G3071421 - Dirección Financieira II (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
- Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO obxectivo da Dirección Financeira é proporcionar os coñecementos relativos ás modernas técnicas de dirección e xestión financeira, baixo unha perspectiva empresarial e dun modo integrador, situando a área financeira no contexto global da xestión empresarial.
Esta materia complementa os contidos xa traballados na Dirección Financeira I, centrándose nesta segunda parte nos temas relacionados co financiamento empresarial, tanto en canto ás fontes de recursos coma á toma de decisións de financiamento.
ContidosTEMA 1. A FUNCIÓN FINANCEIRA E O PROBLEMA DE AXENCIA.
1. A función de intermediación da administración financeira.
2. As decisións financeiras e o valor da empresa.
3. O obxectivo financeiro e a creación de valor.
4. Separación entre a dirección e a propiedade da empresa: o problema de axencia.
5. A figura do Director Financeiro: o compoñente humano e a dimensión ética da función financeira.
Anexo: Saídas Profesionais na área financeira da empresa.
TEMA 2. O ÁMBITO DAS DECISIÓNS FINANCEIRAS: INTRODUCIÓN AO SISTEMA FINANCEIRO ESPAÑOL.
1. Características do Sistema Financeiro Español.
2. Os axentes ou unidades de gasto
3. Os activos financeiros.
4. Os intermediarios financeiros.
5. Os mercados financeiros
TEMA 3. FINANCIAMENTO EMPRESARIAL A TRAVÉS DE EMISIÓN DE TÍTULOS: MERCADO PRIMARIO E SECUNDARIO.
1. Os recursos propios da empresa. O capital accións e os beneficios retidos
2. A cotización en Bolsa como alternativa de financiamento.
3. Formas de colocación de accións.
4. O capital risco e o segundo mercado
5. Novas fórmulas de financiamento para proxectos emprendedores
TEMA 4. FINANCIAMENTO EMPRESARIAL A TRAVÉS DE DÉBEDA.
1. O endebedamento empresarial: Fontes de financiamento
2. A emisión de bonos. Definición, características e tipoloxía de bonos.
3. O préstamo bancario a medio e longo prazo. Definición, características, tipoloxía e custo.
4. Entidades do sistema crediticio español.
5. O arrendamento financeiro. Tipos de arrendamento, características e custo.
TEMA 5. O FINANCIAMENTO A CURTO PRAZO.
1. As fontes de financiamento a curto: custo e rendibilidade.
2. O crédito comercial e outras fontes espontáneas de fondos.
3. Préstamo e crédito bancario a curto prazo.
4. Desconto de efectos comerciais.
5. Financiamento das contas a cobrar: o factoring.
TEMA 6. O CUSTO DE CAPITAL
1. Interrelación das decisións de investimento e financiamento: o custo de capital.
2. Risco económico e risco financeiro. O apancamento financeiro.
3. O custo do endebedamento.
4. O custo do capital propio.
5. O custo de capital medio ponderado e o enfoque do Custo Marxinal de Capital.
TEMA 7. POLÍTICA DE ENDEBEDAMENTO E ESTRUTURA DE CAPITAL ÓPTIMA.
1. Introdución. Existe unha ECO na empresa?
2. A tese orixinal de Modigliani e Miller.
3. Incidencia do IBS nas proposicións de MM.
4. O efecto dos custos de insolvencia e a teoría do intercambio ou Trade-off.
5. Teoría da Xerarquía Financeira e Teoría de sinalización.
TEMA 8. POLÍTICA DE DIVIDENDOS
1. Introdución: posturas teóricas acerca da influencia dos dividendos no valor da empresa
2. A posición de MM: Irrelevancia dos dividendos ou tese do beneficio.
3. Tese dos dividendos: Influencia dos dividendos no valor da empresa. O modelo de Gordon, a Teoría Fiscal dos dividendos, e outras imperfeccións do mercado
4. Políticas de dividendos na práctica e o seu valor informativo
Bibliografía básica e complementariaBÁSICA:
BREALEY, R.; MYERS, S. y MARCUS, A. (2007): Fundamentos de Finanzas Corporativas (5ª edición), McGraw Hill-Interamericana de España. Capítulos 1 a 16. www.mhe.es/brealey5
COMPLEMENTARIA:
TEORÍA:
BECK, J.; DEMARZO, P. y HARDFORF, J. (2010): Fundamentos de Finanzas Corporativas, Pearson.
BESLEY, S. y BRIGHAM E.F. (2000): Fundamentos de Administración Financiera (12ª edición); McGraw-Hill.
BLOCK, S.B. y HIRT, G.A. (2005): Administración Financiera, McGraw-Hill.
BREALEY, R.; MYERS, S. y ALLEN, A. (2006): Principios de Finanzas Corporativas; (8ª edición), McGraw Hill-Interamericana de España. http://mhe.es/universidad/finanzas/brealey/
CUERVO, A.; CALVO, A.; RODRÍGUEZ SÁIZ, L. y PAREJO, A. (1998): Manual de Sistema Financiero Español (11ª edición), Ariel.
EMERY, D.R. y FINNERTY, J.D. (2001): Administración Financiera Corporativa, Pearson Educación.
FAUS, J. y TÁPIES, J. (1996): Finanzas Operativas, IESE.
GOMEZ CALVET, A.R. (2006): Teoría de la Financiación II. OPT, estructura de capital y dividendos, Pirámide.
KEOWN, A.J. y otros (1999): Introducción a las finanzas, Prentice Hall.
LASALA NAVARRÉ, C. y otros (2006): Dirección Financiera II. Medios de financiación empresarial, Pirámide.
ROSS, S.A.; WESTERFIELD, R.W. y JAFFE, J.F. (2008): Finanzas Corporativas (8ª edición); Mc-Graw Hill-Interamericana de España.
TERMES, R. (1998): Inversión y Coste de Capital. Manual de Finanzas; McGraw-Hill.
VAN HORNE, J.C. y WACHOWICZ, J.M. (2010): Fundamentos de Administración Financiera (13ª edición); Pearson.
PRÁCTICA:
AGUIAR, I. y otros (2006): Finanzas corporativas en la práctica, Delta publicaciones.
FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, L. (coord); FERNÁNDEZ LÓPEZ, S. y RODRÍGUEZ SANDIÁS, A. (2007): La práctica de las finanzas de empresa, Delta Publicaciones, Madrid.
LOPEZ LUBIAN, F. (2007): Casos prácticos de Finanzas Corporativas, Thomson.
LOPEZ LUBIAN, F. y GARCIA ESTEVEZ, P. (2005): Finanzas en el mundo corporativo. Un enfoque práctico, McGraw Hill.
MARTÍN FERNÁNDEZ, M. y MARTÍNEZ SOLANO, P. (2000): Casos prácticos de dirección financiera, Pirámide.
ROSARIO DIAZ, J.; SÁNCHEZ CAÑADAS, M. y TRINIDAD SEGOVIA, J. (2006): Supuestos prácticos de dirección financiera, Pirámide.
Competencias. Busca de información, investigación, análise e interpretación de resultados.
. Toma de decisións na área financeira da empresa.
. Observar a realidade da actualidade financeira a través da prensa ou outros medios e aplicar os coñecementos adquiridos a esas situacións.
. Comunicación e exposición oral
. Perfeccionar o manexo da folla de cálculo para resolver problemas financeiros.
Metodoloxía da ensinanza - Materia troncal de 6 créditos, distribuídos en 24 horas de clases expositivas e 24 de clases interactivas, nas que se realizarán prácticas.
- As sesións de aula dedicadas a clases expositivas teñen como obxectivo a introdución e explicación dos aspectos básicos de cada tema proporcionando ao alumno a información adicional necesaria que permita un axeitado desenvolvemento do proceso de aprendizaxe.
- As prácticas están encamiñadas a resolver exercicios e casos nos que o alumno se ten que enfrontar á toma de decisións financeiras. As prácticas adoptan diversas metodoloxías e en parte requiren o manexo da folla de cálculo e a redacción dun informe coa súa solución.
- Os alumnos recibirán o apoio do campus virtual da USC, a través da páxina do curso na que se ofrecerá a programación periódica das clases e o material de apoio correspondente.
Sistema de evaluaciónO sistema de avaliación inclúe:
- Actividades a realizar ao longo do curso, que supoñerán o 30% da cualificación final. A cualificación final obtida nesta parte sumarase á nota obtida no exame, e será válida para ambas as dúas convocatorias, xuño e xullo. Ofrecerase máis información sobre esta parte da avaliación na aula.
- Un exame teórico-práctico, que supoñerá o 70% da cualificación final. Requirirase un mínimo de 3,5 puntos (50% sobre 7) no exame para superar a materia.
Estes criterios serán aplicables a todos os alumnos matriculados na materia, con independencia da situación persoal de cada un/a.
Tempo de estudo e traballo persoalClases (expositivas e interactivas): 24 h.
Titorías (en grupo e individuais): 10 h
Avaliación (exame e presentacións): 10 h
Outras actividades: 16 h
TOTAL HORAS TRABALLO PRESENCIAL NA AULA: 60
Estudo autónomo: 60 h
Realización de exercicios e prácticas en folla de calculo e outros traballos: 20 h
Preparación de presentacións orais, debates ou similar: 5 h
Outras tarefas propostas (asistencia a charlas, visitas, etc): 5 h
TOTAL HORAS TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO: 90
Recomendacións para o estudo da materia- Os contidos desta materia utilizan como ferramentas os conceptos estudados en materias de cursos previos, fundamentalmente: Análise e cálculo financeiro, Contabilidade financeira, Dereito mercantil e Dirección Financeira I, polo que se darán por coñecidos.
- É imprescindible o manexo básico de programas de procesamento de textos e follas de cálculo para o desenvolvemento do traballo persoal e realización de prácticas.
- A asistencia continuada ás clases resulta moi importante para un correcto seguimento da materia, dado o carácter secuencial dos temas e a estreita relación entre estes.