G3071329 - Organización da Producción (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 17.00
- Clase Interactiva Seminario: 31.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
- Áreas: Organización de Empresas
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaO propósito deste curso é o estudo da Dirección de Operacións, a través dos seguintes obxectivos:
-Familiarizar o alumno coa Dirección de Operacións, a súa definición, o seu contido e a historia do seu desenvolvemento.
-Recoñecer os diferentes enfoques estratéxicos desde o que se pode ver a produción.
-Entender as dimensións da Misión de Operacións e súa influencia tanto no deseño da estratexia de operacións coma no desenvolvemento diario.
-Relacionar o concepto de calidade e os enfoques a partir dos cales se estuda, co as actividades e procesos operativos que se producen dentro das empresas.
-Estruturar as principais metodoloxías empregadas para xestionar os subsistemas operativos das empresas, facendo fincapé nas posibilidades de aplicación da tecnoloxía da información e comunicacións.
-Desenvolver nos alumnos as habilidades necesarias para tratar con éxito a configuración produtiva da empresa nas súas catro áreas: produto, tarefas produtivas, procesos e loxística.
ContidosOrganización da Produción e Xestión de Operacións. Planificación da produción, misión e obxectivos do nivel operativo. Decisións sobre as operacións. Decisións de produto e decisións de proceso.
Bibliografía básica e complementariaDOMÍNGUEZ MACHUCA, J.A. y OTROS (1995): Dirección de operaciones. Aspectos estratégicos en la producción y los servicios. McGraw-Hill.
DOMÍNGUEZ MACHUCA, J.A. y OTROS (1995): Dirección de operaciones. Aspectos tácticos y operativos en la producción y los servicios. McGraw-Hill.
FERNÁNDEZ SÁNCHEZ, E. y otros (2006): Estrategia de Producción. Mc. Graw Hill
HEIZER, J. y RENDER, B. (2007): Dirección de la produccióny de operaciones. Decisiones estratégicas. Prentice Hall.
HEIZER, J. y RENDER, B. (2007): Dirección de la producción y de operaciones. Decisiones tácticas. Prentice Hall.
Competencias- Destacar a importarcia da Organización de Produción no desenvolvemento da vantaxe competitiva e dos resultados da empresa.
- Coñecer os conceptos básicos e a terminoloxía relacionada co tema
-Recoñecer a importancia estratéxica das decisións da área operativa e a súa estreita conexión coas decisións noutras áreas funcionais.
- Estruturar as principais metodoloxías empregadas para xestionar os subsistemas operativos das empresas, facendo fincapé nas posibilidades de aplicación da tecnoloxía da información e comunicacións.
• Identificar e valorar a relevancia das distintas áreas de decisión, e desenvolver as habilidades necesarias para xestionar con éxito a área operativa da empresa.
• Capacidades na toma de decisión en relación á calidade, produtividade, plazos de entrega e flexibilidade no ámbito das operacións.
• Comprender e valorar a importancia do sistema de información para a toma de decisións de carácter operativo.
• Habilidades de argumentación, raciocinio, presentación e traballo en equipo
Metodoloxía da ensinanza Préstase especial atención ás actividades de aula, con e sen ordenador. As conferencias teñen finalidade expositiva e presentan os alumnos os problemas operativos eo impacto da súa xestión na satisfacción do cliente e resultados organizativos. A abordaxe didáctica ten como obxectivo a formación do alumno, procurando a sua comprensión dos problemas operativos e da súa modelización, coa finalidade de promover a calidade das decisións que tomen. Durante o curso, farase una intensa utilización da "aula virtual" para complementar as tarefas de comunicación, docencia e evaluación.
Sistema de evaluaciónA avaliación da materia lévase a cabo cun proceso de avaliación continua que ten en conta todas as actividades a realizar ao longo do semestre, considerando aspectos como a claridade e capacidade narrativa, o dominio da terminoloxía da materia e a participación activa, cun peso na calificación final do 30%, e un exame final, centrado sobre todo na avaliación dos coñecementos adquiridos, cun peso na nota final do 70%.
Para pasar o curso o alumno debe obter unha nota maior ou igual a cinco (sobre dez) no examen, e unha calificación final (de examen mais actividades) tamén superior a cinco (sobre dez).
Tempo de estudo e traballo persoalA asignatura ten 6 créditos e cada crédito equivale a 25 horas de traballo.
As horas son distribuídas do seguinte xeito:
-Presenciais (incluen as horas de ensino expositivo, interactivo, tutorías e avaliación): 60 horas
.- Traballo persona do alumno: 90 horas
Recomendacións para o estudo da materiaParticipación nas aulas teóricas e prácticas.
Resolución de casos e problemas
Estudo dun libro de lectura obrigatoria
Lecturas recomendada.
Prerrequisitos recomendados: Coñecementos básicos de Organización de Empresas e de informática de xestión.