Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais  »  Información da Materia

G3071328 - Fundamentos de Xestión de Recursos Humanos (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 17.00
  • Clase Interactiva Seminario: 31.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
  • Áreas: Organización de Empresas
  • Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
CARBALLO PENELA, ADOLFO.SI
GARCIA CHAS, ROMINA.NON
NEIRA FONTELA, EDELMIRA.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE02OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE03OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_05OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_06OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_07OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_09OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_10OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_11HorariosClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS14OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS15OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS16OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS17OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS18OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS19OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS20OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS21OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    - Poñer de manifesto a importancia dos Recursos Humanos como fonte de vantaxe competitiva para as empresas e factor clave para o éxito empresarial.

    - Coñecer as principais intervencións da Dirección de Recursos Humanos

    - Comprender as particularidades derivadas das diferentes características das persoas, a acción en grupo, e a presenza de múltiples influenciadores internos e externos vinculadas á xestión de recursos humanos

    - Acadar coñecementos sobre os principais obxectivos da Dirección Estratéxica de Recursos Humanos e as estratexias vinculadas á xestión dos recursos humanos que contribúen aos obxectivos organizativos

    Contidos
    Tema 1. Introdución á xestión dos recursos humanos
    Tema 2. Análise e deseño de postos de traballo
    Tema 3. Planificación dos recursos humanos e flexibilidade da forza laboral
    Tema 4. Recrutamento e selección
    Tema 5. Contratación e socialización
    Tema 6. Formación dos recursos humanos
    Tema 7. Xestión de carreiras
    Tema 8. Avaliación e mellora do desempeño
    Tema 9. Sistema de retribución na empresa

    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
    Chiavenato, I (2007)”Administración de recursos humanos: el capital humano de las organizaciones” McGraw Hill.
    De la Calle Durán, M.C., Ortiz de Urbina Criado, M (2004). “Fundamentos de recursos humanos”. Pearson Educación, Madrid.



    BILIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA

    Albizu, E.; Landeta, J. (coord.) (2001) "Dirección estratégica de los recursos humanos: teoría y práctica" Pirámide.

    Bonache, J.; Cabrera, Á. (2006) "Dirección de personas: evidencias y perspectivas para el siglo XXI " Prentice Hall.

    Dolan, S.; Valle, R. (2007) "La gestión de los recursos humanos: como atraer, retener y desarrolar con éxito el capital humano en tiempos de transformación " McGraw-Hill.

    Gómez-Mejía, L.R.; Balkin, D.B.; Cardy, R.L. (2008) "Gestión de recursos humanos" Prentice Hall.

    Mondy, R.W., Noe R.M:, (2005): "Administración de recursos humanos" Pearson/Prentice Hall, 9ª ed.

    Sastre, M.Á.; Aguilar, E.Mª (2003) "Dirección de recursos humanos. Un enfoque estratégico" McGraw-Hill.

    Valle, R.J. (coord.) (2004) "La gestión estratégica de los recursos humanos" Pearson Educación.

    García-Tenorio, J.; Sabater, R. (Coordinadores) (2004) "Fundamentos de dirección y gestión de recursos humanos" Thomson.

    O profesor/a poderá proporcionar bibliografía específica para cada tema.


    Competencias
    - Desenvolvemento de habilidades encamiñadas a lograr unha boa relación persoal e laboral con terceiros.

    - Capacidade de comunicación, presentación, argumentación e resolución de problemas.

    - Coñecemento dos contidos propios da materia, relacionándoos cos contidos doutras materias

    - Desenvolvemento de sensibilidade cara os problemas humanos


    Metodoloxía da ensinanza
    As clases expositivas terán unha duración dunha hora e impartiranse 1 día por semana, coa excepción das 2 primeiras semanas de curso, onde se impartirán 2,5 horas de clases expositivas, repartidas en dúas sesións de 1 e 1,5 horas. Nas clases expositivas o profesor/a desenvolverá o programa da materia, explicando conceptos e temas. Empregarase o ordenador persoal e o canón proxector como soportes principais da materia, proxectando transparencias e diferente material que serve de guía ás explicacións realizadas. Nas clases expositivas empregarase tamén a pizarra, artigos impresos ou calquera outra información necesaria para ampliar coñecementos e aclarar dúbidas.
    As clases interactivas impartiranse 1 día á semana a partir da 3ª semana de curso. Haberá unha sesión de 2,5 horas. Nestas clases, o alumno/a realizará lecturas, resolverá exercicios e casos prácticos, expoñerá traballos e participará en debates cos seus compañeiros/as, cobrando especial importancia as actividades en grupo. As clases interactivas poden implicar a realización de actividades fóra das sesións presenciais, tal e como se expón no apartado relativo aos tempos de estudos.
    O profesor empregará o ordenador portátil e o canón proxector, poñendo a disposición do alumno diferentes exercicios, casos prácticos, e outro material impreso e ficheiros de ordenador relacionados coa materia.

    Sistema de evaluación
    A avaliación terá en conta tódalas actividades desenvolvidas polo alumnado (participación activa na análise de casos, debate e comentario de lecturas, artigos ou noticias de prensa, realización e exposición de traballos, exame de contidos, etc. ). O peso de cada actividade na avaliación é o seguinte:
    1) Exame de contidos: 70% da cualificación. O exame de contidos poderá incluír preguntas de resposta curta ou combinar este tipo de preguntas con outras de opción múltiple.
    2) Resolución e participación na análise de casos, debate de lecturas, presentación de traballos e outras actividades vinculadas ás clases: 30% da cualificación.
    Para poder engadir á nota do exame de contidos á puntuación alcanzada en el apartado 2, o alumno/a deberá obter unha nota mínima de 3 puntos sobre 7 no exame de contidos.
    A superación da materia implica a obtención de 5 puntos sobre 10.
    Convocatoria de xullo
    A puntuación obtida na participación nas clases expositivas e en todas as actividades nas clases interactivas gardarase para a convocatoria de xullo, así como para o curso 2014-15.
    Os alumno/as que non obteñan ningunha puntuación vinculada ás actividades realizadas nas clases só poderán obter un máximo de 7 puntos nesta convocatoria, debendo obter unha cualificación de 5 sobre 7 puntos para superar a materia.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia consta de 6 créditos ECTS, equivalentes a 150 horas. O tempo dedicado a clases presenciais (horas de docencia expositiva, docencia interactiva, titorías e avaliación) ascende a 60 horas.

    O tempo de estudio supón 90 horas. As horas necesarias varían en función da capacidade de aprendizaxe de cada alumno/a, podéndose tomar como referencia a seguinte distribución:

    - Estudio autónomo, individual ou en grupo: 45 horas
    - Realización de actividades fóra das sesións presenciais (lecturas, realización de traballos, preparación de presentacións, resolución de casos): 45 horas.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Para maximizar a aprendizaxe é recomendable que o alumno asista regularmente ás clases teóricas e prácticas, participe activamente en todas as actividades propostas polos profesores e consulte a bibliografía e outro material recomendado. As titorías son un recurso útil que os alumnos deberían utilizar as veces que fose necesario. O acceso campus virtual para informarse de diferentes cuestións que xurdan ó longo do curso e poder dispoñer e revisar antes das clases o material complementario facilita a participación do alumno e a súa capacidade de adquirir coñecementos.

    Recoméndase tamén a lectura do programa e as normas de avaliación.