G3071227 - Fundamentos de Comercialización (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 17.00
- Clase Interactiva Seminario: 31.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
- Áreas: Comercialización e Investigación de Mercados
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaO programa da materia pretende ofrecerlle ao alumno unha visión xeral do Markéting de forma que o alumno adquira un conxunto de nocións introdutorias básicas. En concreto, preténdese que os alumnos que cursen esta materia cheguen a coñecer e a comprender os seguintes aspectos:
- Conceptos básicos do márketing e de seu contorno que condicionan a súa xestión.
- Coñecemento do mercado, identificación e avaliación dos segmentos e do comportamento de compra.
- Análise do programa de márketing-mix da empresa.
ContidosTEMA 1: XESTIÓN DE MARKETING
1.1. Concepto de marketing
1.2. Xestión das relacións cos clientes
TEMA 2: EMPRESA E ESTRATEXIA DE MARKETING
2.1. Estratexia de marketing e marketing mix
2.2. Xestión de marketing
TEMA 3: ENTORNO DE MARKETING
3.1. Microentorno da empresa
3.2. Macroentorno da empresa
TEMA 4: XESTIÓN DA INFORMACIÓN DE MARKETING
4.1. Información en marketing
4.2. Investigación de mercados
TEMA 5: COMPORTAMENTO DE COMPRA
5.1. Comportamento de compra do consumidor
5.2. Comportamento de compradores industriais
TEMA 6: SEGMENTACIÓN, MERCADO OBXECTIVO E POSICIONAMENTO
6.1. Segmentación de mercado
6.2. Mercado obxectivo e posicionamento
TEMA 7: MARKETING MIX
7.1. Produto e prezo
7.2. Distribución e comunicación
Bibliografía básica e complementariaBásica:
- Armstrong, G.; Kotler, P. Merino, M.J.; Pintado, T.; Juan, J.M. (2011). Introducción al marketing, 3ª ed. Pearson.
Complementaria:
- Kotler, P.; Armstrong, G. (2008). Principios de marketing. Pearson Prentice-Hall
- Casos de dirección de marketing (2005). Coord: González y Alén. Ed. Pearson
- Jobber, D.; Fahy, J. (2007). Fundamentos de marketing. Mc Graw Hill.
- Santesmases, M. (2007). “Marketing. Conceptos y estrategias”. Ed. Pirámide.
CompetenciasSaber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito empresarial, así como comunicar información, ideas, problemas e propostas de solución a cuestións relacionadas coa disciplina.
Valorar a partir dos rexistros relevantes de información a situación e previsible evolución da empresa no ámbito de markerting.
Ser capaz de tomar decisións de política e estratexia comercial baixo criterios de racionalidade: marketing-mix, políticas de prezos, distribución, promoción e política de produto. Concretamente, preténdese que adquiran os seguintes coñecementos:
- conceptos básicos da dirección comercial e da cultura de orientación ao mercado
- importancia da información para a toma de decisións comerciais.
- contorna, da segmentación dos mercados e do consumidor.
- variables de comercialización de produtos de consumo e industriais
Metodoloxía da ensinanza As sesións de aula dedicadas ás clases expositivas terán como obxectivo introducir ao alumno nos contidos dos temas que conforman o programa. Nas sesións interactivas en grupo reducido intentarase que o alumnado aplique os conceptos teóricos. Para iso analizaranse casos prácticos de empresa, comentaranse/debateranse lecturas de textos e artigos así como outras cuestións expostas polo profesorado. Tamén se proporá a realización de traballos para ser expostos en clase. As actividades de traballo persoal do alumnado inclúen, ademais do tempo dedicado ao estudo, a realización das actividades sinaladas polo profesorado.
Sistema de evaluaciónA avaliación desta materia será mediante exames e valoración da participación dos alumnos nas sesións interactivas e realización de traballos:
CONVOCATORIA DE XUÑO
A cualificación da materia será o resultado de sumar as 3 puntuacións seguintes:
- Cualificación obtida no exame de contido teórico final, que contribuirá un 60% á cualificación. O exame final cubrirá todo o programa e incluirá todo o material exposto nas clases.
- Valoración dun traballo realizado en grupo, cuxa elaboración e exposición suporá un 10% da cualificación
- Valoración da participación nas clases prácticas ao longo do curso, que contribuirá un 30% á cualificación. Diversos exercicios, casos e outro material docente será asignado nas clases e será recollido polo profesor/a. Ademais, o profesor/a poderá asignar traballo para realizar fose do aula.
Para aprobar a materia será condición necesaria que o alumno alcance, polo menos, o 50% da puntuación posible no examen (é dicir, deberá puntuar polo menos 3,0 sobre os 6,0 puntos posibles) e que participe, polo menos, no 50% das clases prácticas.
CONVOCATORIA DE XULLO
A cualificación da materia será o resultado da valoración do exame correspondente a esta convocatoria, que constará dunha parte teórica e outra práctica. Para aprobar a materia será condición necesaria que o alumno alcance, polo menos, o 50% da puntuación posible na parte teórica do exame.
Os alumnos que participen polo menos no 50% das clases prácticas e que obtivesen na cualificación correspondente ás clases prácticas e ao traballo realizado na convocatoria de Xuño unha puntuación superior a 2 poderán solicitar ao profesor non realizar a parte práctica do exame. En tal caso, a puntuación correspondente á parte práctica do exame será a lograda na convocatoria de Xuño.
REPETIDORES
O alumno repetidor seguirá o mesmo sistema de avaliación descrito anterioremente, pero aquel que obtivese na parte interactiva (clases prácticas mais traballo) unha puntuación superior a 2 poderá solicitar ao profesor que esta cualificación obtida no curso anterior sexa considerada neste curso académico. So se conservará dita cualificación durante un curso académico adicional ao da súa obtención.
Tempo de estudo e traballo persoalAs clases teóricas complementaranse coa consulta dos libros de texto recomendados polo profesor, así como coa preparación de traballos propostos polo profesor e que serán expostos polo alumno. As clases prácticas enfócanse desde a participación e a discusión, polo que a disposición do alumno neste sentido é de gran relevancia nesta materia. De modo global, a preparación da materia, leva consigo unha dedicación persoal de tres horas semanais (90h).
Recomendacións para o estudo da materiaÉ recomendable complementar as clases coa consulta dos libros de texto recomendados no programa así como coa preparación de traballos propostos. As clases enfócanse desde a participación e a discusión, polo que a boa disposición do alumno neste sentido resulta de gran relevancia. De modo global, a preparación da materia, leva unha dedicación persoal de 90 horas.