G3071110 - Estatística Empresarial I (Materias Básicas Rama de Ciencias Sociais e Xurídicas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 31.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 17.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Economía Cuantitativa
- Áreas: Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaProporcionar ao alumno/a o coñecemento e manexo das técnicas estatísticas necesarias para o análise descritivo de datos económicos e empresariais así como a metodoloxía das principais estatísticas das que dispoñemos.
ContidosTEMA 1.- INTRODUCIÓN
1.1.- A Ciencia Estatística. Definición e contido
1.2.- Conceptos xerais de Estatística
1.3.- Fontes de datos estatísticos
1.4.- A mostraxe
TEMA 2.- ANÁLISE DESCRITIVA DUNHA VARIABLE
2.1.- Distribucións de frecuencias
2.2.- Representacións gráficas
2.3.- Medidas posición, dispersión e forma
2.4.- Medidas de concentración
2.5.- Momentos.
TEMA 3.- ANÁLISE DESCRITIVA DE DÚAS VARIABLES
3.1.- Distribucións bidimensionais. Tabulación e representacións gráficas
3.2.- Distribucións marxinais e condicionadas
3.3.- Dependencia e independencia estatística. Covarianza
3.4.- Momentos. Xeneralización ás características n-dimensionais
TEMA 4.- AS TÉCNICAS DE REGRESIÓN E CORRELACIÓN
4.1.- Regresión lineal
4.2.- Correlación
4.3.- Predición
4.4.- Elasticidade
4.5.- Formas non lineais
TEMA 5.- NÚMEROS ÍNDICES
5.1.- Taxas de variación.
5.2.- Definición e clasificación dos números índices
5.3.- Índices de prezos, cantidades e valor
5.4.- Aplicación dos números índices: Cambio de base. Deflactación. Participación e repercusión.
TEMA 6.- SERIES TEMPORAIS
6.1.- Análise clásica das series temporais.
6.2.- Compoñentes.
6.3.- Desestacionalización
TEMA 7: ESTATÍSTICAS SOCIO-ECONÓMICAS
7.1.- Índices de Prezos ao Consumo
7.2.- Índice de Producción
7.3.- Estatísticas do mercado de traballo: Enquisa de Poboación Activa. Paro rexistrado.
7.4.- Estatísticas financeiras, tributarias e de seguros.
7.5.- Estatísticas do mercado bursátil.
7.6.- Outros indicadores económicos.
Bibliografía básica e complementariaBásica:
TOMEO, V. ; UÑA, ISAÍAS (2009) Estadística descriptiva. Garceta, Madrid
MARTÍN PLIEGO, F.J. (2004). Introducción a la Estadística Económica y Empresarial: Teoría y práctica. Thompson Paraninfo S. A., Madrid.
Complemenyaria
CASAS SÁNCHEZ, J. M., SANTOS PEÑA, J. (1995). Introducción a la Estadística para Economía y Administración de Empresas, vol 1. Centro de Estudios Ramón Areces, S.A., Madrid.
ESCUDER VALLÉS, R. (1997). Métodos estadísticos aplicados a la Economía. Ariel, Barcelona.
FERNÁNDEZ, C., FUENTES, F. (1995). Curso de Estadística Descriptiva: Teoría y Práctica. Ed. Ariel Economía, Barcelona.
GARCÍA BARBANCHO, A. (1991). Estadística elemental moderna. Ariel Economía, Barcelona.
LLORENTE GALERA, F., MARTÍN FERIA, S. Y TORRA PORRAS, S. (2000). Principios de estadística descriptiva aplicada a la empresa. Centro de Estudios Ramón Areces, D.L. Madrid.
MARTÍN-GUZMÁN, P., MARTÍN PLIEGO, F.J. (1987). Curso básico de Estadística Económica. AC, Madrid.
MARTÍN PLIEGO, F.J. (2004). Introducción a la Estadística Económica y Empresarial: Teoría y práctica. Thompson Paraninfo S. A., Madrid.
MONTIEL, A.M., RIUS, F., BARÓN, F.J. (1997). Elementos básicos de Estadística Económica y Empresarial. Prentice-Hall, Madrid.
PÉREZ SUÁREZ, R. e outros (1993). Análisis de datos económicos 1. Métodos Descriptivos. Pirámide, Madrid.
RIOBÓO, J.M., TATO, M. (1992). Estadística Económica y Empresarial I: evolución histórica, concepto y método de la estadística económica y empresarial. GIC Ediciones, Santiago.
RIOBÓO, J.M.; DEL ORO, C.P. (2000). Representaciones gráficas de datos estadísticos. AC, Madrid.
URIEL, E., MUÑÍZ, M. (1988). Estadística Económica y Empresarial. Teoría y ejercicios. AC, Madrid.
Exercicios e problemas
BARÓ LLINÁS, J. (1985). Estadística descriptiva. Aplicaciones económico-empresariales. Parramón, Barcelona.
SANZ, J. A., BEDATE, A., RIVAS, A., GONZÁLEZ, J. (1996). Problemas de estadística descriptiva empresarial. Ariel, Barcelona.
PÉREZ, C. (2002). Estadística aplicada a través de Excel. Pearson Educación, Madrid.
Competencias– Coñecer e comprender os conceptos e métodos propios da estatística económico-descritiva
así como a súa aplicación á análise dos fenómenos económicos.
– Realizar análises estatísticas básicas empregando ferramientas informáticas
– Ser capaz de seleccionar e aplicar as técnicas estatísticas máis axeitadas á análise de cada
fenómeno, así como de interpretar os resultados obtidos.
– Iniciarse na análise de datos empíricos da realidade económica (obtención de datos, análises
estatísticas, interpretación e fiabilidade dos resultados,...) e na presentación formal do traballo
realizado.
– Conocer e avaliar as principais estatísticas existentes sobre a realidade económica.
– Desenvolver as capacidades de entendemento, razoamento, crítica e expresión oral e escrita,
mediante o emprego dun léxico estatístico-económico axeitado.
Metodoloxía da ensinanza Clases de pizarra en grupo grande: Empregarase para as actividades presenciais de tipo expositivo que non requiran unha participación activa dos estudantes, e nas que, o número de estudantes por grupo non sexa un factor crítico para o seu desenvolvemento: clases expositivas, presentación de materiais audiovisuales, conferencias,..
Clases en grupo reducido: Nelas organizaranse actividades presenciais que buscan ou requiran unha participación activa dos estudantes: seminarios, discusión de casos prácticos, resolución de problemas, trablljo con textos ou datos, prácticas con ordenador, exposición de traballos, etc.
Sistema de evaluaciónSistema de avaliación
1 ª etapa de avaliación. Xuño
A avaliación da materia realizarase de dúas formas diferentes e alternativas.
Opción 1: Avaliación mixta
- O 80% é a avaliación por exame escrito
- O 20% restante é avaliación continua en base a actividades feitas na aula (controis, resolución de exercicios en clase, ...), que supoñen a asistencia regular as aulas para poder participar en todas elas.
Opción 2: Avaliación única.
- Consiste nun exame escrito sobre os contidos, tanto teórico e práctico da materia de acordo co programa e explicacións de clase. Esta proba correspóndese co 100% da cualificación final.
- Para seguir esta opción, os estudantes interesados deben expresalo lo por escrito debidamente asinado con prazo límite de entrega o 31 de marzo. Se non se entrega en tempo e forma, suponse que se segue opción 1.
Para aprobar, por calquera das opcións, hai que obter unha nota de 5 puntos ou máis nunha escala de 0 a 10.
2ª Etapa de avaliación. Xullo
- Realizarase mediante exame e o estudante pode optar por ser valorado nunha escala de 0 a 8 e manter a nota de avaliación continua, ou desistir desa e ser avaliado nunha escala de 0 a 10 puntos.
As probas realizaranse na data e horario establecido pola Facultade.
Para as probas é obrigatorio levar un documento de identificación oficial: carné de identidade, tarxeta universitaria, pasaporte, etc.
Os controis de avaliación continua farase durante a clase e non teñen máis s avisos que as posíbeis indicacións que podan darse nas mesmas.
Outros matices sobre estes criterios básicos pódense dar na clase.
Tempo de estudo e traballo persoalActividades:
Estudio autónomo individual ou en grupo: 60 horas
Escritura de exercicios, conclusións e/ou outrso traballos: 5 horas
Lecturas, recomendacións, actividades en bibliotecas ou semellantes: 15 horas
Preparación de presentacións orais, debates ou semellantes: 10 horas
Total: 90 horas
Recomendacións para o estudo da materiaA linguaxe matemática é necesaria para o desenvolvemento da materia xa que esta lingua é na que se expresa a Estatística. Neste sentido o/a alumno/a ten que facer un esforzo ao comezo do curso cara o emprego dunha linguaxe precisa.
O/A alumno/a ten que adquirir as ferramentas necesarias para a interpretación precisa dos resultados estatísticos obtidos ou recollidos noutras fontes. O debate na aula sobre os contidos é unha ferramenta útil para a comprensión da materia.
ObservaciónsA posible información complementaria para seguir o curso será facilitada na aula.