G3071324 - Socioloxía Económica (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 23.00
- Clase Interactiva Seminario: 13.25
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 38.25
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Socioloxía
- Áreas: Socioloxía
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia A Socioloxía Económica analiza a vida económica coas teorías, conceptos e métodos sociolóxicos, descubrindo que as estruturas económicas e os procesos son tamén estruturas e procesos sociais.
O proposito do curso é presentar aos alumnos o campo da Socioloxía Económica, famliarizalos coa literatura clásica e contemporánea. A Socioloxía económica, na que destacan os clásicos da Socioloxía (Marx, Weber, Durkheim e Simmel, entre outros) e da Economía (Veblen, Commons, Schumpeter), coñeceu nos últimos anos un importante desenvolvemento. A Socioloxía económica está preocupada en analizar os fundamentos da vida económica desde unha perspectiva sociolóxica e abertamente interdisciplinar. Sostén cómo os fenómenos económicos e o comportamento dos actores (individuos, familias, empresas e organizacións), empotranse na cultura, na estrutura social e nas redes sociais e de poder. O estudo sociolóxico da vida económica, incluíe, entre outros temas, a análise das formas de regulación social da innovación e da produción de coñecemento, a organización da produción, o mercado e as redes de cooperación interempresarial, o espazo de cualificación e mobilidade profesional, e finalmente o espazo de consumo.
O curso ofrece aos alumnos de ADE as Teorias mais avanzados e os conceptos sociolóxicos para a análise da vida económica e en particular para comprension das empresas e as organizacións, os mercados e outras institucións que contribúen á regulación da economía e a empresa
ContidosContido: Obxecto e Método da Socioloxía Económica. A incrustación da economía e as empresas na sociedade. A estrutura social e a cultura na economía e na empresa. O Poder, a política e os grupos de interese. As institucións sociais e a regulación da economía. A ciencia, a tecnoloxía e a innovación. A coordinación e o control nas organizacións: análise comparativa. Os mercados como construcións sociais e institucionais. A formación de redes. A profesión, a educación e os sistemas de traballo. A estratificación social, a mobilidade e o mercado de traballo. A socioloxía dos mercados. Os procesos de consumo, estilos de vida e ocio. A sociedade en rede e a economía do coñecemento. As formas de comunicación e a sociedade global.
Bibliografía básica e complementariaUtilizaranse como textos de orientación as seguintes obras:
-Castells, M., La Era de la Información. Economía, sociedad y cultura, Vol. 1, La Sociedad Red, Alianza Editorial, Madrid, 2000
-Fernández Enguita, M., Economía y Sociología. Para un análisis sociológico de la realidad económica. Ed. Centro de Investigaciones Sociológicas, Madrid, 1998.
-Granovetter, M., Acción económica y estructura social: el problema de la incrustación, en Requena Santos, F., Análisis de redes sociales, Centro de Investigaciones Sociológicas, Madrid, 2003.
-Herranz, R. Los Fundamentos de la Nueva Sociología Económica y la Sociología de las Organizaciones en Páez,T.(coord.) Sociología de las Organizaciones, Ceatpro, Caracas, 2003.
-Herranz, R. La Sociología de los Mercados Internos de Trabajo, Madrid, CES, 2007
-Herranz, R. George Simmel y la Sociología Económica: el mercado, las formas sociales y el análisis estratégico, PAPERS, Revista de Sociología, nº 87, 2008
-Sayer, A., y Walker, R., La Nueva Economía Social. Reelaboración de la División del trabajo. Ministerio de trabajo y seguridad social, Madrid, 1994.
CompetenciasCompetencias do grao na que materia contribue:
- Coñecer e comprender a empresa a partires do punto de vista histórico, social e institucional.
- Dispoñer do coñecemento que define a Administración e Dirección como disciplina científica, incluíndo as súas teorías, historia, métodos, técnicas e áreas de aplicación, a un nivel avanzado na literatura e que inclúe aqueles aspectos mais relevantes e que están na vangarda do coñecemento neste campo.
- Posuír coñecementos xerais e habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar estudando e realizar estudos especializados en diversas áreas de negocio e áreas afíns cun alto grao de autonomía.
- Comunicarse con fluidez no seu ambente e traballo en equipo.
Competencias específicos da materia
- Entender como se insere a actividade económica e empresarial na sociedade, é dicir, na estrutura social, na cultura, nas institucións e nas relacións de poder.
- Aprender a interpretar correctamente a linguaxe sociolóxica utilizada na análise de diferentes áreas e institucións relevantes para as empresas e organizacións.
- Comprender as diversas formas de coordinación e control nas organizacións e o papel das redes sociais na vida económica.
-Saber definir as dimensións máis importantes das estruturas e dos cambios sociais que afectan a construción dos mercados e das organizacións.
- Desenvolvemento de competencias no análise da documentación socioeconómica.
Recomendacións previas: Economía Básica, Business Economics e Métodos Estatísticos.
Metodoloxía da ensinanza Relacios das actividades / responsabilidades: nas clases expositivas se explican e aclaran as teorías, modelos, linguaxe, conceptos e métodos fundamentais da Socioloxía económica, a súa aplicación para a empresa eo seu contorno, e ofrecendo aos estudantes os recursos e a orientación necesaria para fomentar o aprendizaxe autonomo A participación dos alumnos realizarase principalmente pero non exclusivamente, en clases con grupos pequenos e interactivos a través da realización de conferencias, discusión de textos e busca e interpretación de datos. Nas clases interactivas se fometará a capacidade de traballar como un equipo.
O longo do curso realizaranse probas de evaluación orientadas a comprobar o desenvovemento dos coñocementos. Deste xeito preténdese orientalos na adquisición dos coñecementos siñalados e no desenvolvemento das capacidades de autoaprendizaxe e de traballo en equipa.
Sistema de evaluaciónSistema de avaliación para a adquisición de competencias: avaliación serrá de natureza continua durante todo o curso e completada cun exame final. No proceso de avaliación continua será considerado o cumprimento das metas establecidas para cada sesión (como unha lectura obrigatoria, investigación e interpretación de datos e resolución de problemas), a súa participación e a súa capacidade de argumentar publicamente e a estrutura, calidade e orixinalidade do seu traballo e achegas. A avaliación continua das clases interactivas terá un peso máximo do 30% A proba final vai pesar ata 70% na cualificación. No exame final debe demostrar o dominio dos temas explicados e dar conta das as actividades realizadas durante todo o curso.
Tempo de estudo e traballo persoalCerca de 40 horas de estudo independente e 27 para a realización de lecturas, comentarios, textos e interpretación de datos.
Recomendacións para o estudo da materiaAsistencia regular ás clases, lecturas e facer as tarefas definidas