Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais  »  Información da Materia

G3071225 - Estrutura Económica de España e de Galicia (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 31.00
  • Clase Interactiva Seminario: 17.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Economía Aplicada
  • Áreas: Economía Aplicada
  • Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
López Iglesias, Edelmiro.NON
MURIAS FERNANDEZ, MARIA DEL PILAR.NON
Verdugo Mates, Rosa Maria.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE02OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE03OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE04OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_05OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_06OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_07OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_09OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_10HorariosClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_11HorariosClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_13HorariosClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_14HorariosClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_15HorariosClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS14OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS15OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS16OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS17OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    -Introducir ao alumnado nos aspectos básicos da economía española e da galega, así como proporcionarlle un coñecemento detallado das súas características e trazos definitorios.

    -Proporcionar un marco interpretativo para entender as transformacións que veñen experimentando as economías española e galega nas últimas décadas.

    -Familiarizar ao alumnado coas principais estatísticas e fontes doutro tipo disponíbeis para o estudo da economía española e galega, e inicialo na elaboración das súas propias análises sobre a base desas fontes.

    Para cumprir cos anteriores obxectivos, pártese dos coñecementos xa adquiridos polos alumnos, fundamentalmente nas materias de análise económica e historia económica, e adóptase un enfoque de tipo estrutural que trata de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto de elementos e interdependencias que operan a nivel da economía española e galega e que permiten entender as mudanzas que, de forma acelerada, veñen caracterizando a súa evolución nas últimas décadas.
    Contidos
    1. Evolución recente da economía española. Unha análise de conxunto
    2. As fontes do crecemento económico español
    3. Os elementos estruturais básicos da economía española
    4. A dinámica e estrutura actual da economía galega: unha visión xeral
    5. Cuestións transversais e análises sectoriais sobre a economía galega

    Bibliografía básica e complementaria
    (a) Básica

    GARCÍA DELGADO, J. L.; MYRO, R. (DIRS) (2009): Lecciones de Economía Española. Novena Edición. Thomson-Reuters. Madrid
    MARTÍN MAYORAL, F (ED) (2009): Manual de Economía española. Teoría y estructura. Prentice Hall Pearson. Madrid.
    VALLÉS FERRER, J. (DIR.) (2009): Economía Española. 2ª Edición. McGraw Hill. Madrid.
    FERNÁNDEZ LEICEAGA, X. e LÓPEZ IGLESIAS, E. (2000): Estrutura Económica de Galiza, Ed. Laiovento, Santiago de Compostela.

    (b) Complementaria:

    CARMONA, X e NADAL, J. (2005): El empeño industrial de Galicia: 250 años de historia 1750-2000, Fundación Barrié de la Maza, A Coruña.
    CIEF-FUNDACIÓN CAIXA GALICIA (varios anos): A economía galega. Informe ..., Fundación Caixa Galicia, A Coruña (informes anuais publicados desde 1986).
    GARCÍA DE LA CRUZ, J. M.; RUESGA BENITO, S. M. (COORDS.) (2007): Economía Española. Estructura y regulación. Thomson. Madrid.
    GARCÍA DELGADO, J. L. (DIR) (1999): España, economía: ante el siglo XXI. Espasa-Calpe. Madrid.
    LÓPEZ IGLESIAS, E. e ARES, J.J. (eds.) (2002): Novos escenarios para a economía galega. Actas do II Congreso de Economía de Galicia, Serv. de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela.
    MARTÍN, C. (1998): España en la nueva Europa. Alianza Universidad. Madrid.
    MARTÍN MAYORAL, F. (COORD.) (2009): Manual de Economía Española. Teoría y Estructura. Pearson-Prentice-Hall. Madrid.
    MARTÍNEZ CHACÓN, E. (DIR.) (2002): Economía española. Ariel. Barcelona.
    PÉREZ, F. (DIR.) (2004): La Competitividad de la economía española: inflación, productividad y especialización. La Caixa, Servicio de Estudios. Barcelona.
    PRADA BLANCO, A. e LAGO PEÑAS, S. (2009): Galicia, unha economía europea 1986-2006, Ed. Galaxia, Vigo.
    RALLO ROMERO, A. (COORD.) (2001): Curso de estructura económica española. Pirámide. Madrid.
    TAMAMES, R. (2003): Estructura Económica de España. Alianza Editorial. Madrid.
    VARIOS AUTORES Revista Galega de Economía

    Competencias
    - Coñecer as características estruturais da economía española e galega na actualidade e as súas transformacións ao longo das últimas décadas, adoptando unha perspectiva comparada co resto da Unión Europea e as outras Comunidades Autónomas do Estado.
    - Coñecer e saber empregar as principais fontes estatísticas e as técnicas básicas de análise que permitan afondar e actualizar o coñecemento da estrutura económica española e galega.

    Metodoloxía da ensinanza
    O desenvolvemento da materia estrutúrase ao redor do conxunto de clases presenciais, tanto de carácter expositivo como interactivo.
    Nas clases expositivas o profesor expón os diferentes temas que configuran o programa, así como as cuestións de actualidade que puidesen ir xurdindo en relación cos mesmos.
    Para preparar a parte teórica os alumnos dispoñen dun conxunto de referencias bibliográficas recollidas no programa da materia.
    Nas clases interactivas resólvense cuestións relacionadas coa materia, analízanse e interprétanse datos económicos reais e discútense aspectos relativos aos contidos teóricos.

    Sistema de evaluación
    O sistema de avaliación na oportunidade ordinaria consiste na realización dunha proba final escrita con preguntas tipo test que representará o 80% da nota final do alumno. O restante 20% da cualificación do alumno procederá da realización de controis periódicos que terán lugar durante as clases interactivas. Os alumnos da oportunidade extraordinaria serán cualificados co mesmo sistema.

    Os repetidores serán avaliados dacordo cos criterios da convocatoria na que se examinan, sendo considerados alumnos de nova matrícula a todos os efectos.





    Tempo de estudo e traballo persoal
    (a) traballo presencial na aula:
    - clases de pizarra en grupo grande: 30 horas
    - clases de pizarra en grupo reducido: 15 horas
    - titorías en grupo moi reducido: 10 horas
    - Avaliación grupo: 5 horas
    - TOTAL: 60 horas

    (b) Traballo persoal do alumno:
    - Estudo autónomo individual ou en grupo: 65 horas
    - Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos: 10 horas
    - Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar: 10 horas
    - Preparación de presentacións orais, debates ou similar: 5 horas
    - TOTAL: 90 horas
    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase o seguimento continuado das clases presenciais e da bibliografía básica e complementaria sinalada polos profesores en cada caso.

    Aconséllase, así mesmo, a consulta frecuente das principais fontes estatísticas empregadas e dalgún dos principais xornais económicos (Cinco Días, Expansión, etc), como mecanismos que axuden a fixar o coñecemento impartido nas clases teóricas.

    Por último, aconséllase acudir ás titorías para a resolución de calquera dúbida ou problema que se presente ao longo do curso académico.