Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais  »  Información da Materia

G3071455 - Planificación Fiscal (Materias Optativas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Economía Aplicada
  • Áreas: Economía Aplicada
  • Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
BALLESTEROS RON, ALEJANDRO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo CLIS_02HorariosClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    – Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito
    empresarial, incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes
    sobre a súa dimensión social, científica ou ética
    - Saber comunicar información, ideas, problemas e propostas de solución a cuestións de índole
    empresarial tanto a un público especializado como non especializado, facendo uso tanto da
    linguaxe verbal e escrita como dos medios e técnicas de representación de relacións e
    presentación de datos que se empregan na disciplina .
    – A realidade económica nacional e internacional, sectores produtivos, sector público, institucións
    económicas e a súa evolución
    - Sistemas de apoio á dirección e as funcións dos mesmos: planificación, análise, deseño e
    implantación dos sistemas de información
    - Emitir informes de asesoramento sobre situacións concretas de empresas e mercados
    - Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais

    Contidos
    - Dobre imposición: Métodos internos, Convenios bilaterais para evitala
    - Impostos sobre a renda de non residentes ;
    - Imposto de sociedades: tributación de rendas exteriores
    - Imposto de sociedades: Beneficios fiscais;
    - Imposto de sucesións.
    - Delito fiscal:Evasión fiscal
    - Elusión fiscal.

    Bibliografía básica e complementaria
    - ALBI IBÁÑEZ, E. et al., Sistema fiscal español, Barcelona, Ariel Economía, última edición.
    - Memento práctico Edersa, Francis Lefèvre, Madrid, última edición.
    - PÉREZ ROYO, F., Derecho financiero y tributario (parte general), Tomson Civitas, última edición.
    - Ruiz-Huerta, J. y Villoria, M. (2010). Gobernanza democratica y fiscalidad. Madrid. Tecnos

    Ao longo do curso facilitarase bibliografía complementaria.

    Códigos
    É imprescindible que o alumno dispoña dun texto que recolla a regulación actualizada dos impostos que van ser obxecto de estudo durante o curso.
    Competencias
    – Análise da lexislación fiscal nacional e internacional con especial interese nos convenios para evitar
    a dobre imposición.
    – Buscar a solución fiscalmente máis óptima mediante o traballo en equipo.
    – Comprender os mecanismos que achega a globalización económica no ámbito fiscal.
    – Coñecer a forma de comprender a lexislación fiscal doutros países.
    Metodoloxía da ensinanza
    Para o desenvolvemento do programa da materia conxugámola clase expositiva, que ten como obxectivo a exposición completa, sistemática e ordenada do contido dos temas e epígrafes descritos con anterioridade; xunto coas clases interactivas, nas que se require da participación e traballo do alumno. Tralas exposición teóricas plantexaremos diferentes exercicios, que se complementarán coas clases prácticas, a realizar algunhas con soporte informático, nas que se pretende conxugalo uso do sofware, sen perdernos en automatismos, o fundamental é que o alumno aprenda a buscar e manexa-la información relacionada coa materia. Para elo requírese que este sexa usuario de RAI, E e así ter acceso aos equipo informáticos (http://www.rai.usc.es/).Ademáis, os alumnos deberán realizar un traballo, definido nos primeiros días do curso, en grupos de entre dous ou tres estudantes. De esta maneira, evitámola "monometodoloxía", e esta combinación axuda a diversifica-las vantaxes e a compensa-los inconvenientes de cada técnica empregada de xeito individual.
    Sistema de evaluación
    A avaliación dos alumnos poderá realizarse a través de varias probas presenciais durante o cuadrimestre de maneira que os alumnos demostren os coñecementos que van adquirindo. Estas probas serán liberatorias da materia obxecto da mesma. Para ser tidos en conta na cualificación final o alumno debera superar a lo menos o 45 % da cada unha das probas.

    De non realizar ningunhas das probas anteriores, ou non habendo superado algunha, o alumno deber facer un exame final, que constara das partes examinadas durante o curso de maneira que os alumnos que non superaran algunha so realicen a parte non superada. Neste exame para aprobar o alumno debera superar a lo menos o 35 % da cada unha das partes.

    Os alumnos repetidores que poderán manifestar a súa opción de ir so ao exame final ou aqueles de intercambio que realicen o exame final, nas condicións establecidas no apartado anterior, a nota de este representara o 100 % da cualificación final.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    TRABALLO PRESENCIAL NO AULA_______________________________________Horas
    Clases de pizarra en grupo grande_______________________________________20
    Clases de pizarra en grupo reducido_____________________________________ 10
    Clases con ordenador/laboratorio en grupo reducido________________________5
    Titorías en grupo reducido sen ordenador/laboratorio_______________________5
    Titorías en grupos moi reducidos ou individualizadas_______________________5
    Total horas traballo presencial no aula_________________________________45

    TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO______________________________________Horas
    Estudo autónomo individual ou en grupo_________________________________50
    Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos_______________________7,5
    Programación/experimentación ou outros traballos en ordenador/laboratorio__5
    Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar________________-
    Asistencia a charlas, exposicións ou outras actividades recomendadas______5
    Total horas traballo persoal do alumno_______________________________67,5