G3071222 - Análise das Operacións Financeiras (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 17.00
- Clase Interactiva Seminario: 31.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
- Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO obxectivo da materia é proporcionar ó alumno os conceptos e principios básicos da matemática financeira. Neste senso, o curso tense estructurado en catro partes: a primeira, está dedicada a establecer o marco conceptual adecuado para a valoración das operacións financeiras; a segunda atende á valoración financeira das rendas; a terceira, analiza as operacións de amortización de préstamos; e a cuarta introduce ó alumno na valoración dos activos financeiros.
ContidosPARTE 1. FUNDAMENTOS DA MATEMÁTICA FINANCEIRA
1.1. INTRODUCCIÓN.
1.2.CAPITAL FINANCEIRO: POSTULADOS.
1.3.OPERACIÓN FINANCEIRA.
1.4.CAPITAIS EQUIVALENTES.OPERACIÓNS E LEIS DE CAPITALIZACIÓN E DE DESCONTO.
1.5.TANTOS EQUIVALENTES.
1.6.UNIFICACIÓN DE CAPITAIS: SUMA FINANCEIRA. VENCEMENTO COMÚN E MEDIO.
1.7.EQUIVALENCIA FINANCEIRA.
1.8.RESERVA FINANCEIRA DUNHA OPERACIÓN.
EXERCICIOS.
PARTE 2. VALORACIÓN FINANCEIRA DAS RENDAS.
2.1. INTRODUCCIÓN
2.2. DEFINICIÓN E ELEMENTOS DUNHA RENDA.
2.3. CLASIFICACIÓN DAS RENDAS.
2.4. VALORACIÓN DE RENDAS:
2.4.1. VALORACIÓN DE RENDAS CONSTANTES NON FRACCIONADAS.
2.4.2. VALORACIÓN DE RENDAS VARIABLES EN PROGRESIÓN XEOMÉTRICA NON FRACCIONADAS.
2.4.3. VALORACIÓN DE RENDAS VARIABLES EN PROGRESIÓN ARITMÉTICA NON FRACCIONADAS.
2.4.4. VALORACIÓN DE RENDAS VARIABLES FRACCIONADAS.
EXERCICIOS.
PARTE 3. AMORTIZACIÓN DE PRÉSTAMOS
3.1.INTRODUCCIÓN.
3.2.DESENVOLVEMENTO XERAL DO PRÉSTAMO.
3.3.MODALIDADES DE AMORTIZACIÓN DE PRÉSTAMOS.
3.4.OS PRÉSTAMOS CON CARENCIA.
EXERCICIOS
PARTE 4. INTRODUCCIÓN Á VALORACIÓN E O RENDEMENTO DOS ACTIVOS FINANCEIROS: VAN E TIR
4.1. O VALOR DUNHA OPERACIÓN FINANCEIRA: O VAN.
4.2. A RENDIBILIDADE DUNHA OPERACIÓN FINANCEIRA: A TIR.
EXERCICIOS
Bibliografía básica e complementariaXIMÉNEZ RODRÍGUEZ, S.; FERNÁNDEZ LÓPEZ, S. e outros (2000): Análisis y cálculo de las operaciones financieras, Tórculo, Santiago.
APARICIO ROZAS, A. (1999): Cálculo financiero: teoría y ejercicios, Editorial A. C.
BAQUERO, M.J., MAESTRO, M.L. (2003): Problemas resueltos de matemática de las operaciones financieras, Thomson.
DELGADO, C. (1995): Matemática financiera: teoría y 1.200 ejercicios, Palomero-Delgado, ed.
FANJUL SUÁREZ, J.L. (2001): Análisis de las operaciones financieras, Civitas.
GIL PELÁEZ, L. (1993): Matemáticas de las operaciones financieras, Editorial A. C.
GONZÁLEZ CATALÁ, V.T. (1995): Análisis de las operaciones financieras, bancarias y bursátiles, Editorial A. C.
GONZÁLEZ VELASCO, Mª del Carmen (2001): Análisis de las operaciones financieras: 150 supuestos resueltos, Civitas.
MENEU FERRER, V. (1994): Operaciones financieras en el mercado español, Barcelona Ariel.
MINER ARANZÁBAL, J. (2003): Curso de Matemática Financiera, McGraw-Hill.
NAVARRO, E. Y NAVE, J.M. (2001): Fundamentos de matemáticas financieras, Antoni Bosch.
LEVENFELD, G. Y DE LA MAZA, S. (1997): Matemática de las operaciones financieras y de la inversión, Mc-Graw Hill.
SANTANDREU, POL (1996): Matemática Financiera: con ejercicios resueltos, Gestión 2000.
TERCEÑO GÓMEZ, A. (1997): Matemática Financiera, Pirámide.
VILLALOBOS, J.L. (2001): Matemáticas financieras, 2ª edición, Prentice Hall.
CompetenciasCompetencias da titulación ás que contribúe a materia:
• Posuír e comprender os coñecementos que definen á Administración e Dirección de Empresas como disciplina científica, incluíndo as súas teorías, historia, métodos, técnicas e áreas de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións máis avanzadas e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento neste campo.
• Saber elaborar e defender argumentos sobre cuestións económicas a un nivel xeral, así como resolver problemas sobre estas cuestións, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade empresarial, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
• Elementos básicos de álxebra lineal, cálculo diferencial e integral, optimización matemática, matemáticas das operacións financeiras, estatística descritiva, probabilidade, inferencia estatística, modelos econométricos e predicción.
• Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
• Aplicar ao análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos.
Competencias específicas da materia
• Manexar as leis financeiras usadas convencionalmente nas operacións financeiras.
• Coñecer e valorar as principais operacións financeiras que teñen lugar no curto e longo prazo.
• Valorar as diferentes rendas financeiras.
• Comprender e interpretar os parámetros dun préstamo.
• Realizar cadros de amortización de préstamos segundo diferentes sistemas de amortización.
• Comprender a operativa das principais operacións de constitución de capitais.
• Coñecer, desde unha perspectiva matemática e financeira, os conceptos de VAN e TIR.
• Expresar os problemas financeiros manexando o vocabulario específico con propiedade.
Metodoloxía da ensinanza Ao tratarse da primeira materia de finanzas que introduce ao alumno por vez primeira no manexo teórico-práctico de conceptos financeiros é especialmente importante que éste perciba a aplicabilidade dos seus contidos. En particular, no curto e medio prazo a materia debe dotar aos alumnos dos coñecementos necesarios para cursar materias relacionadas co ámbito financeiro en cursos posteriores, e, no longo prazo, debe dotar aos futuros profesionais das ferramentas e coñecementos necesarios para a toma de decisións financeiras básicas, tanto para as empresas como para outras institucións e, incluso, para as economías domésticas.
Por elo, as sesións de aula dedicadas ás clases expositivas teñen como obxecto a introducción e explicación dos aspectos básicos de cada tema contido no programa proporcionándolle a información adicional necesaria que permita un adecuado desenvolvemento do proceso de aprendizaxe autónomo.
As prácticas son fundamentais para alcanzar os obxectivos a medio e longo prazo establecidos para a materia. Éstas consistirán na resolución de exercicios e casos no aula e nas horas de traballo autónomo do alumno e están encamiñadas a enfrentar ao alumno á toma de decisións. Nalgúns casos estas prácticas haberán de resolverse de forma individual e en outros en grupos reducidos, para o cal se dedicarán sesións de seminario, nas que se tratará de fomentar a cooperación e o traballo en equipo. Os traballos programados ao longo do cadrimestre pretenden contribuír á adquisición de habilidades para elaborar e presentar de maneira oral e escrita a información que se teña obtido convenientemente.
Sistema de evaluaciónO sistema de avaliación en cada unha das oportunidades de exame engloba tres elementos:
1. Exame final dos temas recolleitos no programa da materia): 70% da cualificación final.
Proba escrita composta dunha parte teórica e dun ou varios exercicios prácticos. A primeira parte pode constar de preguntas de resposta breve ou cuestiones tipo test. Esta última opción trata de abarcar un amplo abanico de conceptos impartidos na materia, mentres que coa primeira procurará, ademais de observar cal é o grao de coñecemento da materia por parte do alumno, fomentar a súa capacidade de trasladar as nocións adquiridas de forma ordenada e sintetizada ao papel. A segunda parte do exame, de carácter práctico, inclúe o desenvolvemento de moitos dos contidos que compoñen o temario, tratando de reflectir o grao de comprensión do alumno da materia.
2. Traballos prácticos propostos: 20% da cualificación final.
As actividades prácticas serán exercicios propostos de contido relacionado coa temática da materia, etc. Todas estas actividades serán anunciadas na aula.
3. Titorías e asistencias as aulas: 10% da cualificación final.
Calquera alumno poderá presentarse ao exame final haxa realizado ou non as actividades propostas na avaliación continua (punto 2 e 3). En caso de non realizar as anteriores tarefas a súa cualificación provén exclusivamente do exame final.
O sistema de avaliación dos alumnos será independente da súa condición de repetidor ou non.
Tempo de estudo e traballo persoalHoras presenciais:
Docencia en grupo grande: 24
Docencia en grupo reducido: 24
Titorías de grupo: 3
Horas non presenciais:
Estudio autónomo individual ou en grupo: 45
Preparación das prácticas: lectura de casos, textos e artigos, escritura de conclusións e traballos: 34
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar: 10
Preparación de presentacións orais, debates ou similar: 10
Total volume de traballo: 150 horas
Recomendacións para o estudo da materiaOs alumnos que se dispoñen a estudiar esta materia deberían ter coñecementos básicos de matemáticas, tales como despexar sistemas de ecuacións con dúas incógnitas e traballar con logaritmos, límites e sucesións. Así mesmo, o manexo de follas de cálculo permitiría ao alumno resolver rapidamente moitos dos exercicios que se traballan no aula.