G3071105 - Historia Económica (Materias Básicas Rama de Ciencias Sociais e Xurídicas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 17.00
- Clase Interactiva Seminario: 31.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Historia e Institucións Económicas
- Áreas: Historia e Institucións Económicas
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO obxectivo principal do curso é explicar as características e as causas das transformacións económicas e sociais experimentadas no mundo desde a Revolución Industrial ata a actualidade.
ContidosTEMA 1. ECONOMÍAS AGRARIAS E PROCESOS DE INDUSTRIALIZACIÓN (1750-1870).
TEMA 2. SEGUNDA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL E PRIMEIRA GLOBALIZACIÓN (1870-1914).
TEMA 3. GUERRAS, CRISE E DESINTEGRACIÓN ECONóMICA INTERNACIONAL (1914-1945).
TEMA 4. DA RECONSTRUCCIÓN Á 'IDADE DOURADA' (1945-1973).
TEMA 5. CRISIS ECONÓMICAS E FINANCIERAS, CRECEMENTO E GLOBALIZACIÓN (1973-2013).
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica do curso:
-- FELIÚ, G.; SUDRIÁ, C. (2007). Introducción a la historia económica mundial. Valencia, Universitat de València.
-- ZAMAGNI, V. (2001). Historia Económica de la Europa contemporánea. Crítica, Barcelona.
Bibliografía complementaria:
-- CAMERON, R. (2008). Historia económica mundial. Desde el paleolítico hasta el presente. Alianza, Madrid.
-- CARRERAS, A.; TAFUNELL, X. (2004). Historia económica de la España contemporánea. Crítica, Barcelona.
-- COMÍN, F. (2011), Historia económica mundial. De los orígenes a la actualidad. Alianza Editorial, Madrid.
-- FRIEDEN, J. A. (2007). Capitalismo global. El trasfondo económico de la historia del siglo XX. Crítica, Barcelona.
CompetenciasCompetencias xerais da titulación ás que contribúe a materia:
-- Elaborar e defender argumentos sobre cuestións económicas a un nivel xeral, así como resolver problemas sobre ditas cuestións, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade empresarial, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
-- Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
-- Identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito empresarial, incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes sobre a súa dimensión social, científica ou ética.
-- Coñecer e comprender a natureza da empresa e a súa relación co entorno económico, social e institucional.
Competencias específicas da materia:
-- Comprender os conceptos básicos da economía e a súa aplicación a diferentes contextos históricos.
-- Apreciar o papel desempeñado polos factores económicos e os factores institucionais nos procesos de desenvolvemento económico.
-- Coñecer as distintas modalidades de empresa xurdidas na evolución histórica recente, e os factores que condicionaron as súas formas de crecemento.
-- Familiarizarse con técnicas e instrumentos estatísticos básicos empregados no tratamento das series económicas históricas (números índices, taxas de crecemento, variables nominales e reais, etc).
Metodoloxía da ensinanza As sesións de aula dedicadas ás clases expositivas utilizaranse para introducir os contidos básicos dos temas que comprenden o programa da materia, recalcando aqueles aspectos máis relevantes e as relacións existentes entre eles.
As sesións interactivas en grupo reducido dedicaranse a presentar e debater os resultados dos traballos realizados polos alumnos sobre temas previamente suscitados polo profesor, ben sexan comentarios de texto, ou ben análises intepretativos sobre materiais e datos de carácter histórico escollidos polos profesores. As actividades de traballo persoal do alumnado inclúen, ademais do tempo dedicado ao estudo, a realización das actividades sinaladas polo profesorado.
Sistema de evaluaciónA avaliación do alumno será o resultado da cualificación que obteña nos exames (o 70 % da nota final) e da puntuación obtida por asistencia, por participación en clase e polos traballos realizados ao longo do cuadrimestre (o restante 30 %).
Realizarase un exame parcial sobre os tres primeiros temas do programa en torno á segunda semán de novembro. Aqueles alumnos que o aproben só terán que examinarse dos temas 4 e 5 no exame final, e a súa cualificación definitiva por este concepto será a media das notas conseguidas en ambas probas.
Obter un aprobado no apartado 'exames' será requisito imprescindible para superar a materia.
Tempo de estudo e traballo persoalConforme á Memoria do Grao, o total de horas de traballo presencial do alumno na aula será de 51 horas, e as estimadas para o seu traballo persoal (estudo autónomo, redacción de exercicios, lecturas, etc) serán 99.
Recomendacións para o estudo da materiaAínda que esta asignatura non esixe requisitos previos, considérase moi recomendable un coñecemento básico de informática a nivel de usuario (procesador de texto, folla de cálculo, navegador de Internet...).