Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais  »  Información da Materia

G3071108 - Microeconomía I (Materias Básicas Rama de Ciencias Sociais e Xurídicas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 31.00
  • Clase Interactiva Seminario: 17.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
  • Áreas: Fundamentos de Análise Económica
  • Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
ANTELO SUAREZ, MANEL.SI
BARCIA DOMINGUEZ, MARIA JOSE.NON
LORES INSUA, FRANCISCO XAVIER.NON
REBOREDO NOGUEIRA, JUAN CARLOS.NON
REBOREDO NOGUEIRA, JUAN CARLOS.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE02OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE03OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE04OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_05OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_06OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_07OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_09OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_10OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_11OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_13HorariosClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_14HorariosClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_15HorariosClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS14OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS15OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS16OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS17OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS18OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS19OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS20OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS21OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS22OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS23OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS24OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    No curso de Microeconomía I ofrécese unha visión completa do funcionamento dunha economía de mercado, na que a produción e distribución de bens e servizos está determinada pola toma de decisións dos diferentes axentes económicos e a coordinación desas decisións ten lugar a través do mecanismo de mercado. Con este propósito, analízase en primeiro lugar a conduta das unidades económicas individuais, é dicir, cómo e por qué estas unidades toman decisións de consumo e producción. De seguido, explícase cómo se resolve o problema da distribución de bens e servizos, mediante a interacción de axentes económicos individuais nun mercado competitivo ou de monopolio. Neste contexto, os conceptos de racionalidade e de equilibrio constitúen os principios organizadores da análise.
    Un segundo obxectivo da materia é fornecer ós estudantes dun coñecemento profundo do método e da análise da microeconomía, dos seus modelos básicos a das principais aplicacións. A partires da comprensión do funcionamento básico da actividade económica, a microeconomía proxéctase como un valioso instrumento para abordar de xeito rigoroso diferentes problemas como son, entre outros, a toma de decisións empresariais, aspectos de política microeconómica e da intervención pública, e máis en xeral, a comprensión dos distintos elementos e institucións que conforman o funcionamento duna economía moderna.

    Contidos
    A conduta dos consumidores. Demanda individual e de mercado. Elección intertemporal. Produción. Custos de produción. Maximización de beneficios. Mercados competitivos. Mercados de factores.

    Bibliografía básica e complementaria
    Básica:

    Pindyck, R.S. e Rubinfeld, D.L. (2009): Microeconomía. 7ª edición, Prentice Hall. (www.prenhall.com/pindyck)
    Varian, H. R. (2007): Microeconomía intermedia. Un enfoque moderno (7ª edición),
    Antoni Bosch Editor S.A., Barcelona. (www.sims.berkeley.edu/~hal/)

    Complementaria:

    Bergstrom, T. e Varian, H. (2001): Ejercicios de microeconomía intermedia (5ª edición), Antoni Bosh Editor S.A., Barcelona. (www.sims.berkeley.edu/~hal/)
    Carrasco, A., C. De La Iglesia, E. Gracia, E. Huergo, L. Moreno (2003): Microeconomía Intermedia. Problemas y cuestiones. McGraw Hill.
    Congregado, E., A. A. Golpe e T. Leal, (2002): Microeconomía. Cuestiones y problemas resueltos. Prentice Hall.
    Gracia, E. e R. Pérez (2004): Cuestiones Tipo Test de Microeconomía Intermedia. Prentice Hall.
    Katz, M., Rosen, H. y Morgan, W. (2007): Microeconomía intermedia. 2ª edición, McGraw Hill.
    Nicholson, W. (2004): Teoría microeconómica. Principios básicos y aplicaciones. 8ª edición, Thomson/Paraninfo eds.
    Competencias
    •Coñecer os factores que afectan á toma de decisions óptimas dos axentes económicos.
    •Aplicar a análise económica á identificación, previsión e solución de problemas relativos á asignación eficiente dos recursos na economía.
    •Coñecer e comprender os incentivos económicos dos diversos axentes como unha das forzas que motivan o seu comportamento.
    •Analizar as vantaxes e limitacións do mecanismo de mercado na asignación de recursos.

    Metodoloxía da ensinanza
    Traballo na aula: exposicions teóricas combinadas con clases interactivas e seminarios para a resolución de exercicios, o análisis de casos e o análisis crítico de lecturas e problemas.
    Traballo do alumno: preparar o traballo na aula e reafirmar e profundizar os coñecementos adquiridos a través da resolución de exercicios e a elaboración e presentación de traballos. Estes traballos en grupo, que inclúen a entrega de resúmenes e presentacións, permiten aos alumnos poñer en práctica os seus coñecementos e habilidades de comunicación e interacción.
    Exámenes e resto das actividades de avaliación: forman parte do proceso de aprendizaxe e están encamiñadas a avaliar as competencias xerais, específicas e transversais que o alumno adquire durante o curso.
    Os alumnos disporán dunha guía docente con información específica sobre os contidos dos temas na que se lles informará sobre a súa importancia relativa e interrelación. Asimesmo, conterán referencias bibliográficas e pautas relacionadas cos contidos dos temas que servirán de apoio e orientación para o seu traballo individual e en grupo.


    Sistema de evaluación
    A avaliación da materia ten en conta todas as actividades que se deben realizar ao longo do cuadrimestre, considerando distintos aspectos da adquisición das competencias ás que contribúe esta materia así como outros aspectos como a claridade e capacidade expositiva, o dominio da terminoloxía propia da materia ou a participación activa. A avaliación final está composta por un 30 % de avaliación continua e un 70% que inclúe o exame final e a posibilidade de exame parcial e/ou traballo final.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Ademais das 47 horas de traballo presencial na aula, o alumno deberá adicar 103 horas de traballo persoal, que inclúe o estudo
    autónomo (individual ou en grupo), a análise de casos, lecturas e realización de exercicios e traballos, así como a preparación de presentacións orais.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Para superar a materia con éxito é recomendable que o alumno:
    (a) se esforce e estude continuadamente ao longo do curso,
    (b) resolva e discuta os exercicios prácticos propostos,
    (c) lea os artículos e capítulos de libros recomendados,
    (d) acuda ás tutorias planificadas para suscitar e resolver todas as dúbidas relacionadas coa materia.
    Observacións

    E necesario ter coñecementos a un nivel básico de matemáticas e estatística.
    Cando o alumno non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na guía docente, constará como “non presentado” (ver Normativa sobre permanencia e asistencia en titulacións adaptadas ao EEES).