Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais  »  Información da Materia

G3061447 - Microeconomía dos Mercados Financeiros (Análise Económica Avanzada) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 17.00
  • Clase Interactiva Seminario: 31.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
  • Áreas: Fundamentos de Análise Económica
  • Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
RODRIGUEZ SAMPAYO, ANTONIO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01+02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    En primeiro lugar, esta materia proporciona unha especialización dos estudantes mediante a aplicación as ferramentas analíticas aprendidas nas materias previas de Microeconomía I, II e III (cursadas no primeiro, segundo e terceiro cursos do grao respectivamente) ao estudio da toma de decisións de aforro e selección de carteira a nivel individual, así como á análise do funcionamento dos mercados financeiros. O estudio da microeconomía permite entender de maneira xenérica conceptos como a determinación do prezo de un ben ou da cantidade dese ben vendida nun mercado, a eficiencia coa que funciona tal mercado ou as consecuencias da información asimétrica para o funcionamento dos mercados en xeral. Tamén se analizan os determinantes das decisións individuais de aforro e de comportamento fronte ao risco. Todos estes elementos, serán aplicados aquí ao estudio dos activos financeiros como instrumentos de aforro e cobertura fronte ao risco. Por tanto, esta materia permitirá profundar no estudio do papel que xogan os activos financeiros na xestión do risco, así como no funcionamento dos mercados e intermediarios financeiros en contextos tanto de información simétrica como asimétrica.
    En segundo lugar, analizaremos o papel dos mercados financeiros nas flutuacións cíclicas da economía, profundando deste xeito na análise xa feita en Macroeconomía I e Macroeconomía II sobre o papel dos mercados financeiros nos ciclos económicos.
    Nas dúas dimensións da análise mencionadas, haberá unha combinación de análise teórica con estudio de dados. Na parte teórica faremos un uso intensivo das ferramentas matemáticas adquiridas en Matemáticas para Economistas I e II así como en Modelos Matemáticos para a Economía, en particular optimización, ecuacións en diferenzas, así como teoría de xogos. Na parte empírica, co estudo de dados sobre activos e mercados financeiros buscaremos contrastar e analizar criticamente as análises teóricas, así como comprender noticias, diagnósticos e informes sobre mercados financeiros, utilizando a teoría como guía. En esta dimensión do traballo, será imprescindible o coñecemento e uso das ferramentas estatísticas e econométricas adquiridas nas materias Estatística Económica II, Econometría I e Econometría II, en particular teoría da probabilidade, estimación de dados de corte transversal e series temporais.
    Contidos
    Tema 1: Valoración de activos (3 semanas)
    1.1. Valoración usando activos Arrow-Debreu (Arrow-Debreu pricing).
    1.2. Valoración de activos con carteira de mercado (CAPM: Capital Asset Pricing Model).
    1.3. Valoración de activos mediante ausencia de arbitraxe (APT: Arbitrage Pricing Theory).
    1.4. Valoración de activos en equilibrio. (CCAPM: Consumption based Capital Asset Pricing Model).

    Tema 2: A intermediación crediticia e bancaria. (4 semanas)
    2.1. As funcións da intermediación bancaria: custos de transacción, seguro de liquidez, información asimétrica no contrato de crédito.
    2.2. Riscos no balance bancario.
    2.3. O contrato de crédito.
    2.4. Riscos fora do balance.
    2.5. Titulización.

    Tema 3: Intermediación financeira, mercados financeiros e crises financeiras (3 semanas)
    3.1. Repaso histórico ás crises financeiras.
    3.2. Intermediación financeira e crises
    3.3. Mercados financeiros e e intermediación.
    3.4. Regulación óptima.

    Tema 4: Burbullas e crises financeiras (2 semanas)
    4.1. Problemas de axencia e burbullas.
    4.2. Crises bancarias e burbullas.

    Tema 5: Difusión rexional das crises financeiras (1 semana)
    5.1. Preferencia pola liquidez
    5.2. Descentralización
    5.3. Contaxio das crises financeiras

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica:
    Greenbaum, S. I. and A. Thakor (2007), Contemporary Financial Intermediation. London: Elsevier.
    Allen, F. and D. Gale (2007), Understanding Financial Crisis. Oxofrd University Press.
    Cochrane, J. (2001), Asset Pricing. Princeton, NJ.: Princeton University Press.
    Marín, J. M. y G. Rubio (2001), Economía Financiera. Barcelona: Antoni Bosch Editores.

    Bibliografía complementaria:
    Bailey, (2005), The Economics of Financial Markets. Cambridge: Cambridge University Press.
    Brooks, Ch. (2008), Introductory Econometrics for Finance. Princeton, N.J.: Princeton University Press.
    Freixas, X. y Rochet, J. Ch. (1997), Economía Bancaria. Barcelona: Antoni Bosch Editores.

    Competencias
    Competencias xenéricas do grao ás que contribúe a materia:
    • Saber identificar, reunir e interpretar dados relevantes sobre cuestións económicas de cara a elaboración de valoracións e propostas.
    • Adquirir habilidades de aprendizaxe e coñecementos que permitan emprender estudios de economía ou finanzas.
    • Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo e instrumentos técnicos propios da economía.
    • Presentación de argumentos e debate.

    Obxectivos formativos da materia:
    • Introducir aos estudantes no manexo dos modelos da economía financeira que permitan,
    • Identificar os determinantes dos prezos dos activos financeiros e analizar a toma de decisións para a xestión do aforro e do risco.
    • Comprender o papel dos elementos que inflúen no funcionamento dos mercados financeiros: incentivos dos axentes que participan, regras de intercambio, información asimétrica, regulación pública.
    • Entender a interrelación entre o funcionamento mercados financeiros e as flutuacións cíclicas da produción e do emprego.

    Competencias que pretende proporcionar a materia:
    • Aprendizaxe dos modelos de valoración de activos e funcionamento dos mercados financeiros tanto no ámbito privado (xestión do aforro e do risco) como público (regulación financeira).
    • Comprensión do funcionamento e función social dos mercados e intermediarios financeiros.
    • Adquirir a capacidade de analizar e interpretar os dados estatísticos sobre variables financeiras, co fin de contrastar de forma crítica a capacidade dos modelos para explicar o comportamento dos axentes e dos mercados financeiros.

    Metodoloxía da ensinanza
    O traballo na aula combinará as exposicións teóricas nas aulas expositivas con aulas interactivas para a resolución de exercicios, análise de casos e análise crítico de lecturas e problemas. Sempre que sexa posible, realizaranse exercicios de simulación e estimación econométrica no ordenador. O Traballo individual ou en grupo do estudante estará orientado a preparar o traballo da aula interactiva e afirmar e aplicar os seus coñecementos na resolución de exercicios e análise crítica de lecturas recomendadas. Nas aulas interactivas o estudante terá que defender e debater o resultado dese traballo individual ou en equipo. A organización do traballo en equipo estará suxeita a regras que garantan a participación activa en todas actividades, de todos os membros de cada equipo.
    Usaremos a USC Virtual como unha ferramenta de apoio para a docencia. A través da USC Virtual, os estudiantes terán acceso a material de traballo e todo tipo de anuncios relevantes para a marcha do curso. Os estudiantes tamén poderán usar esta ferramenta como forma de intearctuar ente eles e co profesor.
    Sistema de evaluación
    Na cualificación final, a cualificación obtida nun exame final escrito pondera un 60%, mentres que a cualificación obtida na avaliación continua pondera un 40%. A avaliación continua terá en conta todas as actividades que o estudante debe realizar ao longo do cuadrimestre (resolución de exercicios, discusión e participación na aula). Isto é aplicable tanto ao exame de xuño como ao exame de xullo.
    Aqueles estudantes que teñan realizado algunha actividade de avaliación continua da que exista proba documental (probas realizadas por escrito e entregadas aos profesores ou intervencións orais nas aulas para as que estea documentada a asistencia), e non se presenten ao correspondente exame final escrito das convocatorias oficiais, obterán a cualificación de "Suspenso" na convocatoria correspondente coa cualificación numérica que corresponda de ponderar a nota da avaliación continua por un 40% (debe terse en conta que, aínda que a nota da avaliación continua fose a máxima posible, dado que pondera un 40% na nota final non sería suficiente por si soa para aprobar).
    A cualificación obtida na avaliación continua conservarase tanto para o primeiro exame de xuño como para o segundo de xullo, pero non se conservará para cursos académicos posteriores. A cualificación obtida tanto no no exame final de xuño como no de xullo non se conservará para cursos académicos posteriores.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
    Aulas en grupo grande 17 Horas
    Aulas en grupo reducido 31 Horas
    Avaliación final 3 Horas

    Total 51 Horas

    TRABALLO PERSOAL DO ESTUDANTE
    Estudio autónomo, individual ou en grupo 30 Horas
    Escritura de exercicios ou outros traballos 30 Horas
    Programación/experimentación ou outros traballos en computador/laboratorio 25 Horas

    Total 95 Horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    Para unha comprensión adecuada da materia, débese asistir regularmente á aula. Unha vez escoitada a presentación de un tema na aula expositiva, o estudante debe realizar os exercicios e tarefas encomendadas polo profesor, de xeito sistemático, sen permitir a acumulación de traballo. Isto é así porque é preciso manexar as teorías para poder entender os exercicios e contribuír á súa resolución e discusión nas aulas interactivas.
    No estudio individual ou en grupo, así como na resolución dos exercicios, é importante o manexo dos textos recomendados para ir ás fontes das distintas teorías, e para non basear o estudio na simple memorización dos apuntamentos das clases.
    A elaboración dos exercicios e tarefas asignadas será de grande axuda para asimilar de forma clara os conceptos teóricos e ser capaz de aplicalos a problemas empíricos concretos.