Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais  »  Información da Materia

G3071447 - Comercialización Internacional (Materias Optativas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
  • Áreas: Comercialización e Investigación de Mercados
  • Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
RUZO SANMARTIN, EMILIO.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01AOrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_01BOrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_02AOrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_02BHorariosClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    A globalización da economía mundial é un proceso que afecta a todas as empresas, independentemente da súa vontade de competir nos mercados exteriores, xa que a competencia internacional ten lugar tamén no mercado doméstico. Neste contexto, unha alternativa de crecemento a medio e longo prazo para a empresa é a saída aos mercados estranxeiros. Deste xeito, o obxectivo da materia Comercialización Internacional é formar ao/á alumno/a na decisión de internacionalización, no proceso de expansión internacional e nas formas de planificar e executar as operacións de marketing internacional.
    Contidos
    Tema 1. Internacionalización da empresa e marketing internacional
    Tema 2. Análise e selección de mercados exteriores
    Tema 3. O programa de marketing internacional: decisións de producto
    Tema 4. O programa de marketing internacional: decisións de prezo
    Tema 5. O programa de marketing internacional: decisións de distribución
    Tema 6. O programa de marketing internacional: decisións de promoción

    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
    Hollensen, S.; Arteaga, J. (2010): Estrategias de marketing internacional, Pearson Educación, Madrid.
    BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
    Bradley, F.; Calderón, H. (2007): Marketing internacional, Editorial Pearson Prentice-Hall.
    Cateora, P.; Graham, J. (2006): Marketing internacional, McGraw Hill, México.
    Cerviño, J. (2002): Marcas Internacionales. Cómo Crearlas y Mantenerlas, Pirámide, Madrid.
    Cerviño, J. (2006): Marketing internacional. Nuevas perspectivas para un mundo globalizado, Editorial Pirámide, Madrid.
    Czinkota, M. y Ronkainen, I. (2008): Marketing Internacional, Cengage Learning Editores, México.
    García, R. (2000): Empresas Españolas en los Mercados Internacionales, ESIC, Madrid.
    Guisado, M. (2002): Internacionalización de la Empresa, Pirámide, Madrid.
    Jain, S. C. (2002): Marketing internacional, International Thomson Editores.
    Jerez, J.L.; García, A. (2010): Marketing internacional para la expansión de la empresa, ESIC, Madrid.
    Keegan, W.J.; Green, M.C. (2009): Marketing internacional, Pearson Educación, México.
    Nieto, A.; Llamazares, O. (2007): Marketing Internacional, Editorial Pirámide, Madrid.

    Competencias
    XERAIS
    - Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestión relacionadas co ámbito empresarial, incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes sobre a súa dimensión social, científica ou ética.
    - Saber comunicar información, ideas, problemas e propostas de solución a cuestións de índole empresarial tanto a un público especializado como non especializado, facendo uso tanto da linguaxe verbal e escrita coma dos medios e técnicas de representación de relacións e presentación de datos que se empregan na disciplina.
    - Decisións de política e estratexia comercial: “marketing mix”, políticas de prezos, distribución, promoción e política de produto.
    - Valorar a partir dos rexistros relevantes de información a situación e previsible evolución dunha empresa.
    - Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicacións en todo o seu desempeño profesional.
    ESPECÍFICAS
    - Concienciación da importancia dos negocios internacionais para as empresas.
    - Formación dunha actitude activa cara ao mercado internacional.
    - Recollida e utilización de información para a toma de decisións en mercados internacionais.
    - Desenvolvemento de habilidades para a selección de mercados internacionais.
    - Uso das ferramentas de marketing no entorno internacional.
    - Avaliación das necesidades de adaptación da acción comercial ao entorno internacional.
    Metodoloxía da ensinanza
    As sesións expositivas terán como obxectivo introducir ao alumnado nos contidos básicos dos temas que conforman o programa, facendo fincapé nos aspectos máis relevantes e nas súas relacións. Nas sesións interactivas intentarase entrenar ao alumnado na toma de decisións en situacións de incerteza, utilizando fundamentalmente casos prácticos que reflicten situacións empresariais en contornas internacionais complexas (algún destes casos requiere o uso de ferramentas informáticas de análise estadístico). Nas clases interactivas comentaranse, tamén, lecturas de textos e artículos, e debatiranse cuestións propostas polo profesorado. As actividades de traballo persoal do alumnado inclúen, ademáis do tempo adicado ao estudo, a realización das actividades sinaladas polo profesorado.
    Sistema de evaluación
    A avaliación desta materia realizarase do seguinte xeito.

    1ª EDICIÓN (CONVOCATORIA DE MAIO):
    A cualificación da materia será o resultado de sumar as dúas puntuacións seguintes:
    - 60%: cualificación obtida no exame teórico final. Para aprobar a materia débese obter un 3 sobre os 6 puntos posibles.
    - 40%: valoración da participación nas actividades realizadas nas sesións interactivas. Para aprobar a materia será condición necesaria a participación, como mínimo, no 50% das actividades prácticas.
    A cualificación final será a suma ponderada das dúas puntuacións, de xeito que se require un 50% da cualificación total para superar a materia.

    2ª EDICIÓN (CONVOCATORIA DE XULLO):
    Na convocatoria de xullo realizarase un exame que constará de dúas partes, coas seguintes ponderacións:
    - 60%: parte teórica. Para aprobar a materia débese obter un 3 sobre os 6 puntos posibles.
    - 40%: parte práctica. Os alumnos que teñan participado polo menos no 50% das actividades prácticas e que obtiveran unha puntuación superior a 2 poderán conservar esta cualificación e non realizar a parte práctica do exame.
    A cualificación final será a suma ponderada das dúas puntuacións, de xeito que se require un 50% da cualificación total para superar a materia.

    Os alumnos que teñan cursado a materia en anos anteriores e que cumplan as dúas condicións que se especifican a continuación poderán conservar a cualificación correspondente ás actividades realizadas nas sesións interactivas e realizar únicamente o exame teórico en cada unha das dúas edicións da convocatoria oficial:
    - Que teñan participado polo menos no 50% das actividades realizadas nas sesións interactivas do curso correspondente.
    - Que obtiveran unha puntuación superior a 2 na valoración das actividades realizadas nas sesións interactivas.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    O tempo recomendado para superar a materia é o seguinte:
    - Horas de traballo presencial na aula (expositivas, interactivas, titorías e exame): 45.
    - Horas de traballo autónomo (estudio autónomo e preparación das actividades): 67,5
    Deste xeito, as actividades implicadas na aprendizaxe, desenvolvemento e estudio da materia durante o curso, así como das diferentes probas de avaliación, implican un total de 112,5 horas de adicación por parte do/a alumno/a.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase que os alumnos traballen de xeito continuado sobre a materia ao longo de todo o curso, leven ao día os conceptos teóricos e se impliquen no debate dos temas e dos casos. Ademais, resulta conveniente a comunicación co profesor a través das titorías persoais.
    Máis especificamente recoméndase:
    - Antes de cada clase teórica ler e preparar o tema que será presentado e debatido nela, empregando o manual básico da materia.
    - Despois das clases teóricas profundar nos conceptos expostos a través do material complementario.
    - Antes de cada clase práctica ler o caso práctico proposto e relacionalo cos contidos teóricos relevantes.
    - Utilizar o horario establecido de titoría para realizar consultas aos profesores encargados da materia.

    Observacións
    Comportamento en clase
    Este é un curso de dirección de empresas que se debe realizar de xeito profesional. Non se permitirá aos alumnos chegar tarde ou saír cedo, ler o periódico ou realizar tarefas doutras materias mentres estean na aula. Os alumnos non deben conversar na aula sobre temas alleos á materia; todos os alumnos deben poder escoitar o que está dicindo o/a profesor/a.
    Os alumnos deben apagar os teléfonos móbiles ao entrar na clase. Todos os iPod ™ e outros dispositivos semellantes deben estar apagados e gardados.