G3071322 - Estados Contables (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 2.25
- Total: 38.25
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
- Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaPreténdese que o alumno comprenda os obxectivos e as características dos distintos tipos de documentos que a empresa utiliza para proporcionar información a terceiros, que comprenda, asímesmo, os problemas asociados ca súa elaboración e coñeza e saiba aplicar as normas nacionais e internacionais que regulan os contidos e a forma de presentación dos estados financeiros individuais e consolidados.
ContidosA comunicación de información empresarial. A regulación da información financeira.
O Balance: obxectivos e características. Compoñentes: Activo, Pasivo e Patrimonio
O Estado de Perdidas e Ganancias: Obxectivos e características.Compoñentes: Ingresos e Gastos. Clasificación de Resultados: Actividades continuadas e actividades descontinuadas.
O Estado de Cambios do Patrimonio: Obxectivos. Ingresos e gastos recoñecidos directamente no Patrimonio neto. O Estado do Ingresos e Gastos Recoñecidas. Estado de cambios no Patrimonio.
O Estado do Fluxo de Efectivo: Obxectivos. O concepto de tesorería. Compoñentes: os fluxos de explotación, investimento e financiamento. Métodos directo e indirecto.
Memoria e outros informes narrativos: Obxectivos e contido principal da Memoria. O Informe de Xestión. O Informe de Auditoría.
Outras informacións: Información por segmentos. Informes intermedios. Informes sociais e medioambientais.
A información consolidada: A obriga de consolidar. Concepto de grupo e outras formas de vinculación. Métodos de consolidación. Os Estados financeiros consolidados.
Bibliografía básica e complementariaBásica:
ALVAREZ MELCÓN, S. Y CORONA ROMERO, E (2011): Estados financieros consolidados. Ed. Pirámide
ARCHEL DOMENCH, P Y OTROS ( 2010):Estados contables: Elaboración, Análisis e Interpretación. Ed.Pirámide.
CARRASCO GALLEGO, A Y OTROS (2009): Estados Financieros. Teoría y casos prácticos. Ed.Pirámide.
RIVERO TORRE, P. (2009): Análisis de Balances y Estados complementarios. Ed. Pirámide.
Complementaria:
Facilitaranse as referencias na aula e a través do campus virtual para aqueles temas nos que se considere necesario.
CompetenciasCompetencias da titulación ás que contribúe a materia:
• A capacidade de comunicar información, ideas, problemas e solucións propostas as cuestións de índole empresarial a un público especializado e non especialista, empregando tanto a linguaxe verbal e escrita e os medios e técnicas de representación e presentación de datos que se utilizan na disciplina
• Fundamentos de Contabilidade
• Inferir dos datos información relavante imposible de recoñecer por non-profesionais
Competencias específicas da materia:
• Capacidade de comunicar os resultados do proceso contable a través de estados contables e informes narrativos
• Entender os factores que explican a elección de políticas contables e os seus efectos sobre os estados financeiros
• Comprender as relacións entre os diferentes estados contables
• Comprender os principais aspectos da contabilidade dos grupos.
Metodoloxía da ensinanza As sesións en aula dedicada a clases expositivas teñen por obxectivo introducir e explicar os conceptos básicos de cada tema do programa. O alumno terá con tempo previo, o material audiovisual que se use na exposición.
Proporcionarase a información necesaria para permitir o desenvolvemento axeitado do proceso de aprendizaxe autónomo.
Unha parte importante da actividade presencial dedicarase á resolución na aula de diferentes casos e exercicios, á discusión de solucións doutros exercicios propostos para resolver na casa e ó debate ou discusión técnica sobre cuestións diversas.
Previamente os alumnos terán os enunciados dos problemas a resolver e a información necesaria para a preparacion das cuestións a discutir.
O material para a preparación da asignatura ou as referencias ao mesmo estarán dispoñibles para os estudantes na páxina web do curso, que tamén será usada como un medio adicional de comunicación cos alumnos.
Sistema de evaluaciónA avaliación da materia lévase a cabo a través de dúas actuacións: avaliación continua e proba teórico-práctica final.
A avaliación continua terá un peso do 30% na cualificación e consistirá:
-Na realización de 2-3 probas na aula, individuais ou en grupo, cuxo contido e data de realización comunicarase con antelación aos alumnos. Cada unha destas probas terá un peso comprendido entre un mínimo de 0,5 e máximo de 0.75 puntos na nota final.
-Na participación activa en clase, que na nota final do alumno será valorada como máximo en 1,5 puntos. (A asistencia a clase non será valorada por si mesma)
A proba teórica-práctica final na que se avaliará o dominio dos conceptos teóricos adquiridos así como a súa aplicación a casos prácticos, terá un peso de ata 7 puntos na nota final. O alumno deberá acadar nesta proba un mínimo de 2,8 para que a calificación obtida se engada á correspondente á avaliación continua. Para aprobar a materia a suma deber ser 5 ou superior.
Esta forma de avaliación é única para as convocatorias ordinaria e extraordinaria. Para tal efecto, a cualificación correspondente á avaliación continua ao longo do curso académico considerarase en ámbalas dúas convocatorias.
O sistema de avaliación é único para os alumnos de primeira e posteriores matrículas.
Tempo de estudo e traballo persoalTraballo presencial na clase:
-Clases de pizarra, en grupo grande 18
-Clases de pizarra, en grupo reducido18
-Tutorias en pequenos grupos ou individualizada 4
-Outras sesións con profesor: Examens e revisión 5
Total de horas de traballo presencial na aula 45
Traballo non presencial
-Estudo autónomo individual e en grupo 35
-Preparación traballo en grupo, elaboración de conclusións, redacción final. 10
-Lecturas recomendadas ou actividades similares 8
-Preparación de exercicios, discusións ou semellantes 12
-Participación nas conferencias, exposicións e outras actividades recomendadas 2,5
Total de horas de traballo persoal do alumno 67,5
Recomendacións para o estudo da materiaConsidérase necesario
-A revisión dos coñecementos adquiridos nas materias contables previas, en particular de Contabilidade Financeira.
-A preparación das sesións na aula, a través da lectura do material teórico e a resolución previa dos exercicios propostos.
-A participación na clase e a discusión de dúbidas na aula e horas de titoría.