G3071228 - Fiscalidade Empresarial I (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 31.00
- Clase Interactiva Seminario: 17.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Economía Aplicada
- Áreas: Economía Aplicada
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaO obxectivo da materia é proporcionar ao estudante os conceptos e instrumentos de Facenda básicos, baseando o programa na explicación do financiamento público de carácter impositivo, coa análise dos elementos básicos do sistema fiscal español e o estudo da imposición directa.
Contidos-Introdución ao sistema tributario español.
- Estrutura económico-xurídico dos tributos.
-Aplicación das normas tributarias.
-Principais conceptos impositivos.
-Evolución histórica do sistema tributario:tendencias actuais de reforma fiscal.
-Imposición directa.
Bibliografía básica e complementaria- ALBI IBÁÑEZ, E. et al., Sistema fiscal español, Barcelona, Ariel Economía, última edición.
- COMÍN COMÍN, F., Historia de la hacienda pública, II, Crítica, Barcelona, 1996.
- Memento práctico Edersa, Francis Lefèvre, Madrid, última edición.
- PÉREZ ROYO, F., Derecho financiero y tributario (parte general), Tomson Civitas, última edición.
- Ruiz-Huerta, J. y Villoria, M. (2010). Gobernanza democratica y fiscalidad. Madrid. Tecnos
Ao longo do curso facilitarase bibliografía complementaria.
Códigos
É imprescindible que o alumno dispoña dun texto que recolla a regulación actualizada dos impostos que van ser obxecto de estudo durante o curso.
CompetenciasO obxectivo da materia é proporcionar ao alumno os coñecementos necesarios para que poida:
- Coñecer os contidos esenciais da tributación directa tanto de residentes como non residentes. incidindo de maneira esencial no fiscalidade empresarial.
- Analizar e comprender cun enfoque práctico a tributación directa, integrando lexislación e xurisprudencia, alternativa para unha planificación fiscal e valorando a incidencia dos impostos directos na eficiencia e na equidade dos contribuíntes.
- Predecir os efectos das reformas fiscais para poder valorar as súas consecuencias e minimizar o custo fiscal.
- Valorar o custo fiscal das distintas alternativas á hora de tomar decisións, para optimizar a tributación.
- Realizar as liquidacións dos impostos directos.
Metodoloxía da ensinanza Para o desenvolvemento do programa da materia conxugámola clase expositiva, que ten como obxetivo a exposición completa, sistemática e ordeada do contido dos temas e epígrafes descritos con anterioridade; xunto coas clases interactivas, nas que se require da participación e traballo do alumno. Tra-las exposición teóricas plantexaremos diferentes exercicios, que se complementarán coas clases prácticas, a realizar algunhas con soporte informático, nas que se pretende consuga-lo uso do sofware, sen perdernos en automatismos, o fundamental é que o alumno aprenda a buscar e manexa-la información relacionada coa asignatura. Para elo requírese que éste sexa usuario de RAI, E e así ter acceso aos equipo informáticos (http://www.rai.usc.es/).Ademáis, os alumnos deberán realizar un traballo, definido nos primeiros días do curso, en grupos de entre dous ou tres estudantes. De esta maneira, evitámo-la "monometodoloxía", e esta combinación axuda a diversifica-las ventaxas e a compensa-los inconvintes de cada técnica empleada de xeito individual.
Sistema de evaluaciónA avaliación dos alumnos poderá realizarse a través de varias probas presenciais durante o cuadrimestre de maneira que os alumnos demostren os coñecementos que van adquirindo. Estas probas serán liberatorias da materia obxecto da mesma. Para ser tidos en conta na cualificación final o alumno debera superar a lo menos o 45 % da cada unha das probas.
De non realizar ningunhas das probas anteriores, ou non habendo superado algunha, o alumno deber facer un exame final, que constara das partes examinadas durante o curso de maneira que os alumnos que non superaran algunha so realicen a parte non superada. Neste exame para aprobar o alumno debera superar a lo menos o 35 % da cada unha das partes.
Os alumnos repetidores que poderán manifestar a súa opción de ir so ao exame final ou aqueles de intercambio que realicen o exame final, nas condicións establecidas no apartado anterior, a nota de este representara o 100 % da cualificación final.
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PRESENCIAL NO AULA_______________________________________Horas
Clases expositivas _______________________________________31
Clases interactivas _____________________________________ 12
Clases con ordenador/laboratorio en grupo reducido________________________ 5
Titorias, outras sesións co profesor e avaliacións __________________________12
Total horas traballo presencial no aula_________________________________ 60
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO______________________________________Horas
Estudo autónomo individual ou en grupo_________________________________55
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos_____________________25
Programación/experimentación ou outros traballos en ordenador/laboratorio__ 5
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar________________ 5
Total horas traballo persoal do alumno _ ______________________________90