G3071103 - Principios de Economía (Materias Básicas Rama de Ciencias Sociais e Xurídicas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 31.00
- Clase Interactiva Seminario: 17.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
- Áreas: Fundamentos de Análise Económica
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaEsta materia introduce os estudantes no marco conceptual e analítico da teoría económica. O principal obxetivo da materia é adquisición por parte dos estudantes de unha visión global dos principais problemas económicos, así como dos diferentes enfoques teoricos. Así mesmo se intenta fomentar o desenvolvemento dunha capacidade de análise e de razoamento crítico que permita os estudantes enfrentarse a interpretación dos fenómenos económicos.
ContidosParte I: Introducción.
Tema 1.- As grandes cuestións económicas. Panorama do pensamento económico.
Tema 2.- Fontes e instrumentos da análise económica.
Parte II: Microeconomía.
Tema 3.- A microeconomía e o proceso económico.
Tema 4.- Demanda, oferta e mercado. Precios e asignación de recursos.
Tema 5.- Elasticidade. Aplicación da teoría dos precios.
Tema 6.- Fallos de mercado.
Parte III: Macroeconomía.
Tema 7.- Panorámica. Conceptos e variables macroeconómicas.
Tema 8.- Determinación da renda nacional. Equilibrio macroeconómico.
Tema 9.- Diñeiro, banca e oferta monetaria.
Tema 10.- Sector Exterior.
Bibliografía básica e complementariaGraue, A. (2009) Fundamentos de Economía, 1º edición, Pearson Educación.
Blanco,J.M. y Aznar,J. (2001): Introducción a la economía. 3º edición. McGraw Hill.
Sloman, J. (1996): Introducción a la microeconomía. 3ª edición. Prentice Hall.
Sloman, J. (1996): Introducción a la macroeconomía. 3ª edición. Prentice Hall.
Samuelson, P., Nordhaus, W.D. (1999): Economía. 16ª edición. McGraw Hill.
Gimeno, J.A., Guirola.J. M. (1997): Introducción a la economía.1ª edición. McGraw Hill.
Mankiw, N. G. (1998): Principios de economía. 1ª edición. McGraw Hill.
O’Kean, J.M. : Análisis del entorno económico de los negocios. Una introducción a la macroeconomía. McGraw Hill.
Díaz Giménez, J: Macroeconomía: primeros conceptos. Antoni Bosch.
Fischer, S., Dornbusch, R.y Schamalensee, R. Economía. 6º Ed., McGraw-Hill. 1989.
Lipsey, R.G. Introduccióna la Economía Positiva. Vicens Vives. 1991.
Samuelson, P. A. y Nordhaus, W. D. Economía. McGraw-Hill. 1993.
Stiglitz, J. Microeconomía. Ariel Economía. 1998.
Stiglitz, J. Macroeconomía. Ariel Economía. 1998.
Mochón, F. Economía. Teoría y Política. 6º Ed. McGraw-Hill. 2005.
Competencias-Distiinguir entre os problemas económicos e a súa análise a nivel micro e macroenconómico.
- Ter unha perspectiva xeral do funcionamento do mercado.
- Coñecer os principais macroagregados económicos e a súa relación cos conceptos da teoría macroeconómica.
- Obter unha visión xeral dos factores que afectan ao nivel de actividade, de emprego e de precios.
- Comprender o papel que desempeña o diñeiro na economía.
Metodoloxía da ensinanza O curso estará baseado, fundamentalmente, nos manuais que se indican como bibliografía da materia.
Dado o caracter introductorio da materia, a súa programación desenvolvese, no transcurso das clases presenciais, facendo énfasis na sustancia dos argumentos presentados, así como no contido mais intuitivo dos mesmos frente ao seu contido mais formal.
Sistema de evaluaciónOs criterios de avaliación serán aplicados a todos os alumnos matriculados na materia en todas as convocatorias do curso académico.
A avaliación final está composta por un 20% de avaliación continua e un 80% que inclúe o examen final e a posibilidade de examen parcial e/ou traballo final.
Tempo de estudo e traballo persoalTotal horas traballo persoal do alumno 90 horas.
Estudo autónomo, individual ou en grupo 60 horas.
Preparación de traballos e presentacións horais 20 horas.
Asistencia a charlas ou outras actividades recomendadas 10 horas.
Recomendacións para o estudo da materiaEsta é unha materia introdutoria na que se pon o alumno/a en contacto cun gran número de conceptos fundamentais da economía e na que se lle proporcionan as ferramentas básicas da análise económica. Para avanzar adecuadamente na aprendizaxe da materia, é esencial que o alumno/a adquira un ritmo de traballo constante e que combine o estudo da teoría coa solución de exercicios prácticos. O nivel de formalización matemática do curso é mínimo co propósito de que o alumno se concentre na comprensión dos conceptos e de que se exercite na práctica da análise económica a través do emprego de modelos sinxelos. O emprego dos conceptos e a utilización de modelos plásmanse en exemplos numéricos e análise gráfica. A pesar da simplicidade das técnicas, na medida en que os conceptos e métodos de análise que se presentan no curso son novos, a materia pode entrañar para algúns estudantes un nivel de dificultade meirande do esperado. Por conseguinte, é sumamente importante que o alumno/a (sobre todo aquel ao que se lle dificulta a materia) se exercite no manexo dos conceptos e dos modelos a través de exercicios prácticos. Así mesmo, será de grande utilidade para o estudante que se asegure de que adquire un domino das matemáticas elementais e das técnicas de análise gráfica que se empregan durante o curso.