G3071456 - Promoción Comercial (Materias Optativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 2.25
- Total: 38.25
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
- Áreas: Comercialización e Investigación de Mercados
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaEspecialización do alumnado nos aspectos máis relevantes da comunicación comercial das organizacións e a súa contorna. Planificación e execución de prácticas publicitarias e promocionais específicas e planificación e xestión dos medios -on line e off line- necesarios para facer chegar a comunicación da empresa o seu público obxectivo.
ContidosPara acadar este obxectivo a materia estructúrase como segue:
Docencia expositiva:
Tema 1. O mix promocional
Tema 2. Comportamento dos consumidores
Tema 3. Adminsitración da publicidade
Tema 4. Deseño publicitario
Tema 5. Medios publicitarios
Tema 6. Ferramienas promocionais: Marketing directo, Relacións públicas e Promoción de vendas
Tema 7. Regulación e ética
Docencia interactiva:
Tema 1. E-Segmentación
Tema 2. Optimización Web: Google Analytics
Tema 3. Web e blog, deseño, posicionamento en buscadores
Tema 4. Redes sociais
Tema 5. E-mail marketing
Tema 6. Control y cadros de mando
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica:
Alonso Coto, M (2008) El plan de marketing digital: Blended marketing como integración de acciones on y off line, Prentice Hall.
Baak, C. (2010) Publicidad, promoción y comunicación integral en marketing, Pearson.
Bibliografía complementaria:
Arens, W.F. (2001) Publicidad, 7ª ed., MC Graw Hill, México.
Barrio, S. del (2002) Publicidad Comparativa, Pearson Educación, Madrid.
Beckwith, S.L. (2004) Planes Completos de Publicidad, Deusto, Barcelona.
Díez, E., Martín, E. y Sánchez, M.J. (2002) Planificación Publicitaria, Pirámide, Madrid.
Ocaña, F. (2003) Claves para hacer Equipo.: Cómo trabajar con Éxito en Publicidad, Ediciones B, Madrid.
Scott, D.M. (2013) The new rules of marketing and PR: How to use news releases, blogs, podcasting, viral marketing and on line media to reach buyers directly.
Tellis, G.J. y Redondo, I. (2001) Estrategias de Publicidad y Promoción, Addison Wesley, Madrid
CompetenciasCompetencias da titulación ás que contribúe a materia:
– Saber elaborar e defender argumentos sobre cuestións económicas a un nivel xeral e non
especializado, así como resolver problemas sobre estas cuestións, facendo uso dos seus
coñecementos sobre a realidade empresarial, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
– Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito empresarial, incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes sobre a súa dimensión social, científica ou ética.
– Redactar proxectos de xestión global ou de áreas funcionais da empresa.
– Valorar a partir dos rexistros relevantes de información a situación e previsible evolución da empresa.
– Decisións de política e estratexia comercial: “Márketing mix”, políticas de prezos, distribución, promoción e política de produto.
Competencias específicas da materia:
– Coñecemento da evolución e da contorna da comunicación comercial.
– Utilización das ferramentas publicitarias e promocionais on line e off line.
– Elaboración de plans publicitarios.
– Coñecemento da información sobre audiencias dispoñible en España.
Metodoloxía da ensinanza As clases expositivas terán como obxectivo introducir ao alumnado nos contidos básicos dos temas que conforman o programa, facendo fincapé nos aspectos mais relevantes e nas súas relacións. Nas sesións interactivas intentarase entrear ao alumnado na toma de decisións en situacións de incerteza, utilizando fundamentalmente casos prácticos que reflicten situacións organizativas similares ás reáis. Nas sesións interactivas se comentarán, tamén, campañas de comunicación e se debaterán cuestións propostas polo profesorado. As actividades de traballo persoal do alumnado inclúen, asemade do tempo dedicado ao estudo, a realización das actividades sinaladas polo profesorado.
Sistema de evaluaciónA avaliación desta materia realizarase do seguinte xeito.
CONVOCATORIA DE XUÑO:
A cualificación da materia será o resultado de sumar as dúas puntuacións seguintes:
60%: cualificación obtida no exame teórico final. Para aprobar a materia débese obter un 3 sobre os 6 puntos posibles.
40%: valoración da participación nas actividades realizadas nas sesións interactivas. Para aprobar a materia será condición necesaria a participación, como mínimo, no 50% das actividades prácticas.
A cualificación final será a suma ponderada das dúas puntuacións, de xeito que se require un 50% da cualificación total para superar a materia.
CONVOCATORIA DE XULLO
Na convocatoria de xullo realizarase un exame que constará de dúas partes, coas seguintes ponderacións:
60%: parte teórica. Para aprobar a materia débese obter un 3 sobre os 6 puntos posibles.
40%: parte práctica. Os alumnos que teñan participado polo menos no 50% das actividades prácticas e que obtiveran unha puntuación superior a 2 poderán conservar esta cualificación e non realizar a parte práctica do exame.
A cualificación final será a suma ponderada das dúas puntuacións, de xeito que se require un 50% da cualificación total para superar a materia.
Tempo de estudo e traballo persoalO tempo recomendado para superar a materia é o seguinte:
Horas de traballo presencial na aula (expositivas, interactivas, titorías e exame): 45.
Horas de traballo autónomo (estudio autónomo e preparación das actividades): 67,5
Deste xeito, as actividades implicadas na aprendizaxe, desenvolvemento e estudio da materia durante o curso, así como das diferentes probas de avaliación, implican un total de 112,5 horas de dedicación por parte do/a alumno/a.
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase que os alumnos traballen de xeito continuado sobre a materia ao longo de todo o curso, leven ao día os conceptos teóricos e se impliquen no debate dos temas e dos casos. Ademais, resulta conveniente a comunicación co profesor a través das titorías persoais.
Máis especificamente recoméndase:
Antes de cada clase teórica ler e preparar o tema que será presentado e debatido nela, empregando o manual básico da materia.
Despois das clases teóricas profundar nos conceptos expostos a través do material complementario.
Antes de cada clase práctica ler o caso práctico proposto e relacionalo cos contidos teóricos relevantes.
Utilizar o horario establecido de titoría para realizar consultas aos profesores encargados da materia.
ObservaciónsComportamento en clase
Este é un curso de dirección de empresas que se debe realizar de xeito profesional. Non se permitirá aos alumnos chegar tarde ou saír cedo, ler o periódico ou realizar tarefas doutras materias mentres estean na aula. Os alumnos non deben conversar na aula sobre temas alleos á materia; todos os alumnos deben poder escoitar o que está dicindo o/a profesor/a.
Os alumnos deben apagar os teléfonos móbiles ao entrar na clase. Todos os iPod ™ e outros dispositivos semellantes deben estar apagados e gardados.