G3071106 - Introdución á Contabilidade (Materias Básicas Rama de Ciencias Sociais e Xurídicas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 31.00
- Clase Interactiva Seminario: 17.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
- Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Coñecer e comprender a idea da contabilidade como sistema de información.
- Coñecer e comprender os conceptos de patrimonio e resultado, así como os elementos que os integran.
- Coñecer e saber aplicar o método contable.
- Saber desenvolver o proceso contable para a elaboración dos estados contables.
ContidosParte I: Introducción á contabilidade
- Tema 1: A contabilidade e o seu contorno
- Tema 2: O patrimonio empresarial e a súa representación. Estados financeiros periódicos
- Tema 3: O método contable
- Tema 4: O ciclo contable
Parte II: Elaboración e comunicación da información contable
- Tema 5: Aspectos básicos da normalización contable
- Tema 6: O activo non corrente.
- Tema 7: As existencias
- Tema 8: Dispoñibilidades líquidas e contas a cobrar
- Tema 9:Recursos alleos
- Tema 10: O patrimonio neto
- Tema 11: O resultado: gastos e ingresos
Bibliografía básica e complementaria- REAL DECRETO 1514/2007, de 16 de Novembro, polo que se aproba o Plan Xeral de Contabilidade.
- CERVERA, M; GONZALEZ, A.; ROMANO, J.(2008): Contabilidad financiera (adaptada al nuevo PGC). Editorial CEF. Partes I,II y III.
- LARRAN JORGE, M. (2009): "Fundaments de contabilidad financiera. Teoría y práctica". Ediciones Piramide.
- LOPEZ DIAZ, A; ALVAREZ PEREZ, M.B; LORCA FERNANDEZ, P(2008) : " Manual de Contabilidad financiera". Editorial Universitas.
- MUÑOZ JIMENEZ, J. (2008): Contabilidad financiera. Pearson educación S.A.
- TABOADA MELLA, S.(2008): " Contabilidad financiera: una introducción teórico-práctica". Tórculo Edicions.
- Bibliografía complementaria no campus virtual
Competencias- Comprender e saber aplicar os conceptos de activo, pasivo, neto, gasto e ingreso.
- Comprender e saber desenvolver o proceso contable.
- Comprender e saber aplicar o rexistro contable das distintas partidas que integran o patrimonio e o resultado.
- Coñecer a estrutura básica dos estados financeiros.
Metodoloxía da ensinanza As competencias de coñecemento serán adquiridas polos alumnos a través de clases de encerado, tanto teóricas como de resolución de exercicios. As sesións de aula dedicadas ás clases expositivas teñen como obxecto a introdución e explícación dos conceptos básicos de cada tema contido no programa proporcionando información adicional necesaria que permita un adecuado desenvolvemento para o posterior proceso de aprendizaxe autónoma.
Nas sesións de docencia interactiva presentaranse exercicios e traballos que os alumnos iran resolvendo e realizando en pequenos grupos, fomentando así a cooperación e o traballo en equipo.
Utilizarase a páxina web da materia para facilitar ó alumno información sobre a materia impartida nas clases expositivas, así como os exercicios e traballos a realizar, utilizándoa como ferramenta de comunicación co profesor e o resto dos compañeiros.
Ademais as tutorías en grupos moi reducidos utilizaranse para que os alumnos cá orientación do profesor poidan desenvolver as actividades que se lles asignen, así como para resolver dúbidas ou cuestións que ó alumno cústelle entender.
Sistema de evaluaciónA avaliación da materia levarase a cabo a través de dúas actuacións:
Avaliación continua (30% da nota) e unha proba teórico-práctica final. (70% da nota)
1. Avaliación continua teranse en conta as actividades realizadas durante o curso, entre as que se encontran:
- Participación activa nas clases (expositivas e interactivas). A asistencia a clase non é obligatoria nin será valorada por si mesma.
- Presentación de exercicios e traballos
- Participación en actividades complementarias
- Exames parciais (os mesmos non liberan de materia de cara o exame final). Os alumnos que se presenten ao mesmo considerarase que participaron na asignatura e polo tanto tendrán unha nota na matéria ainda que non vaian ao exame final.
Nesta parte van a ser considerados aspectos tales como a claridade e capacidade expositiva, o dominio da terminoloxía e os contidos propios da materia e a competencia na utilización das tecnoloxías de información e comunicación. A puntuación máxima será de 3 puntos na nota final.
2. Exame teórico-práctico. En esta proba avaliarase o dominio dos conceptos teóricos adquiridos así como a súa aplicación a casos prácticos. A puntuación máxima será de 7 puntos na nota final.
O examen constará de dúas partes, teoría e práctica, valendo cada unha de elas 3,5 puntos. Para aprobar o examen é necesario acadar un mínimo de 1,7 puntos en cada parte (sobre o seu valor de 3.5).
Os alumnos que cometan alguna ilegalidade durante os exames terán automaticamente unha calificación de suspenso na matéria.
Superación da materia. Para superar a materia, deberase obter una calificación de 5 puntos, dos cales alomenos 4 deberanse obter no éxamen teórico práctico.
Alumnos repetidores: O alumnado repetidor pode optar entre utilizar a nota obtida o ano anterior na súa avaliación continua ou volver a realizar a mesma no actual ano. No caso de utilizar a do ano anterior debera comunicarse por escrito e asinando o citado documento. A nota dos alumnos repetidores so sera gardada un único ano.
Tempo de estudo e traballo persoalTotal horas de traballo presencial na aula 60
Total horas de traballo persoal do alumno 90
Recomendacións para o estudo da materia- Asistencia ás clases expositivas así como á docencia interactiva
- Consulta de dúbida en tutorías
- Consulta dos manuais recomendados e das lecturas complementarias
- Realización dos supostos prácticos alternativos ós desenvolvidos nas aulas
- Estudo continuo da materia, dada a estreita relación entre os seus contidos