G3071445 - Mercados e Institucións Financeiras (Materias Optativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 2.25
- Total: 38.25
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
- Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaEsta materia ten por obxectivo realizar unha análise do sistema financeiro español, centrándose nos seus tres elementos fundamentais: activos, mercados e intermediarios financeiros. Neste sentido, analízase a actividade das institucións financeiras, cunha clara orientación cara á xestión financeira, así como as diferentes alternativas de investimento e financiamento, as técnicas de valoración de activos financeiros e os mercados nos que se emiten e negocian estes activos financeiros.
ContidosPRIMEIRA PARTE. INTRODUCIÓN AO SISTEMA FINANCEIRO: Sistema financeiro, funcións do SEBC/EUROSISTEMA/Banco de España, a política monetaria, o mercado interbancario e os sistemas de pago.
1. Estrutura do Sistema Financeiro
1.1. Introdución
1.2. Concepto, características e funcións do Sistema Financeiro
1.3. Activos, intermediarios e mercados financeiros
1.4. A estrutura actual do Sistema Financeiro: Características xerais
1.4.1. O contexto internacional do sistema financeiro
1.4.2. Regulación e supervisión do sistema financeiro
1.4.3. A autoridade monetaria europea
1.4.4. As principais institucións e mercados do Sistema Financeiro Español
1.5. Resumo, conclusións e test de revisión
2. A política monetaria, o mercado interbancario e os sistemas de pagos
2.1. Introdución
2.2. O marco institucional da Unión Económica e Monetaria
2.3. Funcións dos Bancos Centrais. o Sistema Europeo de Bancos Centrais (SEBC)
2.4. O Banco de España: organización e función
2.5. Os sistemas de pagos: TARGET2-Banco de España e SNCE
2.6 O BE e a política monetaria do Banco Central Europeo (BCE)
2.6.1. A estratexia da política monetaria
2.6.2. Instrumentos de política monetaria do Eurosistema
2.7. O mercado interbancario
2.8. Resumo, conclusións e test de revisión
SEGUNDA PARTE. INSTITUCIÓNS FINANCEIRAS: Entidades de Crédito, sistema bancario, xestión do risco da actividade bancaria, institucións de investimento colectivo, compañías aseguradoras e fondos de pensións e outras institucións financeiras.
3. As Entidades de Crédito
3.1. Introdución
3.2. O marco institucional vixente na Unión Europea no ámbito da regulación, supervisión e estabilidade financeira.
3.3. As Entidades de Crédito: Bancos, Caixas de Aforros, Cooperativas de Crédito, Establecementos Financeiros de Crédito e ICO. A súa importancia relativa.
3.4. Análise de activo e de pasivo a través dos seus Estados Financeiros.
3.5. Sistema de Garantía de Depósitos
3.6. Resumo, conclusións e test de revisión
4. O sistema bancario: a xestión do risco na actividade bancaria
4.1. Os riscos da actividade bancaria
4.2. O investimento crediticio e o risco de crédito
4.3. A liquidez e a súa xestión
4.4. O risco de interese: a xestión de activos e pasivos
4.5. Cara a unha nova regulación e supervisión dos riscos financeiros
4.6. Solvencia e liquidez das Entidades de Crédito. Requirementos de capital de Basilea
II e Basilea III
4.7. A conta de explotación das entidades de crédito. Análise financeira de entidades de depósito
4.8. A reestruturación do sistema bancario español: o Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB)
4.9. Resumo, conclusións e test de revisión
5. Outras institucións financeiras
5.1. Introdución
5.2. As Institucións de Investimento Colectivo en valores mobiliarios
5.3. As Institucións de Investimento Colectivo en inmobles
5.4. Motivación Económica e xestión financeira das Sociedades e Fondos de Investimento
5.5. As Sociedades e Axencias de Valores
5.6. Os Fondos de Titulización de activos
5.7. O proceso de investimento do capital risco. Sociedades e Fondos de Capital Risco
5.8. As Axencias de calificación financeira
5.9. As Sociedades de Garantía Recíproca
5.10. Tendencias financeiras da industria aseguradora. Empresas de Seguros e Fondos de Pensións
5.11. Resumo, conclusións e test de revisión
TERCEIRA PARTE. ACTIVOS E MERCADOS FINANCEIROS: Activos e mercados de renda fixa, Activos e mercados de renda variable, e produtos derivados e estruturados.
6. Activos e mercados de renda fixa
6.1. Introdución
6.2. Tipos de interese e ETTI.
6.3. Valoración de Activos de Renda Fixa
6.4. Risco e rendibilidade nas operacións con renda fixa
6.5. Mercados de Renda Fixa
6.5.1. O Mercado de Débeda Pública Anotada
6.5.2. Os Mercados de Renda Fixa Privada
6.6. Obrigacións convertibles e accións preferentes
6.7. Resumo, conclusións e test de revisión
7. Activos e mercado de renda variable
7.1. Introdución
7.2. Activos de renda variable
7.2.1. Características Xerais
7.2.2. Valoración
7.3. O mercado primario. OPVs e OPSs
7.4. O mercado secundario
7.4.1. Operacións
7.4.2. Organización
7.4.3. Contratación e liquidación
7.4.4. Custo de operar en Bolsa
7.5. Resumo, conclusións e test de revisión
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
- ANALISTAS FINANCIEROS INTERNACIONALES, El Sistema Financiero Español, AFI, 2008.
- BARQUERO CABRERO, J. e HUERTAS COLOMINA, F. (coords.), Banca, finanzas y seguros, Ed. Gestión 2000, 2000.
- CASILDA BEJAR, R et AL., La banca y los mercados financieros, Ed. Alianza, 1997.
- FABOZZI, F., Investment Management, Ed. Prentice Hall, 1995.
- FABOZZI, F, MODIGLIANI, F. e FERRI, M., Mercados e Instituciones Financieras, Ed. Prentice Hall, 1996.
- LÓPEZ PASCUAL, J. e SEBASTIÁN GONZÁLEZ, A., Gestión bancaria, Ed MacGraw-Hill, 2007.
- MARTIN MARIN, José Luis; TRUJILLO PONCE, Antonio (2004): Manual de Mercados Financieros. Thomson, Madrid.
- MENDIALDUA, A.B y otros (2009): Gestión de Entidades Financieras. Netbiblo, La Coruña.
- OTERO GONZÁLEZ, L., La gestión de activos y pasivos en el sector asegurador de vida, ICEA, 2001.
- PALOMO ZURDO, R. e MATEU GORDON, J., Productos, instrumentos y operaciones de inversión, ISTPB, 2004.
- PÉREZ, J. L., Conociendo el seguro, Ed. Umeser, Madrid, 2001.
- RODRÍGUEZ, L.; PAREJO, J. A.; CUERVO, A. e CALVO, A., Manual del sistema financiero español, 20ª edic., Ariel, Barcelona, 2007.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Facilitaranse as referencias na aula para aqueles temas nos que se considere necesario
CompetenciasCompetencias da titulación ás que contribúe a materia:
- Posuír e comprender os coñecementos que definen a Administración e Dirección de Empresas como disciplina científica, incluíndo as súas teorías, historia, métodos, técnicas e áreas de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións máis avanzadas e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento neste campo.
– Posuír os coñecementos xerais e as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar estudando e para emprender estudos especializados nos diversos ámbitos da empresa e noutras áreas relacionadas, cun alto grao de autonomía.
– Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de como funciona a economía.
– Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicacións en todo o seu desempeño profesional.
– Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos.
Competencias específicas da materia:
- Coñecer a estrutura do sistema financeiro español.
- Saber interpretar a información financeira.
- Coñecer as funcións do SEBC/BCE/Banco de España e saber interpretar a política monetaria.
- Saber construír e analizar unha estrutura temporal de tipos de xuro.
- Diferenciar os diferentes produtos financeiros que se emiten e negocian nos mercados financeiros.
- Saber como se contratan os activos financeiros nos mercados.
- Coñecer como se xestionan diferentes entidades financeiras.
- Estar capacitado para avaliar diferentes tipos de risco.
- Estar capacitado para empregar algún software adecuado para apoiar a análise das decisións financeiras (follas de cálculo e outros programas).
- Observar a realidade da actualidade financeira a través da prensa ou outros medios e aplicar os coñecementos adquiridos a esas situacións.
Metodoloxía da ensinanza Ao tratarse dunha materia de cuarto curso tratarase de aplicar un enfoque práctico que permita que o alumno teña un bo coñecemento da realidade dos mercados e da actividade das institucións financeiras. Dado que iso esixe o manexo de abundante información financeira, potenciaranse tanto as clases prácticas, como o traballo autónomo do alumno. As sesións de aula dedicadas ás clases expositivas servirán para introducir ao alumno nos temas do programa e explicarlle o plan de traballo, proporcionándolle o material e a información adicional necesaria que permita un adecuado desenvolvemento do proceso de aprendizaxe autónomo. Á finalización de cada tema o alumno deberá realizar diferentes exercicios e actividades e, periodicamente, realizará traballos monográficos dalgún dos temas que configuran o programa , en moitos casos a partir de procuras e análises de información extraída da web que posteriormente exporán, ben individualmente, ben en grupo. Tamén deberán resolver problemas e casos reais co apoio de software informático. Deste xeito potenciarase o manexo de información financeira en internet e a resolución de casos baseados na mesma.
Os exames forman parte do proceso de aprendizaxe e están encamiñados a avaliar as competencias xerais, específicas e transversais que o alumno adquire durante o Curso.
Sistema de evaluaciónPara unha correcta avaliación das competencias que o alumno debe adquirir cursando esta materia terase en conta, por un lado, o resultado obtido nunha proba final teórico práctica e, por outro lado, a valoración continua do traballo do alumno materializado na súa participación activa nas actividades programadas e na realización de todos aqueles traballos, casos, etc., propostos ao longo do curso. A ponderación dos diferentes elementos na nota final explicitarase cada curso na correspondente guía docente. En todo caso, realizarase un exame de conxunto que abarque toda a materia cuxa valoración non superará o 50% da nota final.
Tempo de estudo e traballo persoalTraballo presencial:
- Docencia en grupo grande: 15
- Docencia en grupo reducido: 15
- Titorizacións en grupos reducidos ou individualizadas: 10
- Outras sesións con profesor: Exames e revisións: 5
Total horas traballo presencial na aula: 45
Traballo non presencial:
- Estudio autónomo individual ou en grupo: 30
- Preparación das prácticas: lectura de casos, textos e artigos, escritura de conclusións e traballos: 20
- Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar: 10
- Preparación de presentacións orais, debates ou similar: 7.5
Total horas traballo persoal do alumno: 67.5
Recomendacións para o estudo da materiaOs alumnos que se dispoñen a estudar esta materia deberían ter coñecementos previos de análise e cálculo financeiro, dirección financeira e manexo de follas de cálculo.
Esta materia caracterízase por estar intimamente ligada á actualidade financeira e, en concreto, aos mercados financeiros, ás decisións de política monetaria, aos produtos financeiros e ás actividades de institucións tan coñecidas como os bancos, as caixas de aforros, as cooperativas de crédito, as compañías de seguros ou os plans e fondos de pensións. Por este motivo, a aprendizaxe na materia mellora considerablemente se o alumno fai un seguimento da información que se publica tanto en prensa como en diferentes páxinas web que poñemos á súa disposición. Ademais, hai certas lecturas e libros básicos de interese que facilitan a comprensión. Non é preciso sinalar que o método de avaliación continua esixe unha dedicación semanal que favorece os resultados finais do alumno.