Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais  »  Información da Materia

G3061448 - Política Económica Internacional (Política Económica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 17.00
  • Clase Interactiva Seminario: 31.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Economía Aplicada
  • Áreas: Economía Aplicada
  • Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
GARCIA MENENDEZ, JOSE RAMON.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01+02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O principal obxectivo da presente materia consiste en consolidar un encontro de iniciación á investigación, un foro de reflexión e debate colectivo ao redor dos principais procesos e fenómenos da economía mundial que supoñan un significativo correlato para a proposta, aplicación e análise de resultados da política económica internacional. Como materia de especialización os obxectivos da materia corresponden á necesaria visión crítica e omnicomprensiva de institucións, actores e procesos que caracterizan os lineamientos actuais de política económica internacional. As finalidades da proposta docente, por tanto, superponen o nivel formativo, de iniciación de investigación e de divulgación de resultados da aprendizaxe e da procura de contraste a diversas hipóteses de traballo que se consideren relevantes para comprender a materia do curso.





    Contidos
    A materia, tanto pola súa especialización como polo obxecto científico do seu contido, presenta unha programación que, ademais das súas perspectivas teóricas -básica e aplicada- céntrase na evolución, presente e perspectivas de institucións e estudo de casos. Os contidos distribúense en catro bloques analíticos: I. INTERDEPENDENCIA, INTEGRACION, CONVERXENCIA E COOPERACION Problemas de método, conceptualización, modalidades e diferenzas entre fenómenos descritos. II. COORDINACION DA POLITICA ECONOMICA INTERNACIONAL Analítica da coordinación da política económica internacional nunha contorna de globalización e crecente interrelación produtiva, financeira, comercial, tecnolóxica... no mercado mundial. III. TRANSMISION INTERNACIONAL DA POLITICA ECONOMICA Estudo teórico sobre canalización de efectos político-económicos a escala mundial con especial referencia a implicacións instrumentais e sectoriais da política económicas a devandita escala. IV. POLITICA ECONOMICA INTERNACIONAL: PROBLEMAS E TENDENCIAS Estudo de casos relevantes.


    Bibliografía básica e complementaria
    FERNANDEZ DIAZ, A. (Dir.): Fundamentos e papel actual da política económica, Pirámide, Madrid, 1999 GARCIA MENENDEZ, J. R.: Política Económica Internacional, Unidixital, Stgo. Compostela, 2002 STIGLITZ, J.: O malestar na globalización, Santillana, Madrid, 2002 Ao longo do curso, para cada tema teórico e estudo de caso distribuiranse listados de biliografía complementaria de forma máis específica. Igualmente proporcionaranse listaxes bibliográficas de partida para traballos de iniciación á investigación que deberán ser actualizados no curso.


    Competencias
    Para un rendemento positivo requírese un nivel mínimo de formación e dominio das ferramentas teóricas básicvas acumuladas ao longo da Licenciatura. Como coñecemento inter- e trans-disciplinar, a Política Económica Internacional supón unha formación consolidada en historia e institucións da economía internacional, estrutura e dinámica das forzas económicas a escala mundial e nas diversas ferramentas de análise teórica macroeconómico na mencionada escala. Pola proposta didáctica, requírense habilidades, destrezas e capacidade dun alumno medio a piques de licenciarse, con información habitual en medios de comunicación social, cultura económica de nivel universitario, predisposición ao traballo en equipo e ás intervencións activas en seminarios e aula, e un dominio medio de ferramentas informáticas e de novas tecnoloxías da información no ámbito educativo superior. Igualmente, por razóns de metodoloxía da aprendizaxe, é imprescindible un talante de corresponsabilidade e de autoexigencia nos niveis de calidade e presentación dos documentos elaborados.


    Metodoloxía da ensinanza
    A proposta didáctica na presente materia require unha partipación activa do alumnado nas diversas actividades do curso así como unha disposición interactiva, tanto para utilizar novas ferramentas de captación de información e análise como de traballo en equipo. O peso docente principal articúlase a través de desenvolvemento de seminarios con temas monográficos presentados a inicios de curso e a realización dun traballo tutorizado persoalmente de inciación á investigación que permita consolidar tanto os coñecementos teorícos interdisciplinares acumulados ao longo da licenciatura como de abordaxe de hipótese de traballo e contrastes documentados e realizados en aula e sesións especiais de tutoría con supervisión do profesorado encargado da materia. A segunda parte da actividade docente céntrase na elaboración formal, exposición e defensa de "documentos de traballo" que estimulen a reflexión colectiva, a análise crítica de contidos e fontes, induzan a unha necesaria actualización de información e debate e, finalmente, a presentación e, no seu caso, divulgación das monografías realizadas. O obxectivo pedagóxico e científico configúrase na aceptación colectiva de transformación da aula convencional, primeiro, nun "iniciático" servizo de estudos de política económica internacional;segundo, nun "singular" consello editorial de documentos de traballo realizados en primeira fase e, terceiro, en seminario de debate "permanente ao longo do curso" sobre evolución de procesos e casos en estudo.


    Sistema de evaluación
    A avaliación consta de dúas fases. 1. Avaliación das actividaes de curso realizadas, nivel de elaboración, coidado na presentación, claridade expositiva e nivel de resposta a dúbidas sobre os mesmos. 2. Avaliación dun exame escrito.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    A estructuración do tempo de traballo/estudio correspondente as clases presenciais, grupos interactivos, titorías, estimación do traballo persoal na preparación das clases e traballos está determinada por as indicacións oficiais que constan no Plan de Estudios do Grao de Economía.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistencia con regularidade ás sesións de traballo presencial convocadas. Atención e participación activa en aula e seminarios. Dedicación no contido e coidado formal na realización/presentación de traballos de curso. Respecto a caledario de actividades, puntualidade na realización de intervencións programadas, realización dos compromisos contraídos en aula (actualización bibliográfica, comentarios de textos...)