Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais  »  Información da Materia

G3071451 - Estratexia e Xestión Financeira (Materias Optativas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
  • Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
  • Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
RODRIGUEZ SANDIAS, ALFONSO.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo da materia é ofrecer unha visión integral das finanzas aplicable ao máis alto nivel de dirección empresarial, e vinculada coa estratexia xeral da empresa e co obxectivo de creación de valor. Buscarase reforzar o coñecemento dos principios das finanzas e a súa aplicación práctica a través do traballo con modelos financeiros, facendo constar a inexistencia de regras máxicas, e todo elo con unha especial atención ao entorno habitual no que se deben de desenvolver os alumnos, caracterizado por pequenas e medianas empresas.
    Contidos
    O papel das finanzas na empresa, a estratexia e a creación de valor.
    A xestión financeira baseada no valor.
    O diagnóstico financeiro tradicional.
    O diagnóstico financeiro orientado a creación de valor.
    A planificación financeira a longo prazo
    Valoración de empresas.
    A planificación financeira a corto prazo.
    O aspecto estratéxico das decisión financeiras
    Bibliografía básica e complementaria
    BÁSICA:
    - KOLLER, GOEDHART, WESSELS. (2010): Valuation: Measuring and Managing the Value of Companies, Wiley & Sons, New York, 5ª Ed.
    - DAMODARAN, A., Applied Corporate Finance, 3ª ed., John Wiley & Sons, Nueva York, 2011.
    - RAPPAPORT, A., La Creación de Valor para el Accionista. Una guía para inversores y directivos, 2ª edición, Ed. Deusto, Bilbao, 1998.
    - RODRIGUEZ SANDIÁS, A., Planificación Financiera Aplicada, Tórculo, 2008
    - RODRIGUEZ SANDIÁS, A., Estrategias de Planificación Financiera Aplicada, Andavira, 2011

    COMPLEMENTARIA:
    - ALLEN, D., Strategic financial management, FT Financial Publishing, 1996.
    - BREALEY, MYERS, ALLEN., Principles of Corporate Finance, 10ª ed., Irwin, McGraw Hil, 2011.
    - BENNINGA, S., Principles of Finance with Excel, Oxford University Press, 2011
    - FERNÁNDEZ, P., Valoración de Empresas, Gestión 2000, Barcelona, 2004.
    - MASCAREÑAS PÉREZ-IÑIGO, J., Fusiones, adquisiciones y valoración de empresas, 5ª ed., Ecobook, 2011.
    - PENMAN, S., Financial Statement Analysis and security valuation, Mcgraw-Hill, 2007
    - ROJO, A., Valoración de empresas y gestión basada en Valor, Thomson, 2007
    - ROSS, S. A.; WESTERFIELD, R. W. e JAFFE, J. F., Finanzas Corporativas, Madrid, 2009.
    - SENGUPTA, C., Financial Analysis and Modeling, John Wiley & Sons, 2010.
    - TITMAN, S.; MARTIN, J. Valoración, Pearson, 2009
    - WOOLLEY, S., The Sources of Value, Cambridge Univesity Press, 2009

    Competencias
    Coñecer o papel das finanzas e do departamento de finanzas no proceso de creación de valor da empresa.
    Saber cuantificar a creación de valor na empresa e analizar os seus determinantes.
    Saber realizar una análise financeira en profundidade da situación da empresa e as súas perspectivas de futuro, tanto de forma individual como en relación á competencia.
    Saber realizar a planificación e presupuestación a corto, medio e longo prazo na empresa.
    Realizar modelos de simulación informatizados para resolver problemas financeiros e planificar as consecuencias económico financeiras das decisións empresariais.
    Valorar as estratexias empresariais de activo e pasivo dende una perspectiva financeira.
    Xestionar o circulante da empresa así como os seus riscos.
    Aprender a utilizar programas de folla de cálculo para resolver problemas financeiros

    Metodoloxía da ensinanza
    Materia optativa de 4,5 créditos, distribuidos en 18 horas de clases expositivas e 18 horas de clases interactivas.
    As sesións dedicadas a clases expositivas teñen como obxectivo a introdución e explicación dos aspectos básicos de cada tema proporcionando ao alumno a información adicional necesaria que permita un adecuado desenrolo do proceso de aprendizaxe.
    As prácticas ou interactivas están encamiñadas a resolver casos nos que o alumno ten que enfrentar a toma de decisións financeiras. Ditas sesións implicarán o uso de programas de folla de cálculo.
    Os alumnos recibirán o apoio do campus virtual da USC, a través da páxina do curso na que se ofrecerá o material de apoio correspondente.
    Nas clases interactivas empregarase a versión de Excel máis actual que teña instalada a aula de informática que se utilice. O alumno que o desexe pode acudir a clase co seu propio portátil. Todos os modelos que se van a desenrolar poden utilizarse en outros programas de folla de cálculo distintos a Excel (no obstante foron desenrolados en Excel).

    Sistema de evaluación
    O sistema de avaliación estará formado por dous elementos.
    a) Un exame teórico-práctico que suporá o 70% da nota final (7 puntos). Requerirase no exame un mínimo de 3,5 puntos (50% sobre 7) para poder superar a asignatura.
    b) O 30% restante (3 puntos), corresponderase con un traballo a desenrolar ao longo do curso. Esixirase polo menos un 85% de asistencia a clase para poder presentar dito traballo. O traballlo deberá presentarse antes do inicio do periodo de exámenes. O traballo poderá realizarse de forma individual ou en parella, tras acordo co profesor da materia. Dito traballo versará sobre a aplicación a un caso real das metodoloxías de análise e planificación financeira desenroladas na materia. A nota de dito traballo poderá conservarse nos anos seguintes mentres se manteña o sistema de avaliación e o profesor da materia.
    O sistema de avaliación será o mesmo nas convocatorias de Xuño e Xullo.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Total horas traballo presencial na aula: 45
    Total horas traballo personal do alumno: 70 (incluido o tempo de elaboración do traballo)

    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistencia e participación activa nas clases presenciais e utilización das tutorías. Resulta importante ir fixando os coñecementos a medida que se vaian impartindo dado o carácter continuo da materia e a estreita relación entre os distintos temas. De esta forma obterase un maior rendemento e proveito dos contidos teóricos e prácticos. Por outro lado, recomendase a aqueles que vaian a realizar o traballo da materia que o vaian elaborando ao longo do curso, de forma que poidan sincronizar o aprendido na clase coa súa posta en práctica.
    Observacións
    PROFESORES DA MATERIA:
    ALFONSO RODRÍGUEZ SANDIÁS
    Despacho 319-B
    Tel: 881811607
    alfonso.rodriguez.sandias@usc.es