Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais  »  Información da Materia

G3071331 - Econometría II (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 17.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 31.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Economía Cuantitativa
  • Áreas: Economía Cuantitativa (propia da USC)
  • Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
GUNTIN ARAUJO, XULIA.NON
IGLESIAS CASAL, ANA.SI
LOPEZ ANDION, Mª DEL CARMEN.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE02OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE03OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo CLIL_05OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo CLIL_06OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo CLIL_07OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo CLIL_09OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo CLIL_10OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo CLIL_11OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS14OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS15OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS16OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS17OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS18OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    A partir dos coñecementos básicos que o estudante recibiu ao cursar a materia de Econometría I no primeiro cuadrimestre de terceiro, neste curso afóndase nos métodos econométricos fundamentais para o que, en primeiro lugar, enlázase cos coñecementos adquiridos no curso anterior a través dos problemas que xorden a raíz do incumprimento dalgunha das hipóteses de partida. A partir desta visión global, abórdase o estudo de problemáticas particulares relacionadas coa análise da realidade empresarial, o que permite ao alumno adquirir unha visión máis ampla das posibilidades da materia, para poder así interpretar traballos econométricos de dificultade media, e adquirir os coñecementos necesarios para afrontar temas econométricos máis avanzados.
    Contidos
    Tema 1. Incumprimento das hipóteses do modelo clásico.
    Tema 2. O modelo de regresión linear xeneralizado: hipóteses , propiedades dos estimadores, inferencia e predición.
    Tema 3. Modelos dinámicos uniecuacionais. Modelos de series de tempo. Introdución á cointegración
    Tema 4. Microeconometría e decisión.
    Tema 5. Emprego de aplicacións informáticas (de carácter transversal).

    Bibliografía básica e complementaria
    BÁSICA:
    Greene, W. (2001): Análisis Econométrico. Madrid: Pearson Education.
    Guisán, M.C. (1197): Econometría. Madrid: McGraw-Hill.
    Johnston, J. (1989): Métodos de Econometría. Barcelona: Vicens-Vives.
    Wooldridge, J. M. (2006): Introducción a la Econometría: Un enfoque moderno. Madrid:Paraninfo Thomson Learning.

    COMPLEMENTARIA:
    Brooks, C. (2002): Introductory econometrics for finance. Cambridge: Cambridge University Press
    Cabrer, B; Sancho, A; Serrano, G. (2001): Microeconometría y decisión. Madrid: Pirámide.
    Gujarati, D. (1997): Econometría. Bogotá: McGraw-Hill.
    Otero, J. M. (1993): Econometría. Series temporales y predicción. Madrid: AC.
    Uriel, E. e Peiró, A. (2000): Introducción al análisis de series temporales. Madrid: AC.
    Hill, R. C.; Griffiths, W. E.; Lim, G. C. (2008): Principles of Econometrics. Hoboken: Wiley & Sons Inc.
    Alonso, A.; Fernández; J.; Gallástegui, I (2005): Econometría. Madrid: Pearson E
    Novales, A. (1993): Econometría. Madrid: McGraw-Hill.
    Pulido, A; Pérez; J. (2001): Modelos Econométricos. Madrid: Pirámide.
    Studenmund, A.H. (2006):Using Econometrics: A Practical Guide. Pearson E.
    Competencias
    -Saber elaborar e defender argumentos sobre cuestións económicas a un nivel xeral, así como resolver problemas sobre estas cuestións, mediante o uso dos seus coñecementos sobre a realidade empresarial, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
    -Saber deducir, mediante a análise de datos, información relevante que resulte moi difícil de recoñecer por quen non teña a suficiente formación para elo.
    -Ter coñecementos básicos de modelos econométricos e predición.

    Competencias específicas da materia:
    -Dominio dos conceptos e instrumentos de nivel medio indispensables para a análise. cuantitativa e empírica da Economía en xeral e de forma particular no ámbito da empresa.
    -Ampliación dos coñecementos sobre aplicacións informáticas específicas para a Econometría que posibilite o seu emprego no ámbito da análise empresarial a casos de complexidade media-alta.
    -Aplicación das técnicas econométricas de nivel medio á resolución de problemas económicos concretos das empresas.

    Metodoloxía da ensinanza
    Ao ser unha materia eminentemente aplicada á problemática económica, préstase especial atención ás actividades presenciais e ao traballo continuado do alumno.
    As sesións de aula dedicadas ás clases expositivas teñen como obxecto a introdución e explicación dos aspectos fundamentais de cada tema, proporcionándolle os recursos adicionais necesarios que lle permitan un adecuado desenvolvemento do proceso de aprendizaxe autónoma.
    As clases en grupos reducidos impártense na aula de informática. Estas clases prácticas, nas que se utiliza o ordenador, están encamiñadas a que o alumnado consiga unha mellor comprensión dos contidos básicos e se familiarice coas novas ferramentas informáticas e coa resolución de problemas concretos no ámbito da empresa.
    Estas actividades teórico-prácticas poderán complementarse (se así se recolle na correspondente guía docente) con traballos concretos que os alumnos deberán realizar autonomamente. Con estes traballos tamén se pretende contribuír á adquisición de habilidades para elaborar e presentar estudos referentes á realidade económica máis actual.
    Sistema de evaluación
    O sistema principal é o de avaliación continua, de xeito que:

    - O alumno obterá unha parte da cualificación final (un 30%) en base ao traballo realizado ao longo do cuadrimestre: participación en clase, resultados das distintas probas, traballos realizados.... A valoración destas actividades concretarase cada curso na correspondente guía docente.

    - O restante 70% corresponde co exame final. O contido deste exame final debe ter en conta e valorar de forma complementaria o traballo continuado realizado polo alumno.

    Os alumnos que xa estiveran matriculados nalgunha ocasión na materia poderán optar por facer un exame final específico, o cal se valorará co 100% da nota.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Como a carga total de cada crédito se estima en 25 horas totais para o alumno, o tempo de estudo e traballo persoal que se estima para superar esta materia é de 150 horas, as cales se distribúen entre traballo presencial e non presencial.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Debería ter superada a materia Econometría I desta titulación e adquirida axilidade no uso de aplicacións informáticas específicas.