G3061449 - Xestión e Gobernanza Pública (Facenda Pública) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 31.00
- Clase Interactiva Seminario: 17.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Economía Aplicada
- Áreas: Economía Aplicada
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaA xestión pública ocupase da utilización dos medios acaidos para acadar un fin colectivo. Trata dos mecanismos de decisión para a asignación e distribución dos recursos públicos, e da coordinación e estímulo dos axentes públicos para lograr os seus obxectivos colectivos.
Pola súa parte, a gobernanza utilizábase como sinónimo de dirección política; sen embargo, o seu novo atractivo e a correspondente extensión semántica, debese a súa capacidade de abarcar a totalidade das institucións e relacións implicadas no proceso de goberno, vencellando o sistema político co seu entorno.
ContidosBloque A: Marco Teórico e Normativo: Gobernanza e Democratización
A.1. O xurdimento da gobernabilidade;
A.1.1. gobernabilidade e estabilidade
A.1.2. gobernabilidade fronte a legitimidade
A.2. Gobernabilidade e Mundialización;
A.2.1. A trampa da gobernanza
A.3. Reinvención solidaria e participativa do estado: reinventala democracia.
A.4. Un marco de aplicación: cara unha "nova" gestión pública.
Bloque B:
B.1. Novas políticas públicas como esixencia.
B.1.1. A xestión da auga;
B.1.2. A xestión de residuos.
B.2. La rendición de contas na democracia: el control externo.
Bibliografía básica e complementariaARIÑO ORTIZ, G.: Principios de Derecho Público económico, modelo de Estado, Gestión Pública, regulación económica (2.a edición). Granada, Comares, 2001.
BAÑÓN, R. y CARRILLO, E. (compls.): La Nueva Administración Pública. Madrid, Alianza, 1997.
BAÑÓN, R. (et al.): La evaluación de la acción y de las políticas públicas. Madrid, Díaz de Santos, 2002.
DE LIMA GETE, B. O. (coord.): La Nueva Administración Pública. Madrid, Prentice Hall, 2001.
LÓPEZ CASASNOVAS, G. (dir.): Los nuevos instrumentos de la Gestión Pública. Barcelona, La Caixa, 2003.
MAP: Lecturas de Gestión Pública. 1997.
MONEDERO, J.C. (2009): El gobierno de las palabras. Políticas para tiempos de confusión. Madrid. Fondo de Cultura Económica.
RUIZ-HUERTA, J. y VILLORIA, M. (2010): Gobernanza democrática y fiscalidad. Madrid. Tecnos.
Paxinas web:
http://www.sinpermiso.info/
CompetenciasConecemento dos mecanismos da xestión pública e os problemas aos que se enfronta.
Profundizar no coñecemento das técnicas orzamentarias que buscan a eficiencia.
Coñecer e analizar a complexidade da toma de decisións no ambito da administración publica.
Coñecer os novos conceptos e enfoques relativos á xestión e gobernanzas públicas.
Metodoloxía da ensinanza Os distintos temas que se contemplan explicaranse en clases presenciais de grupos grandes onde se aportaran os conceptos máis importantes e se lles iniciara na comprensión dos textos sobre os que deberan de traballar.
Como parte do proceso de aprendizaxe da asignatura os alumnos en grupos pequenos con e sen ordenador deben realizar traballos tanto sobre conceptos como sobre cuestións parciais da xestión pública .
Estas actividades complementanse có traballo persoal que o alumno deberá dedicar a cada unha delas: búsqueda de material bibliográfico, lectura de dito material, elaboración de informes, traballo autónomo que será guiado polo profesor nas horas destinadas a tutorías. Ademáis tamén faise unha estimación sobre o tempo necesario para a asimilación dos contidos da materia.
Sistema de evaluaciónA avaliación dos alumnos nesta materia realizase a través dun proceso de avaliación continua no que se teñen en cpnta todalas actividades que se deben realizar ao longo do cuatrimestre considerando aspectos tales como a claridade ea capacidad expositiva, o dominio da terminoloxía propio da materia ou a participación activa cun peso na avaliación final dun 70% e un examen final centrado fundamentalmente na avaliación dos coñecementos adquiridos cun peso na avaliación final dun 30%.
Os alumnos repetidores que poderán manifestar a súa opción de ir so ao exame final ou aqueles de intercambio que realicen o exame final, nas condicións establecidas no apartado anterior, a nota de este representara o 100 % da cualificación final.
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PRESENCIAL NO AULA_______________________________________Horas
Clases expositivas _______________________________________31
Clases interactivas _____________________________________ 17
Titorias, outras sesións co profesor e avaliacións __________________________12
Total horas traballo presencial no aula_________________________________ 60
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO______________________________________Horas
Estudo autónomo individual ou en grupo_________________________________55
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos_____________________25
Programación/experimentación ou outros traballos en ordenador/laboratorio__ 5
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar________________ 5
Total horas traballo persoal do alumno _ ______________________________90
Recomendacións para o estudo da materiaRecomendase o seguimento continuado das clases expositivas, así como a lectura da bibliografía básica e complementaria sinalada polos profesores a medida que se desenvolva o programa.
A elaboración de traballos e a resolución ou planteamento de casos prácticos será un dos elementos aos que os alumnos deban prestar maior atención por que de feito a maneira máis precisa do estudio da asingatura pasa por trasladar os coñecementos adquiridos nas clases expositivas ás devanditas elaboración de traballos e resolución o uplanteamento de casos prácticos.