Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais  »  Información da Materia

P3131101 - Modelos de Acumulación e Cambio Estrutural (Módulo I: Desenvolvemento Económico e Innovación) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Economía Aplicada
  • Áreas: Economía Aplicada
  • Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
VENCE DEZA, XABIER.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Entender a diversidade de pautas de funcionamento e evolución das economías no tempo e no espazo
    Comprender a natureza do proceso de crecemento económico e os diversos modelos de acumulación e de desenvolvemento.
    Comprender os factores que impulsan o crecemento económico e os procesos de cambio estrutural que marcan a dinámica económica capitalista a longo prazo.
    Comprender os principais factores desencadeantes das crises estruturais, especialmente as causas e dinámica da actual crise financeira global.
    Contidos
    TEMA 1. Teorías do cambio económico: crecemento, cambio estrutural e desenvolvemento. Acumulación do capital e crises.
    TEMA 2. Crecemento económico: crecemento endóxeno e teorías do crecemento dirixido pola demanda. Importancia da distribución da renda.
    TEMA 3. Modelos de acumulación, regulación e crises estruturais: categorías conceptuais. Articulación dinámica da produción e consumo. Relacións sociais clave e papel do estado, institucións, sistema monetario, crédito e o sistema de regulación.
    TEMA 4. Caracterización da base tecno-produtiva da economía actual: a economía baseada no coñecemento e a terciarización.
    TEMA 5. O modelo neoliberal. A financiarización da economía, burbullas financeiras, desigualdades e crise. Crise financeiras e crise do modelo de acumulación.
    TEMA 6. Causas e evolución da crise financeira global e das medidas de resposta adoptadas. A crise do euro e da UE.

    Bibliografía básica e complementaria
    Aglietta, M. et L. Berrebi (2007), Desordres dans le capitalismo mundial, Paris,Odile Jacob.
    Amable, B. (2003), The diversity of modern capitalism, Oxford University Press.
    Amin, Foster, Gowan, Magdoff, Sweezy, Neoimperialismo en la era de la globalización, Ed. Hacer, 2004.
    Boyer, R (2004), The future of economic growth, E. Elgar.
    Brunhoff, Chesnais et al (2009), Las finanzas capitalistas, Buenos Aires, Herramientas.
    Chesnais, F. (2002), La Globalización y sus crisis: interpretaciones desde la economía crítica, Los Libros de la Catarata, Madrid.
    Dumenil, G y D. Levy (2007), Crisis y salida de la crisis. Orden y desorden neoliberales, FCE.
    Foster, JB &F. Magdoff (2009), La gran crisis financiera, FCE
    Harvey, D. (1990), Los límites del capital, FCE.
    Harvey, D. (2007), Espacios del capital, Akal, Madrid.
    Hernandez Vigueras, J. (2012), El casino que nos gobierna, Madrid, Clave Intelectual
    Krugman, P. (2012), ¡Acabad ya con esta crisis!, Madrid, Crítica.
    Lundvall, B.A. (2002), Innovation, growth and social cohesion, Cheltenham.
    Martínez González-Tablas, A (2007) Economía Política Mundial, Ariel Economía, Barcelona,.
    Navarro, V. (2000) Globalización económica, poder político y Estado del bienestar, Ariel, Barcelona.
    Nelson, R (2000), The sources of economic growth, Harvard University Press.
    Polanyi, K. (1992), La gran transformación, Fondo de Cultura Económica, 1992.
    Reinert, E.S. (2007), La globalización de la pobreza, Ed. Crítica.
    Rodrik, D. (2007), One Economics, Many Recipes: Globalization, Institutions, and Economic Growth, Princeton University Press.
    Rodrik, D. (2012), Paradojas de la globalización, Madrid, Crítica.
    Setterfield, M.(ed) (2005), La economía del crecimiento dirigido por la demanda, Akal.
    Stiglitz, J. (2010), Caída Libre, Madrid, Ed Taurus
    Vence, X. (1995), Economía de la Innovación y del cambio tecnológico, Siglo XXI, 1995.
    Vence, X. (2005), O fracaso neoliberal en Galiza, A Nosa Terra.
    Vence, X. (coord) (2007), Crecimiento y políticas de innovación, Pirámide.
    Vence, X. (2011), Crise e radicalización neoliberal, Laiovento.
    Wade, R. (2003) Governing the market, Princeton University Press.

    Competencias
    Dominio dos conceptos e comprensión das diferentes perspectivas epistemolóxicas en economía e capacidade crítica das mesmas.
    Comprensión da utilidade dos modelos teóricos para a interpretación da realidade.
    Entender a diversidade de pautas de funcionamento e evolución das economías no tempo e no espazo

    Como resultados específicos da aprendizaxe desta materia espérase que o alumno sexa capaz de comprender a natureza do proceso de crecemento económico e os diversos modelos de acumulación e de desenvolvemento. Deberá identificar os factores que impulsan o crecemento económico e os procesos de cambio estrutural que marcan a dinámica económica capitalista a longo prazo. Deberá ser capaz tamén de explicar os principais factores desencadeantes das crises estruturais. Coñeceranse as bases teóricas dos diversos modelos económicos propostos na literatura económica. Á luz das teorías máis relevantes realizarase unha caracterización da economía actual, destacando a diversidade de patróns de crecemento e desenvolvemento observables no mundo. Considerarase o papel das institucións no crecemento e desenvolvemento económico.

    Metodoloxía da ensinanza
    Combinaranse as clases maxistrais coa lectura e comentario de textos e a busca e análise de información. Ademais proporanse actividades para realizar en grupos ou individualmente, tratando de incentivar o debate, a discusión e a capacidade de crítica. Entre esas actividades inclúese a exposición oral de ideas e razoamentos económicos.
    Con todas estas tarefas, pretendemos que o estudante adquira as competencias de reunir información, reflexionar, formular xuízos, exercitar o debate e a discusión e presentar de forma ordenada e clara argumentos teóricos ou conclusións.

    Sistema de evaluación
    O principal elemento de avaliación é o exame (60%). O segundo elemento de valoración constitúeo a realización das diversas actividades propostas en clase (30%). Como elementos complementarios valoraranse a asistencia e a participación activa nas clases (10%).
    Tempo de estudo e traballo persoal
    TRABALLO PRESENCIAL NA AULA Horas
    Clases de encerado 9
    Clases prácticas ou de ordenador 12
    Titorías en grupo ou individuais 3
    Avaliación 2
    Total horas traballo presencial na aula 26


    TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO Horas
    Estudo autónomo individual ou en grupo 27
    Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos 15
    Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca, preparación de presentacións orais, debates ou similar 6
    Avaliación 1
    Total horas traballo persoal do alumno 49

    HORAS TOTAIS DE TRABALLO DO ALUMNO: 75
    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistencia a clases
    Asistencia a titorías
    Realización actividades propostas