G3071326 - Dirección Comercial (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 17.00
- Clase Interactiva Seminario: 31.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
- Áreas: Comercialización e Investigación de Mercados
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaOs obxectivos do curso sobre "Dirección Comercial" pódense especificar do seguinte xeito:
1. Os alumnos adquiran coñecementos e habilidades para analizar as condicións dos mercados.
2. Os alumnos adquiran coñecementos e habilidades na toma de decisións respecto das variables a disposición dos executivos de empresas para acadar os obxectivos de marketing a curto e longo prazo.
3. Os alumnos asuman un enfoque proactivo.
4. Os alumnos desenvolvan habilidades de traballo en equipo, liderazgo e negociación.
5. Os alumnos desenvolvan habilidades de argumentación e presentación.
ContidosCapítulo 1. A contribución do marketing aos obxectivos da empresa
Capítulo 2. Estratexias competitivas
Capítulo 3. Estratexia de produto e servizo
Capítulo 4. Estratexia de marca
Capítulo 5. Estratexia de desenvolvemento de novos produtos e ciclo de vida do produto
Capítulo 6. Os prezos: captar o valor do cliente (I)
Capítulo 7. Os prezos: captar o valor do cliente (II)
Capítulo 8. Canais de distribución e xestión da cadea de subministro
Capítulo 9. Venda polo miúdo e ao por maior
Capítulo 10. Xestión da comunicación: publicidade
Capítulo 11. Xestión da comunicación: marketing directo, promoción de vendas e patrocinio
Capítulo 12. Xestión da comunicación: venda persoal (I)
Capítulo 13. Xestión da comunicación: venda persoal (II)
Capítulo 14. Marketing na era dixital
Capítulo 15. Ética, responsabilidade social e desenvolvemento sostible
Bibliografía básica e complementariaBÁSICA:
ARMSTRONG, G.; KOTLER, P.; MERINO, M.J.; PINTADO, T.; JUAN, J.M. (2011) "Introducción al Marketing. 3ª Edición”. Pearson Educación
Material correspondente ás presentacións realizadas na aula.
COMPLEMENTARIA:
ESTEBAN, A. et al. (2008) - “Principios de Marketing” Ed. ESIC.
KERIN, R.; HARTLEY, S.; RUDELIUS, W. (2007) “Marketing. Core” McGraw-Hill Interamericana.
KOTLER, P.; ARMSTRONG, G. (2007) "Principios de Marketing". Pearson Educación
KOTLER, P.; CÁMARA, D.; GRANDE, I.; CRUZ, I. (2005) "Dirección de Marketing", 12ª ed. Prentice-Hall.
LAMBIN, J. (2003) - “Marketing estratégico” Ed. ESIC.
MUNUERA, J.; RODRIGUEZ, A. (2007) - “Estrategias de Marketing” Ed. ESIC.
SAINZ DE VICUÑA J.M. (2002) "El plan de marketing en la práctica, 7ª edición" Ed. ESIC.
SANTESMASES, M.; MERINO, M.J. (2009) -"Fundamentos de Marketing” Ed. Pirámide.
STANTON, W.; ETZEL, M.; WALKER, B. (2007) “Fundamentos de Marketing” McGraw-Hill Interamericana.
VAZQUEZ, R.; TRESPALACIOS, J.; AGUDO, A. (2005) - “Marketing: Estrategias y aplicaciones sectoriales” Ed. Cívitas.
CompetenciasXERAIS
- Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestión relacionadas co ámbito empresarial, incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes sobre a súa dimensión social, científica ou ética.
- Saber comunicar información, ideas, problemas e propostas de solución a cuestións de índole empresarial tanto a un público especializado como non especializado, facendo uso tanto da linguaxe verbal e escrita coma dos medios e técnicas de representación de relacións e presentación de datos que se empregan na disciplina.
- Redactar proxectos de xestión global ou de áreas funcionais da empresa.
- Valorar a partir dos rexistros relevantes de información a situación e previsible evolución dunha empresa.
- Decisións de política e estratexia comercial: “marketing mix”, políticas de prezos, distribución, promoción e política de produto.
ESPECÍFICAS
- Coñecemento dos comportamentos das empresas orientadas ao mercado.
- Coñecemento da importancia e características do marketing relacional.
- Coñecemento do proceso a seguir para recoller e tratar información relevante para a toma de decisións comerciais.
- Capacidade para seleccionar públicos obxectivo.
- Coñecemento das decisións sobre o produto.
- Coñecemento das decisións sobre distribución.
- Coñecemento das decisións sobre prezo.
- Coñecemento das decisións sobre comunicación promocional.
- Elaboración dun plano de marketing.
Metodoloxía da ensinanza O desenvolvemento das clases seguirá este estándar: sesións teóricas seguidas de discusión e sesións prácticas. As sesións teóricas desenvolverán o programa do curso.
É desexable que os alumnos lean o tema antes da clase para que na clase poida comentar as dúbidas que tal lectura puidera xerar. Entón, estableceranse sesións específicas para discutir e debater ideas sobre os conceptos, procesos e métodos expostos.
Nas clases prácticas discutiranse casos de empresas que se refiran a problemas de marketing das organizacións.
Sistema de evaluaciónA avaliación desta materia será mediante exames e valoración da participación dos alumnos nos debates sobre o contido teórico e nas prácticas.
1ª EDICIÓN ORDINARIA (CONVOCATORIA DE XANEIRO)
A cualificación da materia será o resultado de sumar as 3 puntuacións seguintes:
- cualificación obtida no exame de contido teórico final, que contribuirá un 40% á cualificación final. O exame final cubrirá todo o programa e incluirá todo o material cuberto pola bibliografía básica, é dicir, o texto básico e o material exposto nas clases e contido nas lecturas indicadas.
- cualificación da participación do alumno nas sesións expositivas, que contribuirá un 20% á cualificación final.
- cualificación da participación nas clases interactivas ao longo do curso, que contribuirá un 40% á cualificación final. Varios exercicios, estudos de casos e outros materiais de ensino serán asignados na clase e serán recollido polo profesor / a. Ademais, o profesor / a poderá asignar traballos a facer fóra da clase.
Para aprobar a materia será condición necesaria que o alumno alcance, polo menos, o 50% da puntuación posible nos exames teóricos. É dicir, deberá puntuar polo menos 3,0 sobre os 6,0 puntos posibles resultantes de sumar a nota do exame final e a puntuación obtida nos controis realizados nas clases teóricas.
Cando o alumno non acade a puntuación teórica mínima necesaria para aprobar, será cualificado coa cualificación obtida só pola participación nas clases interactivas e, no seu caso, polo traballo realizado.
A verificación polo profesorado da existencia de plaxio no traballo entregado por un/s alumno/s suporá para o/s mesmo/s a cualificación de “Suspenso”.
2ª EDICIÓN ORDINARIA (CONVOCATORIA DE XULLO)
A cualificación da materia será o resultado da valoración do exame correspondente a esta convocatoria, que constará dunha parte teórica e outra práctica. A parte teórica puntuará sobre 6,0 e a práctica sobre 4,0.
A puntuación na parte práctica será a correspondente a unha das dúas opcións seguintes:
- Alumnos que non participaron nas clases interactivas ao longo do curso: cualificación obtida no exame, puntuada sobre un total de 4,0 puntos.
- Alumnos que participaron nas clases interactivas ao longo do curso: cualificación obtida no exame, puntuada sobre un total de 4,0 puntos ou, alternativamente, estes alumnos poderán solicitar ao profesor/a non realizar a parte práctica. Neste caso, a puntuación correspondente á parte práctica do exame será a acadada na convocatoria de Xaneiro pola súa participación nas clases interactivas e mais pola realización, no seu caso, do traballo.
Para aprobar a materia será condición necesaria que o alumno teña, polo menos, o 50% da puntuación posible na parte teórica (é dicir, deberá puntuar polo menos 3,0 sobre os 6,0 puntos posibles).
Tempo de estudo e traballo persoalO tempo recomendado para superar a materia é o seguinte:
- Horas de traballo presencial na aula (expositivas, interactivas, titorías e exame): 60.
- Horas de traballo autónomo (estudio autónomo e preparación das actividades): 90
Deste xeito, as actividades implicadas na aprendizaxe, desenvolvemento e estudio da materia durante o curso, así como das diferentes probas de avaliación, implican un total de 150 horas de adicación por parte do/a alumno/a.
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase que os alumnos traballen de modo continuado sobre a materia ao longo de todo o curso, leven ao día os conceptos teóricos e se impliquen no debate dos temas e dos casos.
Tamén se recomenda participar no traballo correspondente a unha situación que semella a realidade, xa que permitirá familiarizarse coa análise das situacións empresariais e a toma de decisións. Ademais, resulta conveniente a comunicación co profesor a través das titorías persoais.
Máis especificamente recomendase:
- Antes de cada clase teórica, ler e preparar o tema que será presentado e debatido nela, utilizando o manual básico da materia, xa que na aula non se explicarán os conceptos que, na opinión do profesor/a, teñan unha exposición clara no texto básico.
- Despois das clases teóricas afondar nos conceptos expostos a través de material complementario.
- Antes de cada clase práctica, ler o caso práctico proposto e relacionalo cos contidos teóricos relevantes.
- Utilizar o horario establecido de titoría para realizar consultas aos profesores encargados da materia.
ObservaciónsComportamento en clase
Este é un curso de dirección de empresas que se debe realizar de xeito profesional. Non se permitirá aos alumnos chegar tarde ou saír cedo, ler o periódico ou realizar tarefas doutras materias mentres estean na aula. Os alumnos non deben conversar na aula sobre temas alleos á materia; todos os alumnos deben poder escoitar o que está dicindo o/a profesor/a.
Os alumnos deben apagar os teléfonos móbiles ao entrar na clase. Todos os iPod ™ e outros dispositivos semellantes deben estar apagados e gardados.