Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais  »  Información da Materia

G3071453 - Xestión Financieira Internacional (Materias Optativas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
  • Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
  • Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
OTERO GONZALEZ, LUIS ALBERTO.SI
ZAPATA HUAMANI, GUILLERMO ANDRES.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    A materia de Finanzas Internacionais céntrase no estudo do sistema financeiro internacional. Na primeira parte do programa abordamos o funcionamento do sistema monetario internacional, posto que define o marco onde teñen lugar as operacións financeiras. A continuación, detémonos no estudo dos mercados internacionais. Neste caso, en primeiro lugar analizamos o mercado de divisas, nexo de unión dos diferentes mercados domésticos, afondando nos medios de pagamento utilizados no comercio internacional, na formación de tipos de cambio e nas diferentes operacións financeiras e de cobertura dos riscos habituais neste mercado. A análise dos mercados complétase coa aproximación aos diferentes mercados domésticos, euromercados e mercados emerxentes. Finalmente, e para ter unha visión completa de todas as alternativas de financiamento e investimento internacional, os últimos capítulos do programa dedícanse ao estudo dos instrumentos financeiros, con especial atención a aqueles orientados a financiar as operacións de comercio exterior e á xestión de tesourería.

    Contidos
    PRIMEIRA PARTE: SISTEMA MONETARIO INTERNACIONAL

    TEMA I: O MUNDO DAS FINANZAS INTERNACIONAIS
    TEMA II: O MERCADO DE DIVISAS
    TEMA III: TIPOS DE CAMBIO, RENDIBILIDADE E RISCO DAS OPERACIÓNS EN DIVISAS
    TEMA IV: TEORÍAS SOBRE OS TIPOS DE CAMBIO
    TEMA V: DERIVADOS EN DIVISA
    TEMA VI: EXPOSICIÓN E COBERTURA DO RISCO CAMBIARIO

    Bibliografía básica e complementaria
    TEXTOS BÁSICOS:

    ARAGONÉS, J. (1990) Economía Financiera Internacional. Editorial Pirámide.

    EITEMAN, D.; STONEHILL, A. y MOFFETT, M. (2000) Las finanzas de las empresas multinacionales, octava edición, Ed. Prentice Hall.

    DÍEZ DE CASTRO, L. , MASCAREÑAS, J. ( 1994) Ingeniería Financiera. Editorial Mc Graw Hill.

    KOZIKOWSKI, Z. (2001): Finanzas Internacionales. McGraw-Hill, México.

    LEVI, M. (1997) Finanzas Internacionales. Tercera Edición MC Graw Hill.

    MARTÍNEZ ESTÉVEZ, A. (2000): Mercados Financieros Internacionales. Civitas, Madrid.

    MATEOS-APARICIO, P. y AFI (2001): Finanzas internacionales, Ediasa, Madrid.

    ONTIVEROS, E. y BERGÉS, ( 1992) Mercados Financieros Internacionales. Espasa Calpé. 2ª Edición
    Competencias
    - Coñecer a estrutura do sistema financeiro internacional.
    - Saber interpretar a información financeira dos mercados de divisas e outros mercados internacionais.
    - Coñecer os riscos aos que está exposta a actividade internacional
    - Capacitar para a medición do risco de cambio.
    - Saber cubrir os diferentes riscos.
    - Coñecer as formas de financiamento internacional.
    - Coñecer os principais mercados financeiros internacionais.
    - Saber utilizar os medios de pagamento internacionais.
    - Xestionar a tesourería de empresa que levan a cabo operacións internacionais.
    Metodoloxía da ensinanza
    O ensino será eminentemente práctico, combinando aspectos teóricos coa resolución de exercicios na Aula de Informática.

    Periodicamente, os alumnos realizarán traballos, en moitos casos a partir de buscas e análise de información extraída da web, que posteriormente presentarán para a súa avaliación. Tamén deberán resolver problemas e casos reais co apoio de software informático.

    Os alumnos recibirán o apoio do campus virtual da USC, a través da páxina do curso de Finanzas Internacionais no que se ofrecerá a programación periódica das clases, apuntamentos de cada tema, unha guía bibliográfica, vínculos con páxinas web de interese e outras actividades complementarias voluntarias relacionadas co contido da materia.

    Sistema de evaluación
    * Avaliación continua. Ao finalizar cada tema os alumnos deberán resolver un conxunto de cuestións de revisión, realizar exercicios prácticos e resolver casos. A asistencia á clase e a participación activa neste sistema poderá supor un 30 por cento da cualificación.
    * Os alumnos que asistan a clase poderán realizar un exame final extra.

    * Os alumnos que non asistan regularmente á clase e non opten por ese sistema deberán presentarse ao exame final.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Horas presenciais:
    - Teóricas: 20
    - Prácticas (problemas, casos e prácticas de ordenador): 20

    Horas non presenciais:
    - Revisión de contidos: 2 horas semanais
    - Traballos e casos: 10 horas
    - Preparación exame final: 10 horas

    Horas de avaliación: 4 horas

    Total volume de traballo: 120 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    A materia aumenta en complexidade a partir do segundo tema, por iso é recomendable a revisión periódica dos conceptos e aplicacións prácticas. Asemade, aconséllase a revisión das prácticas realizadas na aula de informática.

    Esta disciplina caracterízase por estar intimamente ligada á actualidade financeira, e en concreto aos mercados financeiros internacionais, de aí que a súa comprensión mellore considerablemente se o alumno fai un seguimento regular da prensa financeira e visita as páxinas especializadas que aparecen detalladas en cada un dos temas.