Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais  »  Información da Materia

G3071422 - Investigación Comercial (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 17.00
  • Clase Interactiva Seminario: 31.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
  • Áreas: Comercialización e Investigación de Mercados
  • Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
BENITO TORRES, JOSE LEANDRO.NON
BENITO TORRES, JOSE LEANDRO.NON
DEL RIO ARAUJO, MARIA LUISA.NON
DEL RIO ARAUJO, MARIA LUISA.NON
RUZO SANMARTIN, EMILIO.NON
RUZO SANMARTIN, EMILIO.NON
VARELA NEIRA, MARIA DE LA CONCEPCION.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE02OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_05OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_06OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_07HorariosClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    O programa da materia “Investigación Comercial” foi deseñado co fin de ofrecerlle ao alumnado da licenciatura de ADE, especialidade “Comercialización”, unha visión xeral da investigación de mercados, o seu contido e os seus obxectivos en relación coa toma de decisións comerciais e cos problemas que hai que resolver, de modo que se alcance a súa iniciación no exercicio da investigación. En concreto, preténdese que os alumnos que cursen esta materia cheguen a coñecer e comprender os seguintes aspectos:
    1) O proceso de investigación de mercados e a súa importancia dentro do proceso de toma de decisións en márketing.
    2) O sector da investigación de mercados
    3) Fontes de información utilizadas en investigación comercial
    4) Técnicas cualitativas e cuantitativas de investigación e enfoques de investigación.
    5) Planificación e desenvolvemento de traballos de campo.
    6) Aplicación dun conxunto de técnicas de análise de datos que abarque a análise univariante, bivariante e multivariante

    Contidos
    TEMA 1: A INFORMACIÓN NAS DECISIÓNS DE MARKETING
    1.1. SISTEMA DE INFORMACIÓN DE MARKETING (SADEM)
    1.2. FONTES DE INFORMACIÓN COMERCIAL
    ANEXO: A INVESTIGACIÓN COMERCIAL EN ESPAÑA

    TEMA 2: CONCEPTO E NATUREZA DA INVESTIGACIÓN COMERCIAL
    2.1. DEFINICIÓN E APLICACIÓNS DA I.C.
    2.2. ESQUEMA DE DESENVOLVEMENTO DA I.C.
    ANEXO: A ÉTICA NA I.C.

    TEMA 3: METODOLOXÍA EN INVESTIGACIÓN COMERCIAL
    3.1. ENFOQUE CUALITATIVO
    3.2. ENFOQUE CUANTITATIVO

    TEMA 4: MÉTODOS CUANTITATIVOS DE I.C.
    4.1. MÉTODO DE ENQUISA: CUESTIONARIO
    4.2. ESCALAS DE MEDIDA

    TEMA 5: ANÁLISE DA INFORMACIÓN
    5.1. RECOLECCIÓN E PREPARACIÓN DE DATOS
    5.2. ANÁLISE DE DATOS

    TEMA 6: PLAN DE MOSTRAXE
    6.1. PROCEDEMENTOS DE MOSTRAXE
    6.2. DETERMINACIÓN DO TAMAÑO DA MOSTRA

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica:
    - Trespalacios, J.A.; Vázquez, R.; Bello, L. (2005). Investigación de mercados. Thomson

    Bibliografía complementaria:
    - Fernández, A. (1999). Investigación de mercados: Obtención de información. Civitas.
    - Malhotra, N. (2004). Investigación de mercados. Pearson Prentice Hall.
    comercial. Prentice-Hall.

    Competencias
    XERAIS
    - Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito empresarial, incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes sobre a súa dimensión social, científica ou ética.
    - Posuír os coñecementos xerais e as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar estudando e para emprender estudos especializados nos diversos ámbitos da empresa e noutras áreas relacionadas, cun alto grao de autonomía.
    - Decisións de política e estratexia comercial: "marketing mix", políticas de prezos, distribución, promoción e política de produto.
    - Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos.

    ESPECÍFICAS
    - Coñecer e comprender a importancia da investigación comerical detro do proceso de toma de decisións de mercadotecnia
    - Desenvolver habilidades referidas á realización de investigacións no ámbito comercial
    - Dotar ao estudante de coñecementos especificos abondo para afrontar o proceso de investigación comercial
    - Promover no estudante o pensamento creativo e o razoamento lóxico para abordar situacións de decisión comercial con información útil, válida e fiable.
    Metodoloxía da ensinanza
    Para o desenvolvemento teórico da materia, o enfoque docente adoptado recolle distintas alternativas metodológicas e é, ademais, flexible: a lección maxistral combínase coa análise de artigos de actualidade, exposicións do alumnado sobre aspectos teóricos, comentarios críticos, etc.
    As horas prácticas cóbrense con exercicios, análises de casos e, principalmente, coa realización dun estudo de mercado ao longo do curso, que se desenvolve a medida que o alumnado vai adquirindo os coñecementos teóricos necesarios para a súa realización; para iso faise necesario o recurso ao computador (acceso a internet e uso do programa estatístico SPSS).
    O traballo de investigación realízase en grupos compostos por un máximo de tres persoas. O obxectivo é controlar a participación de todos eles e que, deste xeito, alcancen o nivel de aprendizaxe desexado.

    Sistema de evaluación
    A avaliación desta materia será mediante exames e valoración da participación dos alumnos nas sesións interactivas e expositivas e realización de traballos.

    Concretamente, a cualificación da materia será o resultado de sumar as 3 puntuacións seguintes:
    - Cualificación obtida no exame de contido teórico final, que contribuirá un 50% á cualificación. O exame final cubrirá todo o programa e incluirá todo o material exposto nas clases.
    - Valoración dun traballo realizado en grupo, cuxa elaboración suporá un 40% da cualificación
    - Valoración da participación nas clases ao longo do curso, que contribuirá un 10% á cualificación. Diversos exercicios, casos e outro material docente será asignado nas clases e será recollido polo profesor/a.

    Para aprobar a materia será condición necesaria (tanto en febreiro como en xullo) que o alumno alcance, polo menos, o 50% da puntuación posible no exame (é dicir, deberá puntuar polo menos 2.5 sobre os 5,0 puntos posibles), que participe, polo menos, no 80% das clases expositiva e no 80% das clases interactivas, e que entregue en prazo tanto as tarefas obrigatorias fixadas polo profesor/a como o traballo de investigación realizado ao longo do curso. As cualificacións obtida nas clases prácticas e no traballo manteranse para os repetidores, si así o solicitan.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    É recomendable complementar as clases teóricas coa consulta dos libros de texto recomendados, así como coa preparación de lecturas e temas transversais que poderán ser expostos e debatidos na clase. As clases prácticas esixen un esforzo por parte do alumnado para reunirse co seu grupo de traballo para realizar o estudo de mercado. De modo global, a preparación da materia, leva consigo unha dedicación persoal de tres horas semanais (90h).

    Recomendacións para o estudo da materia
    É recomendable que o alumnado traballe sobre a materia ao longo do curso, leve ao día os conceptos teóricos e procuren a súa aplicación práctica de cara ao estudo de mercado que, ao mesmo tempo, está desenvolvendo. A maiores, resulta conveniente a comunicación co profesorado mediante a utilización das titorías persoais.