co asesoramento necesario por parte de profesor, ora individualmente, ora en grupos reducidos, cuio número será determinado a partir do total de alunos matriculados.
    Sistema de evaluación
    Cada alumno será avaliado segundo:

    a) A frecuencia e calidade da súa participación activa nas sesións expositivas do profesor: Cf. supra a opinión de J.L. BORGES
    b) O resultado da proba final escrita: Cf., supra, a cita transcrita orixinal de SENECA.
    c) A elaboración e redacción dun traballo de curso, cuias condicións e características específicas, a teor das normas académicas vixentes, serán transmitidas nas primeiras aulas do cuatrimestre: Cf. supra a opinión de Émile CHARTIER.



    Tempo de estudo e traballo persoal
    Sesións presenciais e outras: 35 horas.

    Preparación da proba final escrita. 30 horas.

    Elaboración do traballo de curso: 35 horas


    "Se estou no certo, parece-me boa a seguinte proporción: cinco partes de lectura, catro de meditación, tres de escritura que a lima reducirá a dúas, e destas dúas sacar á luz pública tan só unha"
    JUAN LUIS VIVES(1492-1626)
    Recomendacións para o estudo da materia
    "Aprender sen pensar, inútil; pensar sen aprender, perigoso"
    CONFUCIO(551-479 aC)
    Observacións
    Toda información de interese para o alunado figurará afichada na vitrina da Cátedra de Política Económica, ubicada a carón do Gabinete 307.