Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais  »  Información da Materia

G3071224 - Estatística Empresarial II (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 31.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 17.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Economía Cuantitativa
  • Áreas: Economía Cuantitativa (propia da USC)
  • Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
CHAS AMIL, MARIA LUISA.NON
Lois Mosquera, Marina.NON
TROITIÑO COBAS, ANGELA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE02OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE03OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE04OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo CLIL_05OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo CLIL_06OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo CLIL_07OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo CLIL_09OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo CLIL_10OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo CLIL_11OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo CLIL_13OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo CLIL_14OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo CLIL_15OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS14OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS15OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS16OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS17OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS18OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS19OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS20OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS21OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS22OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS23OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    A inferencia estatística aborda técnicas de grande utilidade no ámbito económico-empresarial, dado que permite obter conclusións válidas sobre o comportamento poboacional a partir de datos mostrais. O obxectivo básico desta materia é que o/a alumno/a coñeza os fundamentos e aplicacións das técnicas de inferencia estatística, así como da teoría da probabilidade e modelos de distribución. Que sexa capaz de seleccionar e aplicar as técnicas estatísticas máis adecuadas á análise de cada fenómeno e de interpretar os resultados obtidos, iniciándose na análise empírica dos fenómenos da realidade económica e empresarial.
    Contidos
    TEMA 1 PROBABILIDADE
    1.1 Teorías da probabilidade en estatística: clásica, frecuentista, subxectiva e axiomática. Axiomas de Kolmogorov
    1.2 Probabilidade condicionada, conxunta e total. Teoremas.
    1.3 Teorema de Bayes
    1.4 Independencia de acontecementos.

    TEMA 2 DISTRIBUCIÓNS DE PROBABILIDADE
    2.1 Variables aleatorias: discretas e continuas.
    2.2 Distribución de probabilidade dunha variable aleatoria.
    2.3 Características asociadas ás variables aleatorias. Esperanza, varianza, momentos.
    2.4 Xeralización ó caso bidimensional e multidimensional.

    TEMA 3 MODELOS DE PROBABILIDADE DISCRETOS E CONTINUOS
    3.1 Distribución binomial.
    3.2 Distribución de Poisson.
    3.3 Distribución normal e normal bivariante.
    3.4 Distribucións derivadas da normal: Ki-cadrado, t-Student, F-Snedecor..

    TEMA 4 INTRODUCIÓN Á INFERENCIA ESTATÍSTICA
    4.1 Inferencia Estatística: poboacións e mostras aleatorias.
    4.2 Estatísticos e estimadores.
    4.3 Distribución da media, varianza e proporción mostrais.

    TEMA 5 ESTIMACIÓN
    5.1 Estimación. Propiedades dos estimadores puntuais
    5.2 Métodos de estimación puntual: método dos momentos e de máxima verosimilitude.
    5.3 Estimación por intervalo. Métodos de construción de intervalos de confianza. Intervalos de confianza en poboacións normais.

    TEMA 6 CONTRASTE DE HIPÓTESES
    6.1 Conceptos básicos: tipos de hipóteses, rexión crítica e rexión de aceptación, tipos de erros, potencia do contraste.
    6.2 Metodoloxía do contraste de hipóteses.
    6.3 Algúns contrastes paramétricos.

    Bibliografía básica e complementaria
    BÁSICA
    Canavos, G.C. (1997). Probabilidad y Estadística. Aplicaciones y Métodos. Ed. McGraw Hill.
    Fernández- Abascal, H., M. Guijarro, J.L. Rojo, J.A. Sanz. (1994): Cálculo de Probabilidades y Estadística. Ed. Ariel.
    Lind, D.A.; Marchal, W.G. e Wathen, S.A. (2012, 2008): Estadística Aplicada a los Negocios y a la Economía. Ed. McGrawHill.
    Ruiz-Maya, L., F.J. Martín Pliego. (1995): Estadística II: Inferencia. Ed. AC.

    Esta materia contará con materiais elaborados polo profesorado, a disposición do alumnado no CURSO VIRTUAL da materia. http://www.usc.es/campusvirtual/

    COMPLEMENTARIA
    Anderson, D. R.; Sweeney, D.J., Williams, T.A. (2001): Estadística para Administración y Economía. Vol.I. Thomson ed.
    Berenson, M.L., Levine, D.M. (1996): Estadística Básica en Administración. Conceptos y Aplicaciones. Ed. Pearson Educación / Prentice Hall.
    Casas Sánchez, J.M. (1996): Inferencia Estadística para Economía y Administración de Empresas. Ed. Centro de Estudios Ramón Areces.
    Durá Peiró, J.M., López Cuñat, J.M. (1989): Fundamentos de Estadística. Estadística descriptiva y Modelos Probabilísticos para la Inferencia. Ed. Ariel.
    Freund, J.E., Miller, I., Miller, M. (2000): Estadística matemática con aplicaciones. Ed. Pearson Educación / Prentice Hall.
    García Barbancho, A. (1992): Estadística Teórica Básica. Probabilidad y modelos probabilísticos. Ed. Ariel.
    Kazmier, L.J. (2006): Estadística aplicada a administración y economía. Ed. MnGraw Hil.
    Martín Pliego, F.J., L. Ruiz-Maya. (1998): Fundamentos de Probabilidad. Ed. AC. (2ª edición, 2006)
    Levin, R.I., Rubin, D.S. (1996): Estadística para administradores. Ed. Pearson Educación / Prentice Hall.
    Newbold, P. (1998): Estadística para los negocios y la economía. Ed. Prentice Hall.
    Newbold, P. ; Carlson, W.L.; Thorne, B. (2007): Estadística para administración y economía. Ed. Prentice Hall.
    Novales Cinca, A. (1998): Estadística y Econometría. Ed. McGraw Hill.
    Ruiz-Maya, L., F.J. Martín Pliego. (1999): Fundamentos de Inferencia Estadística. Ed. AC. (2ª ed. 2000; 3ª ed.2005).
    Sarabia Alegria, J.M. (2000): Curso práctico de estadística. Ed. Civitas.
    Spiegel, M.R.; Schiller, J. e Alu Srinivasan, R. (2010): Probabilidad y Estadística. Ed. McGraw-Hill.
    Triola, M.F. (2004): Estadística. Ed. Pearson Educación.
    Websterm A.L. (1996): Estadística aplicada a la empresa y a la economía. Ed. Irwin.

    LIBROS DE EJERCICIOS
    Baró Llinás, J. (1987): Cálculo de probabilidades. Ed. Parramón.
    Baró Llinás, J. (1989): Inferencia estadística. Ed. Parramón.
    Fernández- Abascal, H., M. Guijarro, J.L. Rojo e J.A. Sanz. (1995): Ejercicios de Cálculo de Probabilidades. Ed. Ariel.
    Martín Pliego, F.J., Montero Lorenzo, J.M. e Ruiz-Maya L. (1998): Problemas de probabilidad. Ed. AC.
    Martín Pliego, F.J., Montero Lorenzo, J.M. e Ruiz-Maya L. (2000): Problemas de inferencia estadística. Ed. AC.

    Competencias
    COMPETENCIAS DA TITULACIÓN ÁS QUE CONTRIBÚE A MATERIA
    – Saber elaborar e defender argumentos sobre cuestións económicas a nivel xeral, así como resolver problemas sobre estas cuestións, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade empresarial, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
    – Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito empresarial, incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes sobre a súa dimensión social, científica ou ética.
    – Identificar as fontes de información económica relevante e seu contido.

    COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA MATERIA
    - Aprender o significado empírico e a utilidade instrumental que nos achega o concepto de variable aleatoria e a súa distribución para a análise dos fenómenos empíricos.
    - Familiarizarse coa teoría do cálculo de probabilidades e a súa aplicación empírica.
    - Coñecer a existencia, manexo e utilidade instrumental dos modelos teóricos de probabilidade máis importantes.
    – Ser capaz de seleccionar e aplicar as técnicas estatísticas máis axeitadas á análise de cada
    fenómeno, así como de interpretar os resultados obtidos.
    – Realizar análises estatísticas básicas utilizando ferramentas informáticas.
    – Coñecer os fundamentos e a grande potencialidade das técnicas inferenciais para a análise dos fenómenos empíricos. Isto é, ser capaz de identificar e aplicar as ferramentas estatísticas que, a partir dunha mostra, permiten estimar e contrastar características poboacionais de interese.
    – Iniciarse na análise de datos empíricos da realidade económica e empresarial (obtención de datos, análise estatística, interpretación e fiabilidade dos resultados, etc.) e na presentación/defensa das análises realizadas, empregando o léxico estatístico-económico axeitado.
    – Desenvolver o espírito crítico ao analizar os resultados estatísticos que se presentan tanto en publicacións científicas como na prensa.




    Metodoloxía da ensinanza
    O curso desenvólvese combinando docencia expositiva e docencia interactiva, complementadas ambas por titorías individuais ou en grupo reducido.

    CLASES EXPOSITIVAS
    As sesións de aula dedicadas ás clases expositivas teñen como obxecto a introdución e explicación dos aspectos básicos de cada tema do programa, proporcionándolle información adicional necesaria que permita un adecuado desenvolvemento do proceso de aprendizaxe autónomo.

    CLASES INTERACTIVAS NA AULA E PRÁCTICAS CON ORDENADOR
    Nas clases interactivas preténdese que os alumnos aprendan a aplicar as técnicas estatísticas á análise da realidade económica e empresarial, diferenciando qué tipo de técnica utilizar en cada caso, cómo aplicala e qué conclusións se obteñen da análise realizada. Para elo, proporanse problemas e actividades que os alumnos deberán resolver individualmente e/ou en grupos reducidos. Estas prácticas interactivas veranse complementadas coa realización de prácticas con ordenador, co obxecto de adquirir habilidades de manexo de follas de cálculo (Excel) ou outros paquetes estatísticos de grande utilidade para a análise de datos.

    TAREFAS PROGRAMADAS
    Tomando como referencia as prácticas con ordenador, a actividade por excelencia de avaliación continua consistirá na análise estatística de fenómenos empíricos, con bases de datos reais, a realizar en varias fases ó longo do cuadrimestre, empregando ferramentas informáticas. Esta tarefa pretende que o/a alumno/a adquira habilidades para levar a cabo análises estatísticas da realidade empírica, aprendendo a seleccionar e aplicar as técnicas estatísticas axeitadas a cada fenómeno, a utilizar ferramentas informáticas para a análise, a interpretar correctamente os resultados obtidos, así como a presentar/defender o traballo realizado empregando o léxico propio da disciplina.

    TITORÍAS INDIVIDUAIS OU EN GRUPO REDUCIDO
    Mediante as titorías búscase que o alumnado dispoña de asesoramento continuo do profesorado para o desenvolvemento das actividades propostas, moitas delas a realizar de forma autónoma polo alumno, así como atender calquera dúbida relacionada coa materia.
    Sistema de evaluación
    O/a alumno/a deberá optar ó inicio do semestre (antes do 25 de outubro, DATA LÍMITE E IMPRORROGABLE) entre un sistema de avaliación continua ou un sistema de avaliación única. O profesorado da materia recomenda seguir o sistema de avaliación continua.

    AVALIACIÓN ORDINARIA DE XANEIRO
    A) Sistema de Avaliación Continua
    Neste sistema empregaranse instrumentos que permitan medir a aprendizaxe continua dos conceptos e metodoloxías estatísticas obxecto da materia, así como da súa aplicación á realidade empírica.
    Instrumentos avaliativos e o seu peso na nota final:
    - Exame/es (final, e no seu caso, parcial): 70% da cualificación total (7 puntos).
    - Actividades de avaliación continua: 30% da cualificación total (3 puntos).
    A análise estatística de fenómenos empíricos con bases de datos reais, por mor do papel que xoga cara á consecución dunha boa parte das competencias específicas da materia, constituirá un dos principais obxectivos da avaliación continua. As ferramentas de avaliación que se utilizarán neste caso serán
    • 1 proba con ordenador, na que se avalía primordialmente o aprendido nas prácticas de ordenador, conxuntamente coa base teórico-práctica das clases expositivas e interactivas (15% puntuación total).
    • 2 controis de contidos, que se realizarán nas clase expositivas (10% da puntuación final)
    • participación activa na clase: resolución razoada de exercicios na pizarra, … (5% puntuación total).
    Con respecto ós exames, realizarase un exame parcial liberatorio, aproximadamente na primeira quincena de novembro, que abarcará o primeiro bloque da materia (bloque 1: temas 1-3) e considerarase superado cunha nota de 1,75 puntos ou máis sobre un total de 3,5 puntos. O/a alumno/a que supere o parcial poderá ir ó exame final co segundo bloque da materia (bloque 2: temas 4-6), e para superar a materia deberá obter unha nota non inferior ó 1,25 puntos sobre 3,5. Así mesmo, o/a alumno/a que se presente ó exame final con toda a materia, tamén deberá obter unha cualificación mínima en cada bloque (1,25 puntos sobre 3,5) e a suma dos dous bloques deberá ser maior ou igual a 2,75 puntos sobre 7.
    A cualificación final da materia obterase como suma das cualificacións obtidas por avaliación continua e por exame/es (sempre que superen o mínimo sinalado no parágrafo anterior), quedando superada a materia cando a suma da cualificación por avaliación continua e por exame/es sexa maior ou igual a 5.
    O/a alumno/a que opte polo sistema de avaliación continua deberá manterse neste sistema na avaliación ordinaria de xaneiro (isto é, seleccionado o sistema de avaliación continua, en xaneiro a puntuación por exames será do 70% da cualificación total).
    B) Sistema de Avaliación Única
    O/a alumno/a que opte por este sistema será cualificado exclusivamente a través do exame final da materia, que puntuará sobre 10 puntos. O 70% deste exame coincidirá en contido e puntuación co exame final do sistema de avaliación continua; o restante 30% será diferente.

    AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA DE XULLO
    Na avaliación extraordinaria de Xullo, o/a alumno/a que tivese elixido o sistema de avaliación continua poderá manterse no memo ou cambiar a un sistema de avaliación única. Para isto, no momento do exame, o/a alumno/a fará constar se se mantén no sistema de avaliación continua (no que o exame puntuará sobre 7 puntos) ou se opta polo de avaliación única (no que o exame puntuará sobre 10 puntos). Para obter a cualificación final da materia, no primeiro caso manterase a puntuación de avaliación continua obtida ó longo do curso que será sumada á do exame, mentres que no segundo caso a cualificación final da materia coincidirá coa obtida no exame.
    Para poder realizar os exames é obrigatorio presentar un documento identificativo que teña carácter oficial (DNI, Tarxeta Universitaria, Pasaporte,...).

    Tempo de estudo e traballo persoal
    TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
    Docencia expositiva 31h
    Docencia interactiva 17h
    Exames 5h
    Total horas traballo presencial na aula 53

    TRABALLO PERSONAL DO/A ALUMNO/A
    Total horas traballo persoal 97h

    TOTAL HORAS DE TRABALLO DO/A ALUMNO/A 150H


    Recomendacións para o estudo da materia
    -Ter superada as materias Estatística Empresarial I e Matemáticas Empresariais I e II.
    -Traballar na materia a diario para poder aproveitar as clases, tanto para seguir a materia como para expoñer as dúbidas na aula (é moi bo para o conxunto) ou en titorías.
    -Non deixar de facer todo o que se vai propoñendo para traballar.
    -Non aparcar a materia aínda que as avaliacións parciais non sexan positivas, sempre que se estea disposto a seguir traballando.



    Observacións
    Nesta materia avógase moi especialmente por un sistema de avaliación continua no que, de forma continuada, os alumnos vaian adquirindo os coñecementos teóricos e prácticos, así como que sexan capaces de pór en práctica o aprendido realizando análises estatísticas con datos reais. Este obxectivo, ó que contribúen maiormente as actividades de avaliación continua programadas, implica un nivel de dedicación horaria profesor/alumno moi superior ó requirido dende o sistema tradicional (pre-EEES), polo que se o número de alumnos supera de forma significativa o tamaño estándar dos grupos de clase interactiva (20 alumnos/grupo), a aplicación deste sistema de avaliación continua trocaríase máis e máis inviable a medida que o nº de alumnos aumente. Por isto, de ser o caso, as tarefas deseñadas para a avaliación continua (en especial, as prácticas e probas con ordenador, …), así como a súa puntuación, poderían verse reducidos na medida que o tamaño dos grupos faga inviable a aplicación deste sistema.