G3071450 - Distribución Comercial (Materias Optativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 2.25
- Total: 38.25
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
- Áreas: Comercialización e Investigación de Mercados
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaPreténdese que o alumno afonde, dentro do ámbito de marketing, no desenvolvemento e xestión de canles de comercialización. A relevancia desta materia reside no actual contorno de competitividade no que se moven as empresas, e que lles esixe un esforzo de desenvolvemento continuo de novos produtos e a mellora dos que xa utilizan.
Os obxectivos que se pretenden alcanzar nesta materia poden ser resumidos nos seguintes puntos:
1) Introducir o alumno nos conceptos que explican a aparición de este tipo de axentes económicos e a función que cumpren na economía de mercado.
2) Explicar a súa estrutura e funcionamento, así como as diferentes tipoloxías existentes.
3) Desenvolver capacidades para deseñar o sistema de distribución de calquera tipo de empresa e para xestionar as relacións entre o fabricante e o distribuidor.
4) Ofrecer unha visión práctica das principais técnicas de xestión utilizadas polos distintos tipos de canles para promover as súas vendas.
ContidosO programa da materia está dividido en catro temas básicos, que se indican a continuación:
TEMA 1: O SISTEMA DE DISTRIBUCIÓN COMERCIAL.
1.1. Natureza e contido da distribución comercial.
1.2. Cadea de valor e estruturas comerciais.
1.3. Funcións que realizan e fluxos que xeran as canles de comercialización.
TEMA 2. TIPOLOXÍA DAS FORMAS COMERCIAIS.
2.1. As formas comerciais maioristas.
2.2. Formatos comerciais minoristas.
2.3. Formas comerciais sen establecemento.
2.4. Evolución e tendencias dos formatos comerciais.
TEMA 3. TÉCNICAS DE XESTIÓN DOS ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS.
3.1. Shopper marketing ou marketing de compradores.
3.2. Análise da variedade e xestión por categorías.
3.3. Xestión dos marxes: prezos e promocións eficientes.
3.4. Merchandising
TEMA 4. AS RELACIÓNS FABRICANTE-DISTRIBUIDOR
4.1. As estratexias de distribución dos fabricantes.
4.2. Modelos de organización das canles de marketing.
4.3. Xestión das relacións co canal.
Bibliografía básica e complementaria-. CASARES RIPOL, J. E A. REBOLLO AREVALO, (2005). Distribución comercial. Civitas.
-. CRUZ ROCHE, I. ET AL. (1999). Los canales de distribución de los productos de gran consumo: concentración y competencia. Pirámide.
-. DIEZ DE CASTRO, C. E LANDA BERCERRAL, F. J. (2000) Merchandising. Pirámide.
-. DIEZ DE CASTRO, E. (2004) Distribución comercial. Mcgraw Hill.
-. MARTINEZ LOPEZ, F. E G. MARAVER TARIFA (2009) Distribución comercial. Delta.
-. MIQUEL PERIS, S. ET AL. (2008) Distribución comercial. ESIC.
-. SANCHEZ FERNANDEZ, J. (2001) Sistemas de información en las organizaciones: El EDI en los canales de distribución. Pirámide.
-. STERN, L.W. ET AL. (1998) Canales de Comercialización. Prentice Hall.
-. PELTON, L., ET AL. (1999) Canales de marketing y distribución comercial. Mcgraw Hill.
-. VAZQUEZ CASIELLES, R. (2006) Estrategias de distribución comercial. Ediciones Paraninfo.
-. VAZQUEZ CASIELLES. R. ET AL. (1997) .- Distribución comercial: estrategias de fabricantes y detallistas. Civitas.
Competencias--Ó longo da asignatura pretendese que transmitir o alumno o siguiente conxunto de capacidades:
- Identificar os distintos elementos que interveñen nos sistemas de distribución comercial.
- Valorar a importancia que ten o sistema de distribución no crecimiento e na competitividade da empresa.
- Manexo das ferramentas e técnicas necesarias para a toma de decisións e levar adiante as actividades de distribución.
- Relacionar e utilizar os coñecementos obtidos nesta materia con outras materias do grado.
Metodoloxía da ensinanza A metodoloxía de ensino combina a docencia teórica ca realización de prácticas. O sesenta por ciento das horas de clase serán adicadas a docencia teórica e o trinta por cento restante a realización de prácticas. As clases teóricas basaránse principalmente na explicación por parte do profesor dos conceptos fundamentais da materia e no estudo dos manuais básicos recollidos na bibliografía.
Nas clases prácticas levaráse adiante o análise, discusión e resolución de casos prácticos de empresas reais, noticias de prensa e vídeos educativos, que faciliten a asimilación dos conceptos estudiados nas clases teóricas e capaciten o alumno para utilizarlos nas situaciones reales habituais na práctica empresarial. Trataráse de fomentar a participación activa do alumno, tanto nas clases teóricas como, especialmente, nas prácticas.
Sistema de evaluaciónA avaliación do rendemento académico do alumno basearase na realización dun exame e das actividades complementarias na aula como a resolución de casos, debates, etc. A puntuación final basearase na cualificación obtida no exame (70%) e tamén terase en conta a presentación e resolución dos casos propostos para cada clase (30%). O exame realizarase nas datas fixadas no calendario oficial do centro.
Tempo de estudo e traballo persoal-As distintas actividades implicadas no aprendizaxe desta materia exigirá por parte do alumno unha adicación total aproximada de 100 horas. Incluindo: asistencia a clase, preparación das clases (lecturas previas, preparación de casos prácticos), lectura e estudo dos manuales e preparación do examen escrito.
Recomendacións para o estudo da materia-
Para o óptimo aprendizaxe da materia recomiendase o alumno:
- Antes de cada clase teórica leer e preparar os temas que serán presentados nela, utilizando os manuales básicos da materia.
- Despois das clases teóricas profundizar nos conceptos expostos o traveso dos materiales de estudio que se propoñen na bibliografía.
- Antes de cada clase práctica leer los casos prácticos propostos e repasar os contidos teóricos relacionados con cada caso práctico concreto, utilizando a bibliografía relacionada con cada caso.
- Utilizar o longo de todo o curso de forma continuada as tutorías co profesor.
Observacións-