Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais  »  Información da Materia

G3071321 - Contabilidade Financeira II (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
  • Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
  • Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
CANTORNA AGRA, SARA.SI
VIVEL BUA, MARIA MILAGROS.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE02OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE03OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_05OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_06OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_07OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_09OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_10OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_11OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS14OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS15OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS16OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS17OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS18OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS19OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS20OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS21OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS22OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS23OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS24OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS25OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS26OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS27OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Coñecer, comprender e aplicar a lexislación mercantil básica necesaria para a contabilización de determinadas operacións societarias, como: constitución de sociedades, ampliación e redución de capital, emisión de empréstitos, operacións relacionadas coa disolución, transformación, fusión e escisión de sociedades así como situacións concursais.
    Contidos
    1.- Constitución de sociedades.
    2.- Modificacións na cifra de capital: ampliación e redución.
    3.- Empréstitos.
    4.- Disolución, liquidación e situacións concursais.
    5.- Transformación, fusión e escisión.

    Bibliografía básica e complementaria
    Básica:
    BESTEIRO VARELA, M.A. (2012): Contabilidad de Sociedades. Editorial Pirámide.
    ROMANO APARICIO, J. (2010): Contabilidad de Sociedades (casos prácticos). Ediciones CEF (6ª edición).



    Complementaria:
    CANTORNA AGRA, S; MASIDE SANFIZ, J.M; VIDAL LOPO, R. Y ALVAREZ DOMINGUEZ, Mª A. (2012): Contabilidad financiera. Casos prácticos resueltos y comentados. Andavira editora. 2ª versión revisada.
    MASIDE SANFIZ, J.M; CANTORNA AGRA, S; VIDAL LOPO, R. Y ALVAREZ DOMINGUEZ, Mª A. (2013): Contabilidad financiera. Teoría y práctica del Plan general de Contabilidad. Andavira editora.
    PLAN GENERAL DE CONTABILIDAD, R.D. 1514/2007 de 16 de noviembre, BOE 20-11-2007
    PROYECTO DE LEY DE REFORMA DE LA LEY CONCURSAL (Consejo de Ministros 18-3-2011), continuación do Real Decreto-Ley 3/2009, de 27 de marzo, de MEDIDAS URGENTES EN MATERIA TRIBUTARIA, FINANCIERA Y CONCURSAL.
    TEXTO REFUNDIDO DE LA LEY DE SOCIEDADES DE CAPITAL, Real Decreto Ley 1/2010 de 2 de julio
    FERNÁNDEZ GONZÁLEZ, F. y ÁLVAREZ CARRIAZO, J. (2010): Contabilidad de Sociedades (adaptada al nuevo PGC) (3ª edición), Ed. Cef, Madrid.
    TORVISCO MANCHÓN, B. y OLÍAS DE LIMA Y HERAS, R. (2010): Fundamentos de contabilidad de sociedades, Ed. Pirámide, Madrid.
    LEY 3/2009 del 3 de abril sobre modificaciones estruturales de las sociedades mercantiles.


    Competencias
    Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
    -Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito empresarial, incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes sobre a súa dimensión social, científica ou ética.
    -Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
    -Derivar dos datos información relevante difícil de recoñecer por non profesionais.

    Competencias específicas da materia:
    -Coñecer, comprender e aplicar a lexislación mercantil básica necesaria para a contabilización de determinadas operacións societarias, como: constitución de sociedades, ampliación e redución de capital, emisión de empréstitos, operacións relacionadas coa disolución, transformación, fusión e escisión de sociedades así como situacións concursais.

    Metodoloxía da ensinanza
    Dada a situación da materia no terceiro curso da titulación e as características da mesma préstase especial atención ás actividades presenciais. As sesións de aula teñen como obxecto a introdución e explicación dos aspectos básicos de cada tema contido no programa, proporcionando ao alumno a información básica necesaria que permita un adecuado desenvolvemento do proceso do aprendizaxe autónoma.
    Tralas exposicións de cada un dos temas, expoñemos diferentes actividades, que deberán resolverse nalgúns casos de forma individual e noutros en grupos reducidos, nas que se tratará de fomentar a cooperación e o traballo en equipo. As actividades propostas pódense agrupar da seguinte forma:
    - Procura e lectura de información para a elaboración de pequenos traballos escritos ou resolución de cuestións teóricas relacionadas coa materia.
    - Comentario e debate de noticias de prensa sobre cuestións relacionadas coa materia.
    - Resolución de exercicios e casos prácticos.
    Estas actividades compleméntanse co traballo persoal que o alumno deberá dedicar a cada unha delas: procura de material bibliográfico, lectura do devandito material, elaboración de informes, e traballo autónomo que será guiado polo profesor nas horas destinadas a titorías. Ademais tamén se fai unha estimación sobre o tempo necesario para a asimilación dos contidos da materia.
    Todo o material de apoio á docencia, calendario, probas…etc. atópase na aula virtual da asignatura da USC.

    Sistema de evaluación
    Considérase moi importante a participación activa e continua nas actividades propostas durante o curso xa que, ademais de que a realización adecuada das mesmas é considerada na cualificación final, permitirá ao alumno alcanzar os obxectivos da materia. Desta forma, os alumnos teñen á súa disposición dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación baseada nun único exame teórico-práctico.

    1. SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA. A continuación sinálanse os aspectos que se terán en consideración para a avaliación da materia, diferenciando os criterios e os instrumentos para o seu cálculo, así como o peso que terán na cualificación final:
    ASPECTO: Conceptos estudados na materia.
    CRITERIO: Dominio dos conceptos teóricos e da súa aplicación práctica.
    INSTRUMENTO: Exame teórico-práctico nas convocatorias oficialmente establecidas.
    PESO: Valor máximo 70%

    ASPECTO: Asistencia e participación na clase. Realización de traballos e resolución de exercicios e probas.
    CRITERIO: Participación activa nas actividades realizadas na clase. Entrega de documento escrito no que se resolva a actividade proposta. Cumprimento dos prazos de entrega de traballos e probas establecidos. Adecuación do traballo á proposta realizada. Grado de profundidade con que se analizou e calidade da documentación. Estrutura e presentación. Cualificación das probas realizadas ao longo do curso, a condición de que alcancen unha puntuación mínima do 50% do valor da mesma.
    INSTRUMENTO: Observación e notas do profesor. Valoración dos traballos, exercicios e probas realizados durante o curso.
    PESO: Valor máximo 30%

    Sumando ambos conceptos, o alumno deberá obter para superar a materia un mínimo de 5 puntos sobre 10. Si só ten a cualificación correspondente ao exame teórico-práctico, para superar a materia deberá obter 5 sobre 7. En calquera caso, para os alumnos que sigan a avaliación continua, a nota mínima para poder superar o exame teórico-práctico será de 3.5 sobre 7, é dicir, un mínimo de 1.75 sobre 3.5 na parte teórica e outro mínimo de 1.75 sobre 3.5 na parte práctica.
    Estes criterios de valoración son os mesmos en cada unha das oportunidades de exame (xaneiro, xuño/xullo) e tanto para alumnos de primeira matrícula como repetidores.

    2. SISTEMA DE AVALIACIÓN BASEADO NUN ÚNICO EXAME TEÓRICO-PRÁCTICO. A cualificación determínase mediante un exame teórico-práctico realizado nalgunha das convocatorias legalmente establecidas, cunha valoración máxima de 10 puntos. Os alumnos que utilicen este sistema non poderán realizar ningunha das actividades e probas do sistema de avaliación continua. O alumno deberá obter para superar a materia unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10, é dicir, un mínimo de 2.5 sobre 5 na parte teórica e outro mínimo de 2.5 sobre 5 na parte práctica. Para acollerse a este sistema o alumnado deberá solicitalo expresamente por escrito ao profesor responsable do seu grupo interactivo antes do 11/outubro/2013, utilizando o formulario dispoñible no campus virtual da materia.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Actividades formativas en horas, metodoloxías de ensino-aprendizaxe e a súa relación coas competencias que debe adquirir o/a estudante:

    TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
    Aulas de pizarra en grupo grande 15h
    Aulas de pizarra en grupo reducido 15h
    Titorías 10h
    Outras sesións con profesor. Avaliación 5h
    Total horas traballo presencial na aula: 45h

    TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO
    Estudo autónomo individual ou en grupo 41.5h
    Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos relacionados coa materia 20h
    Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar 4h
    Asistencia a charlas, exposicións ou outras actividades recomendadas 2h
    Total horas traballo persoal do alumno 67.5h

    Recomendacións para o estudo da materia
    Coñecer e entender os coñecementos recibidos nas materias “Introdución á Contabilidade” (Primeiro curso) e "Contabilidade Financeira I" (segundo curso), así como posuír coñecementos de dereito mercantil e economía financeira.
    Asistencia e participación activa na aula e titorías.
    Estudo continuado da materia dada a estreita ligazón entre os seus distintos contidos.
    Consulta das referencias bibliográficas e resolución de casos prácticos alternativos aos resoltos na clase.
    Consulta da aula virtual da asignatura da USC.