Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais  »  Información da Materia

G3071327 - Análise de Estados Financeiros (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
  • Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
  • Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Babío Arcay, Mª Rosario.SI
SUAREZ FERNANDEZ, OSCAR.NON
Vidal Lopo, M Del Rosario.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE02OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE03OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_05OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_06OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_07OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_09OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_10OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_11HorariosClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS14OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS15OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS16OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS17OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS18OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS19OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS20OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Complementar os coñecementos adquiridos nas materias contables previas, estudando as técnicas de investigación e diagnóstico da situación económico-financeira da empresa, para que o alumno comprenda como a partir dos estados contables publicados xunto con outras informacións, e co emprego de diferentes instrumentos, é posible poñer de manifesto datos de interese para a toma de decisións.
    Contidos
    Concepto e obxectivos da análise de estados financeiros. Instrumentos de Análise.
    A análise da empresa e o seu contorno. Posición da empresa no sector. Fontes de información.
    Análise contable. Estudo do impacto dos PCXA. A calidade dos datos contables. Manipulación da información.
    Análise do ciclo de explotación. Necesidades financeiras. Fondo de Rotación e Equilibrio financeiro.
    Estudo da situación financeira a través de rateos. Liquidez. Solvencia. Endebedamento.
    Estudo da xeración de recursos e liquidez. Análise dos estados de fluxos financeiros.
    Análise dos resultados e a rendibilidade. Rendibilidade económica e financeira. Compoñentes da rendibilidade. Rendibilidade e endebedamento. Rendibilidade bolsista. Apancamento operativo e financeiro.



    Bibliografía básica e complementaria
    Básica:

    ARCHEL DOMENCH, P Y OTROS ( 2010):Estados contables: Elaboración, Análisis e Interpretación. Ed.Pirámide.
    RIVERO TORRE, P. (2009): Análisis de Balances y Estados complementarios. Ed. Pirámide.

    Complementaria:

    Facilitaranse as referencias na aula e a través do campus virtual para aqueles temas nos que se considere necesario.
    Competencias
    Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
    . Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito empresarial, incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes sobre a súa dimensión social, científica ou ética.
    . Comprender os fundamentos teóricos da toma de decisións
    . Valorar a partir dos rexistros relevantes de información a situación e previsible evolución dunha empresa
    . Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais
    . Comunicarse con fluidez no seu ámbito e traballar en equipo

    Competencias específicas da materia:
    . Ser capaz de ler, comprender e avaliar criticamente a información contida nos estados financeiros
    . Capacidade de detectar os efectos da discreción contable e das estratexias de divulgación de información na imaxe mostrada polos estados financeiros
    . Desenvolver destrezas na utilización das diferentes técnicas de análise co fin de extraer indicadores que permitan avaliar a situación económico-financeira da empresa.

    Metodoloxía da ensinanza
    As sesións en aula dedicada a clases expositivas teñen por obxectivo introducir e explicar os conceptos básicos de cada tema do programa. O alumno terá con tempo previo, o material audiovisual que se use na exposición.
    Proporcionarase a información necesaria para permitir o desenvolvemento axeitado do proceso de aprendizaxe autónomo.

    Unha parte importante da actividade presencial dedicarase á resolución na aula de diferentes casos e exercicios, á discusión de solucións de doutros exercicios propostas para resolver na casa e ó debate ou discusión técnica sobre cuestións diversas.
    Previamente os alumnos teñen os enunciados dos problemas a resolver e a información necesaria para a preparacion das cuestións a discutir.

    O material para a preparación da materia ou as referencias ao mesmo estarán dispoñibles para os estudantes na páxina web do curso, que tamén será usada como un medio adicional de comunicación cos alumnos.

    Sistema de evaluación
    A avaliación da materia lévase a cabo a través de dúas actuacións: avaliación continua e proba teórico-práctica final.

    A avaliación continua terá un peso do 30% na cualificación e consistirá:
    - Na realización de 2-3 probas na aula, individuais ou en grupo, cuxo contido e data de realización comunicarase con antelación aos alumnos. Cada unha destas probas terá un peso comprendido entre un mínimo de 0,5 e máximo de 0.75 puntos na nota final.
    - Na participación activa en clase, que na nota final do alumno será valorada como máximo en 1,5 puntos. (A asistencia a clase non será valorada por si mesma)

    A proba teórica-práctica final na que se avaliará o dominio dos conceptos teóricos adquiridos así como a súa aplicación a casos prácticos, terá un peso de ata 7 puntos na nota final. O alumno deberá acadar nesta proba un mínimo de 2,8 para que á calificación obtida se engada á correspondente á avaliación continua. Para aprobar a materia a suma deber ser 5 ou superior.

    Esta forma de avaliación é única para as convocatorias ordinaria e extraordinaria. Para tal efecto, a cualificación correspondente á avaliación continua ao longo do curso académico considerarase en ámbalas dúas convocatorias.

    O sistema de avaliación é único para os alumnos de primeira e posteriores matrículas.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Traballo presencial na clase:
    -Clases de pizarra ,en grupo grande 18
    -Clases de pizarra ,en grupo reducido18
    -Tutorias en pequenos grupos ou individualizada 4
    -Outras sesións con profesor: Examens e revisión 5
    Total de horas de traballo presencial na aula 45

    Traballo non presencial
    -Estudo autónomo individual e en grupo 35
    -Preparación traballo en grupo, elaboración de conclusións, redacción final. 10
    -Lecturas recomendadas, biblioteca ou actividades similares 8
    -Preparación de exercicios, discusións ou semellantes 12
    -Participación nas conferencias, exposicións e outras actividades recomendadas 2,5
    Total de horas de traballo persoal do alumno 67,5


    Recomendacións para o estudo da materia
    Considérase necesario
    -A revisión dos coñecementos adquiridos nas materias contables previas, en particular de Contabilidade Financeira e Estados Contables
    -A preparación das sesións na aula, a través da lectura do material teórico e a resolución previa dos exercicios propostos.
    -A participación en clase e a discusión de dúbidas na aula e horas de titoría.