Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais  »  Información da Materia

G3071448 - Comportamento e Cambio Empresarial (Materias Optativas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
  • Áreas: Organización de Empresas
  • Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
LEGASPI DIAZ, MONICA.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    OBXECTIVOS

    - Identificar o contexto social e legal da empresa en España. Entender a complexa organización territorial do estado para analizar as complexidade interterritorial que afecta á empresa.
    - Describir o procedemento administrativo para entender cales son as regras de comunicación coa Administración
    - Definir concetos como notificación, publicacións, recursos e resolución de recursos.
    - Introducción á contratación pública e ós seus principios básicos
    - Tipos de contratos, tipos de procedementos de contratación. Concetos básicos. Figuras delictivas
    - Estudar as relacións laborais para poder entender as prescripcións legais de contratación laboral e despidos de persoal.
    - Estudar os tipos de contratos de persoal
    - Motivación, empowerment, liderazgo
    Contidos
    Tema I: Introducción á organización territorial do Estado
    Tema II: O procedemento administrativo español
    Tema III: A Administración Pública e as súas regras de actuación. Notificacións, publicacións, recursos administrativos, silencio administrativo, resolucións expresas
    Tema IV: Expedientes administrativos en relación coa empresa
    Tema V: Motivación, equipo e empowerment.
    Tema VI: A contratación pública: regras básicas e principios xerais
    Tema VII: Tipoloxía de contratos e de procedementos de contratación
    Tema VIII: Garantías, execución dos contratos e resolución
    Tema IX: As relacións laborais na empresa.
    Tema X: A ética empresarial



    Bibliografía básica e complementaria
    - Lei 30/92 de Réxime Xurídico e Procedemento Administrativo Común
    - O Estatuto dos Traballadores e Real Decreto Lei 3/2012 de 6 de xuño
    - Real Decreto Lexislativo 3/2011 de 14 de novembro polo que se aproba oTexto Refundido la Lei de contratos do Sector Público
    - Arthur Andersen (1998) Prácticas de Gerencia del Siglo XXI. Editorial La Palma. España.


    Competencias
    Competencias

    Desenvolvemento da capacidade de búsqueda de solucións ante problemas concretos que se presenten no comportamento organizacional dentro da complexa organización territorial
    Desenvolvemento da habilidade de localización de información aplicable ás citadas solucións
    Coñecemento e comprensión dos concetos económico-organizacionais aplicables á empresa e o seu entorno de actuación dentro do cambio estructural e social
    Coñecemento da lexislación vixente aplicable directamente á empresa dentro do complexo ámbito territorial


    Competencias específicas da materia:

    -Capacidade para analizar o entorno e a realidade empresarial.
    –Comprensión da relación entre a sociedade e a empresa.
    –Coñecemento da natureza dinámica das lexislacións aplicables.
    –Coñecemento sobre como xestionar unha empresa ou organización na súa relación administrativa.
    –Capacidade para asumir responsabilidades directivas.
    –Capacidade para tomar decisións.
    –Capacidade de razoamento crítico e iniciativa.
    –Capacidade de argumentación e comunicación.


    Metodoloxía da ensinanza
    As sesións de aula dedicadas ás clases expositivas utilizaranse para introducir os contidos básicos dos temas que conforman o programa, resaltando os aspectos especialmente relevantes e as relacións entre eles.

    Nas sesións interactivas trátase de que o alumnado aplique os conceptos teóricos. Para elo analizaranse casos, comentaranse lecturas de textos e artigos, ou debateranse cuestións plantexadas polo profesorado.

    Adicionalmente, o alumnado deberá elaborar un traballo en grupo sobre un tema y expoñelo oralmente. Con todo isto, preténdese estimular o traballo cooperativo e desenvolver as habilidades de argumentación e comunicación. As actividades de traballo persoal do alumnado inclúen, ademáis do tempo adicado ao estudo, a lectura do material proporcionado polo profesorado, a búsqueda de información na biblioteca, hemeroteca ou bases de datos e a elaboración dun traballo en grupo. Nas titorías, o profesorado orientará ao alumnado sobre os casos prácticos, lecturas, traballos e exposicións; tamén servirán para solventar dúbidas e solucionar problemas aos que se enfrente o alumnado no proceso de aprendizaxe e como canal de retroalimentación sobre os resultados do mesmo.

    Utilizarase o apoio virtual para á docencia.
    Sistema de evaluación
    A avaliación continua terá en conta tódalas actividades desenvolvidas polo alumnado(participación activa na análise de casos, debate e comentario de lecturas, artigos ou noticias de prensa, presentación y exposición de traballos, etc. ). A avaliación dos coñecementos teóricos realizarase mediante un exame.
    a.- Exame 70% da cualificación.
    b.- Participación nas actividades desenvolvidas na aula: 20%
    c.- Realización, presentación e defensa de traballo en grupo 10%.

    Para poder sumar b e c é necesario que o alumnado obteña como mínimo un 3.0 sobre 7 no exame teórico.

    Este sistema de avaliación aplicarase na convocatoria de xuño.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    As horas de traballo distribúense do seguinte modo:
    .- Presenciais expositivas: 18 horas
    .- Presenciais interactivas: 18 horas
    .- Traballo persoal do alumnado: 45 horas. A distribución do traballo persoal do alumnado distribúese como sigue:
    .- Estudo autónomo individual ou en grupo: 20 horas.
    .- Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos: 10 horas.
    .- Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar: 5 horas.
    .- Preparación de presentacións orais, debates ou similar: 10 horas.







    Recomendacións para o estudo da materia
    Non se requiren coñecementos previos para cursar esta materia.
    Para maximizar a aprendizaxe é recomendable que o alumnado prepare previamente as lecturas e textos recomendados, realice tódalas actividades plantexadas polo profesorado e asista regularmente ás clases teóricas e prácticas.