G3071423 - Estratexia Empresarial (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 17.00
- Clase Interactiva Seminario: 31.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
- Áreas: Organización de Empresas
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaRealizar unha revisión das achegas máis relevantes para a comprensión da estratexia empresarial desde unha perspectiva dinámica que combine a explotación dos recursos e capacidades existentes co desenvolvemento de novas competencias. Dentro desta perspectiva, proporcionar unha metodoloxía útil para o desenvolvemento, implantación e control da estratexia que permita organizar e valorar a información sobre a empresa e o súa contorna, e que invite á reflexión e á crítica.
ContidosEstratexia empresarial: concepto, niveis e proceso. Análise da contorna xeral e sectorial.
Recursos e Capacidades. Misión, visión e obxectivos. Responsabilidade social corporativa. Estratexia e
vantaxe competitiva. Estratexias de desenvolvemento. Implantación e control estratéxico.
Bibliografía básica e complementariaBÁSICA:
JOHNSON, G.; SCHOLES, K.; WHITTINGTON, R. (2006): Dirección estratégica. Pearson/Prentice Hall.
COMPLEMENTARIA:
HAMEL, G. y PRAHALAD, C.K. (1998): Compitiendo por el futuro. Ariel Sociedad Económica
HILL, C.W. L.;JONES, G.R.(2005): Administración Estratégica: Un enfoque integrado. McGraw Hill.
HITT, M.; IRELAND, R.D. (2008) Administración Estratégica. Competitividad y globalización (7ª edición). Cengage Learning Editores.
GUERRAS MARTÍN, L.A., y NAVAS LÓPEZ, J.E. (2007): La dirección estratégica de la empresa: Teoría y apliaciones. Editorial Civitas.
GRANT,R. (2006): Dirección Estratégica. Conceptos, Técnicas y Aplicaciones. Editorial Civitas.
VENTURA VICTORIA, J. (2008): Análisis estratégico de la empresa. Ed. Paraninfo
CompetenciasCompetencias da titulación ás que contribúe a materia:
– Posuír e comprender os coñecementos que definen a Administración e Dirección de Empresas como disciplina científica, incluíndo as súas teorías, historia, métodos, técnicas e áreas de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións máis avanzadas e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento neste campo.
– Saber comunicar información, ideas, problemas e propostas de solución a cuestións de índole empresarial tanto a un público especializado como non especializado, facendo uso tanto da linguaxe verbal e escrita como dos medios e técnicas de representación de relacións e presentación de datos que se empregan na disciplina.
– Teoría da organización. Dirección estratéxica.
– Xestionar e administrar unha empresa ou organización, entendendo a súa localización competitiva e institucional e identificando as súas fortalezas e debilidades.
– Comunicarse con fluidez coa súa contorna e traballar en equipo
Competencias específicas da materia:
– Capacidade para identificar e comprender os factores básicos que inciden no éxito ou fracaso
dunha empresa.
– Capacidade para valorar as implicacións estratéxicas da contorna xeral e competitiva
– Capacidade para identificar e valorar os recursos e Capacidades da empresa e comprender o seu papel como base para formular a estratexia
– Capacidade para identificar a estratexia que permita á empresa lograr unha vantaxe competitiva
– Recoñecer as estratexias que posibiliten o desenvolvemento da empresa
– Comprender a importancia e actividades da implantación e control da estratexia
– Capacidade de razoamento crítico
– Capacidade de análise e síntese
– Capacidade de argumentación e comunicación
Metodoloxía da ensinanza Préstase especial atención ás actividades de aula, con e sen ordenador. As conferencias teñen finalidade expositiva e presentan os alumnos os problemas operativos eo impacto da súa xestión na satisfacción do cliente e resultados organizativos. A abordaxe didáctica ten como obxectivo a formación do alumno, procurando a sua comprensión dos problemas operativos e da súa modelización, coa finalidade de promover a calidade das decisións que tomen.
Sistema de evaluaciónA avaliación continua terá en conta todas as actividades desenvolvidas polo alumnado (participación activa na análise de casos, debate e comentario de lecturas e artigos, presentación e exposición de traballos, etc).
Na programación docente anual da materia fixarase o peso concreto de cada unha das actividades.
A avaliación dos coñecementos teóricos realizarase mediante exame final que terá que ser aprobado para superar a materia. A cualificación dos exames non suporá máis dun 70% da cualificación final da materia.
Tempo de estudo e traballo persoalA asignatura ten 6 créditos e cada crédito equivale a 25 horas de traballo.
As horas son distribuídas do seguinte xeito:
-Presenciais (incluen as horas de ensino expositivo, interactivo, tutorías e avaliación): 60 horas
- Traballo persona do alumno: 90 horas
Recomendacións para o estudo da materiaParticipación nas aulas teóricas e prácticas.
Resolución de casos e problemas
Estudo dun libro de lectura obrigatoria
Lecturas recomendada.
Prerrequisitos recomendados
Recoméndase cursar as materias Fundamentos de dirección de empresas, Organización da produción, e Fundamentos de xestión de recursos humanos.