Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais  »  Información da Materia

G3071101 - Fundamentos de Dirección de Empresas (Materias Básicas Rama de Ciencias Sociais e Xurídicas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 17.00
  • Clase Interactiva Seminario: 31.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
  • Áreas: Organización de Empresas
  • Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
CASTRO CASAL, Mª DEL CARMEN.NON
CURTO RODRIGUEZ, EDUARDO.NON
GARCIA CHAS, ROMINA.NON
GARCIA GARCIA, LAURA MARIA.NON
LEGASPI DIAZ, MONICA.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE02OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE03OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE04OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_05OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_06+_07OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_09OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_10OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_11OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_13HorariosClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_14+15HorariosClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS14OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS15OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS16OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS17OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS18OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS19OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS20OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS21OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS22OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS23OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    .- Dotar ao alumnado dos coñecementos teórico-prácticos sobre a dirección de empresas. Concretamente, búscase que o alumnado comprenda os principios e fundamentos da dirección e da organización empresarial e se familiarice cos problemas empresariais.
    .- Comprender as funcións básicas que debe desempeñar un/unha directivo/a e a complexidade do contexto empresarial como condicionante da función directiva.
    .- Inculcar o sentido da ética na dirección de empresas e destacar a importancia dun comportamento socialmente responsable por parte da empresa e da súa dirección.
    .- Potenciar o espírito emprendedor no alumnado.

    Contidos
    1.- Dirección de empresas: conceptos básicos e evolución
    2.- O contexto organizativo
    3.- Fundamentos da planificación
    4.- Fundamentos do deseño organizativo
    5.- Fundamentos da dirección
    6.- Fundamentos do control
    7.- Emprendemento

    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:

    CURTO RODRÍGUEZ, E.; GARCÍA CHAS, R.; CASTRO CASAL, C. (Coord.) (2012).
    Fundamentos de Dirección de Empresas. Pearson.
    ROBBINS, S.; COULTER, M. (2010). Administración (10º edición). Pearson – Prentice Hall.

    BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:

    DÍEZ DE CASTRO, J; REDONDO LÓPEZ, C.; BARREIRO FERNÁNDEZ, B.; LÓPEZ CABARCOS, M. A. (2002). Administración de empresas. Dirigir en la sociedad del conocimiento. Pirámide.
    FERNÁNDEZ SÁNCHEZ, E. (2010). Administración de Empresas. Un enfoque interdisciplinar. Paraninfo.
    GOMEZ-MEJIA, L.R.; BALKIN, D. B. (2003). Administración. McGraw-Hill.
    ROBBINS, S. P.; DECENZO, D. A. (2009). Fundamentos de Administración. Conceptos esenciales y aplicaciones. Pearson.

    O profesorado poderá recomendar bibliografía específica para cada tema.
    O profesorado porá a disposición dos alumnos as diapositivas no Campus Virtual



    Competencias
    Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
    – Posuír e comprender os coñecementos que definen a Administración e Dirección de Empresas como disciplina científica, incluíndo as súas teorías, historia, métodos, técnicas e áreas de aplicación.
    – Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito empresarial, incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes sobre a súa dimensión social, científica ou ética.
    – Os fundamentos teóricos da toma de decisións.
    – Teoría básica da empresa.
    – Comunicarse con fluidez na súa contorna e traballar en equipo.

    Competencias específicas da materia:
    -Capacidade para analizar o entorno e a realidade empresarial.
    –Comprensión da relación entre a estratexia e o deseño organizativo.
    –Coñecemento da natureza dinámica dos procesos organizativos.
    –Coñecemento sobre como xestionar unha empresa ou organización.
    –Capacidade para asumir responsabilidades directivas.
    –Capacidade para tomar decisións.
    –Capacidade para comprender as funcións que debe desenvolver un/unha directivo/a eficaz
    –Capacidade de razoamento crítico e iniciativa.
    –Capacidade de argumentación e comunicación.


    Metodoloxía da ensinanza
    As sesións de aula dedicadas ás clases expositivas utilizaranse para introducir os contidos básicos dos temas que conforman o programa, resaltando os aspectos especialmente relevantes e as relacións entre eles. Nas sesións interactivas trátase de que o alumnado aplique os conceptos teóricos. Para elo analizaranse casos, comentaranse lecturas de textos e artigos, ou debateranse cuestións plantexadas polo profesorado. Adicionalmente, o alumnado deberá elaborar un traballo en grupo sobre un tema y expoñelo oralmente. Con todo isto, preténdese estimular o traballo cooperativo e desenvolver as habilidades de argumentación e comunicación. As actividades de traballo persoal do alumnado inclúen, ademáis do tempo adicado ao estudo, a lectura do material proporcionado polo profesorado, a búsqueda de información na biblioteca, hemeroteca ou bases de datos e a elaboración dun traballo en grupo. Nas titorías, o profesorado orientará ao alumnado sobre os casos prácticos, lecturas, traballos e exposicións; tamén servirán para solventar dúbidas e solucionar problemas aos que se enfrente o alumnado no proceso de aprendizaxe e como canal de retroalimentación sobre os resultados do mesmo.

    Utilizarase o apoio virtual para á docencia.
    Sistema de evaluación
    A avaliación continua terá en conta tódalas actividades desenvolvidas polo alumnado (participación activa na análise de casos, debate e comentario de lecturas, artigos ou noticias de prensa, presentación y exposición de traballos, etc. ). A avaliación dos coñecementos teóricos realizarase mediante un exame.
    a.- Exame 70% da cualificación.
    b.- Participación nas actividades desenvolvidas na aula: 20%
    c.- Realización, presentación e defensa de traballo en grupo 10%.

    Para poder sumar b e c é necesario que o alumnado obteña como mínimo un 2.8 sobre 7 no exame teórico.
    A nota agregada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para superar a materia.

    Este sistema de avaliación aplicarase tanto na oportunidade de xaneiro como na de xullo.

    O alumnado repetidor someterase ao mesmo réxime de avaliación, se ben poderá solicitar ao inicio do curso seguinte, por escrito, nun documento asinado e dirixido ao profesor, conservar a cualificación conxunta dos apartados b y c correspondente ao curso anterior. De acollerse a este sistema, o alumnado repetidor so realizará o exame teórico, debendo obter igualmente un 2.8 sobre 7 no exame para poder sumar a cualificación conservada. So se conservará dita cualificación durante un curso académico adicional ao da súa obtención.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia é de 6 créditos e cada crédito equivale a 25 horas.
    As horas de traballo distribúense do seguinte modo:
    .- Presenciais (inclúen as horas de docencia expositiva, docencia interactiva, titorías e avaliación): 60 horas
    .- Traballo persoal do alumnado: 90 horas. A distribución do traballo persoal do alumnado distribúese como sigue:
    .- Estudo autónomo individual ou en grupo: 45 horas.
    .- Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos: 20 horas.
    .- Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar: 15 horas.
    .- Preparación de presentacións orais, debates ou similar: 10 horas.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Non se requiren coñecementos previos para cursar esta materia.
    Para maximizar a aprendizaxe é recomendable que o alumnado prepare previamente as lecturas e textos recomendados, realice tódalas actividades plantexadas polo profesorado e asista regularmente ás clases teóricas e prácticas.