Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais  »  Información da Materia

G3071229 - Política Económica (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 17.00
  • Clase Interactiva Seminario: 31.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Economía Aplicada
  • Áreas: Economía Aplicada
  • Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Cao Fernandez, Manuel.SI
DIAZ VAZQUEZ, MARIA DEL ROSARIO.NON
GARCIA MENENDEZ, JOSE RAMON.NON
LAMELAS CASTELLANOS, NELIDA CECILIA.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE02OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE03OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE04OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_05OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_06OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_07OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_09OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_10HorariosClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_11HorariosClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_13HorariosClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_14HorariosClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_15HorariosClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS14OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS15OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS16OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo principal consiste na iniciación ao estudo da Política Económica mediante a introdución de aspectos teóricos básicos e aplicados.

    Para isto, dedicaremos atención prioritaria a analizar as características do deseño e posta en marcha das políticas económicas nas sociedades democráticas. Neste sentido, analizaranse os elementos institucionais, o proceso de elaboración das políticas públicas, os axentes básicos, o proceso de toma de decisións, a influencia da burocracia, a crecente importancia dos grupos de intereses e a influencia da globalización nas políticas económicas.

    Posteriormente, farase referencia á estrutura clásica da política económica, coa análise dos obxectivos e dos principais instrumentos. A introdución de temáticas específicas relacionadas coas políticas económicas aplicadas en Galicia, España e Unión Europea e coa problemática das políticas no contexto global servirán para observar na práctica a utilidade dos desenvolvementos teóricos achegados.

    O obxectivo fundamental desta materia estriba en interesar ao estudante de ADE na análise da Política Económica, materia imprescindible para a mellor comprensión das circunstancias e condicionantes que afectan ás decisións, estratexias, funcionamento e xestión das empresas.



    Contidos

    As liñas temáticas xerais da materia, versará, entre outros, sobre os seguintes aspectos da Política Económica:

    A Empresa e a Política Económica.
    Conceptos básicos.
    Teoría da Política Económica.
    A interdependencia entre política, economía e sistema empresarial.
    A política económica nas sociedades democráticas.
    Obxectivos e instrumentos da política económica.
    O crecemento económico.
    O emplego.
    A estabilidade de prezos.
    Calidade de vida e medioambiente.
    A distribución da renda.
    Políticas instrumentais.
    Políticas sectoriais.
    Análise das políticas públicas.
    Política económica española e europea.
    As políticas das Comunidades Autónomas.
    Política económica internacional: Bloques económicos



    Este listado temático adaptarase ás novas contribucións teóricas e aplicadas, derivadas do contexto evolutivo da política económica actual.


    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica e complementaria

    BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:

    - ARIAS, X. C., La formación de la política económica, Civitas, Madrid, 1996.
    - CAO FERNANDEZ, M., A política económica da Xunta de Galicia, A Nosa Terra, Vigo, 2005.
    - CUADRADO ROURA, J. R. (dir.), Política Económica: Objetivos e instrumentos, McGraw-Hill, Madrid, 2010.
    - FERNÁNDEZ DÍAZ, A; PAREJO GAMIR; J. A. e RODRÍGUEZ SAIZ, L., Politica Económica, McGraw-Hill, Madrid, 2002.
    - FREY, B. S., Para una política económica democrática, Alianza Editorial, Madrid, 1987.
    - GAMIR, L. (coord.), Política Económica de España, Alianza Editorial, Madrid, 2000.
    - GOMÀ, R e SUBIRATS, J., Políticas públicas en España. Contenidos, redes de actores y niveles de gobierno, Ariel, Barcelona, 1998.
    - ROS HOMBRAVELLA, J. e outros, Capitalismo español: de la autarquía a la estabilización (1939-1959), EDICUSA, Madrid, 1978.
    - RUIZ MACIA, J.P.- La via española hacia una economía moderna, Universidad Cardenal Herrera Oria, Elche 2003.
    - SAEZ LOZANO, J.L., Economía y política en democracia, Pirámide, Madrid, 2000
    - VALLES FERRER, J.- Política Económica de España. Ed. Tirant lo Blanc, 2002.

    BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:

    - ACEMOGLU, Daron.- Why nations fail: the originss of power, prosperrty and poverty. Crown Publishers, New York, 2012
    - CASARES RIPOLL, J., El pensamiento en la política económica, ESIC, Madrid, 2002.
    - ERIAS, A. e SÁNCHEZ SANTOS, J. M., Política Monetaria y Política Fiscal, Pirámide, Madrid, 1998.
    - FERNÁNDEZ DÍAZ, A. (dir.), Fundamentos y papel actual de la política económica, Pirámide, Madrid, 1999.
    - GARCÍA MENÉNDEZ, J. R., Política Económia Internacional, Unidixital, USC, Santiago, 2001.
    - KRUGMAN, P.- El retorno de la economía de la depresión y la crisis actual. E. Crítica, Barcelona, 2009
    - LINDBLOM, Ch., El proceso de elaboración de las políticas públicas, MAP, Colección Estudios, Madrid, 1991.
    - OLSON, M., Poder y prosperidad. La superación de las dictaduras comunistas y capitalistas, Siglo XXI, Madrid, 2001.
    - PAPELES DE ECONOMIA ESPAÑOLA.- Crisis y regulación financiera, nº 122, 2009
    - RIFKIN, J., El sueño europeo, Paidós, Barcelona, 2004
    - RODRIK, Dani.- La paradoja de la globalización: la democracia y el futuro de la economía mundial. Antoni Bosch editor, Barcelona, 2012
    - SALA I MARTIN, X.- Pues yo lo veo así: sobre la crisis económica y más. Plaza & Janés Editores, Barcelona, 2010.
    - SEVILLA JIMËNEZ, M. (coord.), Política Económica. Políticas instrumentales y sectoriales, Alicante, 1998.
    - STIGLITZ, J. E.- Caída libre: Estados Unidos, el libre mercado y el hudimiento de la economía mundial, Taurus, Barcelona, 2010.


    Competencias
    -Coñecer a evolución e características da Política Económica como disciplina autónoma.
    -Coñecer os procesos de elaboración da política económica na sociedade global e as súas consecuencias para a empresa.
    -Explicar o funcionamento e características específicas da política económica nas sociedades democráticas.
    -Aplicacións da política económica en contextos espaciais e sectoriais diversos: Unión Europea, Estado Autonómico, Políticas Sectoriais e Instrumentais
    -Elaboración de informes e estudio de casos relacionados coa problemática empresarial.
    -Fomentar a capacidade crítica do estudiante



    Talvez o máis importante sexa a capacidade e a predisposición favorable a traballar unha materia diferente á maioría das que compoñen o Plan de Estudios de ADE. Neste sentido, o interese manifestado na disposición a participar activamente nas clases interactivas ou nas actividades que se propoñan resulta fundamental, acompañado da posesión dun talante aberto imprescindible para captar a riqueza de matices propios dunha materia de ciencias sociais sometida a continuos cambios.
    Metodoloxía da ensinanza
    O enfoque da asignatura tratará de combinar aspectos teóricos e de tipo práctico intentando acadar a complicidade do estudiante mediante a súa participación activa no proceso de aprendizaxe. As sesións presenciais están orientadas á introdución de contidos e a proporcionar información bibliográfica para o traballo persoal e a realización de informes breves sobre as medidas de política económica e a súa relación coa actividade empresarial.

    Segundo a oportunidade e conveniencia do desenvolvemento do curso faráse especial referencia ás propostas e medidas de política económica que se vaian implementando no ámbito autonómico, estatal, europeo e internacional. O proceso de integración económica europea e as dinámicas derivadas da globalización e interdependencia das principais decisións políticas, económicas e empresariais poderá visualizarse nas actividades realizadas polos gobernos autonómicos, estatais e europeos.

    As actividades non presenciais debidamente tutorizadas contribuirán ao aprendizaxe autónomo do estudiante mediante o fomento da iniciativa individual, o traballo en equipo e a responsabilidade de elaborar e expoñer oralmente traballos e informes breves




    Sistema de evaluación
    En relación ás actividades presenciais valoraráse a asistencia e participación activa en clase, a disposición a realizar os comentarios individuais e/ou colectivos recomendados e o aproveitamento manifestado no nivel científico das intervencións e tarefas realizadas. Respecto das actividades non presenciais, teráse en conta a calidade dos comentarios escritos, a claridade e nivel expositivo, a iniciativa individual e a capacidade crítica e de innovación. Valoraráse especialmente a constancia e capacidade de superación do estudiante. A avaliación continua representará o 30 por cento da calificación final. Por outra parte, realizaránse as probas escritas que correspondan segundo as datas e condicións que dispoña o calendario oficial. Tales probas proporcionan unha certa igualdade de oportunidades para todos os estudiantes matriculados e servirán para coñecer o dominio comprensivo básico de conceptos, teorías e aplicacións e non tanto a súa capacidade memorística. A proba escrita representará o 70 por ciento da calificación final.


    No caso de que se propoña, polo profesorado, a realización de traballos monográficos de curso, a avaliación continua (asistencia, participación en clases e seminarios..) será do 30%, a proba escrita final será do 50% y eo traballo monográfico representará o 20% da calificación global.É requisito indispensable superar a proba escrita para que as outras actividades sexan valoradas. Neste caso, a evaluación do alumnado repetidor será a do examen escrito.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    TRABALLO PRESENCIAL NA AULA (TOTAL: 60 horas)

    - Clases de pizarra en grupo grande: 17 horas
    - Outras sesións en clase co profesor (Exposición de traballos, Debates, Conferencias, Mesas redondas): 31 horas
    - Tutorías

    TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO (TOTAL: 90 HORAS)

    - Estudio autónomo individual ou en grupo: 50 horas
    - Escritura de exercicios, conclusións e outros traballos: 15 horas
    - Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar: 15 horas
    - Outras actividades (Preparación de presentacións orais ou debates, Asistencia a charlas, exposicións ou outras actividades recomendadas): 10 horas
    Recomendacións para o estudo da materia
    Recomendacións previas: Coñecementos básicos de análisis económico, matemáticas, estrutura económica, dereito, historia económica e estatística.

    Recomendacións para o estudio da asignatura

    1.- Asistencia continuada ás clases presenciais para poder seguir adecuadamente os contidos que se van introducindo e facilitar unha mellor aprendizaxe, materializada nun superior rendemento académico.

    2.- Participación activa individual ou colectiva mediante intervencións na clase, realización dos traballos propostos, intervención en debates sobre temas de actualidade relativos á elaboración e implementación de proxectos e medidas de política económica, etc.

    3.- Manter un ritmo de traballo regular no seguimento da materia, levar ao día as notas de clase e completar a propia formación co manexo de información bibliográfica. A constancia na asistencia e a regularidade na preparación de contidos garante a obtención dun nivel suficiente para superar sen dificultade esta materia.