G3071104 - Estrutura Económica Mundial (Materias Básicas Rama de Ciencias Sociais e Xurídicas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 31.00
- Clase Interactiva Seminario: 17.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Economía Aplicada
- Áreas: Economía Aplicada
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaDotar ao alumno dun coñecemento básico da economía mundial actual como marco no que se insiren as economías española e galega, ámbito no que os licenciados en Administración e Dirección de Empresas desenvolverán a súa actividade.
Contidos1) Evolución recente da economía mundial
2) O comercio internacional
3) Investimento estranxeiro. Empresas multinacionais
4) Os aspectos financeiros e monetarios da economía mundial
5) Os procesos de integración económica: a Unión Europea
6) A globalización
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Para cada tema os alumnos dispoñerán, como lectura e material de traballo básico, ben dun ou dous textos breves ou ben de dados estadísticos e outros seleccionados polo Departamento.
Como complemento poderán consultar:
José Antonio Alonso (director), Lecciones sobre economía mundial, Editorial Thomson-Civitas, Madrid, última edición.
Carlos Berzosa; Pablo Bustelo e Jesús de la Iglesia (coordinadores), Estructura económica mundial, Editorial Síntesis, Madrid, última edición.
Jaime Requeijo, Economía mundial, McGraw-Hill, Madrid, última edición.
Rafael Muñoz de Bustillo e Rafael Bonete, Introducción a la Unión Europea: un análisis desde la economía, Alianza Editorial, Madrid, última edición.
CompetenciasCompetencias da titulación ás que contribúe a materia:
- Saber elaborar e defender argumentos sobre cuestións económicas a un nivel xeneral, así
como resolver problemas sobre estas cuestións, facendo uso dos seus coñecementos sobre a
realidade empresarial, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
- Coñecer a realidade económica nacional e internacional, sectores produtivos, sector público,
institucións económicas e a súa evolución.
- Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co
ámbito empresarial, incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións
pertinentes sobre a súa dimensión social, científica ou ética.
- Identificar, acceder e manexar fontes de información económica.
- Desenvolver a capacidade analítica necesaria para abordar estudos económicos.
Competencias específicas da materia:
– Coñecemento e interpretación dos cambios recentes na evolución da economía mundial,
con especial atención ao carácter interdependente dos elementos e relacións que configuran
esta realidade.
– Comprensión do papel e funcionamento das institucións económicas internacionais.
– Coñecemento dos conceptos básicos da economía aplicada necesarios para a comprensión
do contido da materia.
– Familiarización e comprensión da prensa económica, en especial nos temas referidos á
economía mundial.
Metodoloxía da ensinanza TRABALLO PRESENCIAL NA AULA Horas
Docencia en grupo grande 30
Docencia en grupo reducido 15
Titorías en grupo 10
Outras sesións co profesor: actividades de avaliación 5
Total horas traballo presencial na aula 60
Sistema de evaluaciónA avaliación baséase en:
a) sistema de avaliación continua no que se teñen en conta todas as actividades que se deben realizar ao longo do curso (valorando aspectos tales como a claridade e capacidade expositiva, o dominio de conceptos propios da materia ou a participación activa);
b) exame final sobre os coñecementos teóricos e prácticos desenvolvidos ao longo da explicación dos contidos da materia.
O peso da avaliación continua na calificación final será do 30% (20% realización de traballos encargados polo profesor; 10% participación activa nas actividades que se desenvolvan na aula). O 70% restante corresponderá á cualificación obtida no exame final.
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PERSOAL DO ALUMNO Horas
Estudo autónomo individual ou en grupo 65
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos 10
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar 10
Preparación de presentacións orais, debates ou similar 5
Total horas traballo persoal do alumno 90
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase o seguimento continuado das clases presenciais e da bibliografía básica e complementaria sinalada polo profesor a medida que se desenvolve o programa. Tamén se considera conveniente consultar con frecuencia as principais fontes estatísticas recomendadas polo profesor con obxecto de familiarizarse co seu uso e poder aplicar as técnicas de análise necesarias para o coñecemento da realidade económica que é obxecto de estudo.
Recoméndase, así mesmo, a consulta do material complementario que indique o profesor a medida que este desenvolve o programa da materia. A lectura na prensa das noticias relacionadas co contido da materia debe ser un requisito básico. Xunto co anterior, o uso das titorías debería suplir calquera tipo de problema que puidera xurdir ao longo do proceso de ensinanza-aprendizaxe da materia.