Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais  »  Información da Materia

P3131103 - Economía da Innovación (Módulo I: Desenvolvemento Económico e Innovación) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Economía Aplicada
  • Áreas: Economía Aplicada
  • Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
VENCE DEZA, XABIER.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Comprensión da relevancia da innovación na dinámica económica e social.
    Comprender os fundamentos dos diferentes enfoques e teorías da innovación
    Comprensión da natureza do proceso innovador dende a perspectiva económica, tanto dentro da empresa como a nivel do sistema produtivo. Fontes da innovación; factores que impulsan a innovación; patróns de innovación.
    Analizar as consecuencias económicas e sociais da innovación e estudar as posibilidades de intervención pública a través das políticas tecnolóxicas e de innovación.

    Contidos
    TEMA 1. Conceptos básicos: Ciencia, innovación, coñecemento, I+D, Propiedade intelectual...
    Indicadores estatísticos: I+D, innovación, patentes, novos produtos, bibliometría, produtividade.
    TEMA 2. Innovación, produtividade, diversificación, competitividade e crecemento económico.
    Innovacións radicais, revolucións tecnolóxicas e cambio estrutural
    TEMA 2. Evolución do pensamento económico sobre a innovación: desde Marx e Schumpeter até a actualidade
    TEMA 3. Características económicas do coñecemento: Incerteza, externalidades, ben público, acumulatividade, "path-dependence”, coñecemento localizado, tácito; apropiabilidade.
    TEMA 4. Características do proceso de creación de coñecemento científico
    Características do proceso de innovación e difusión. Fontes do coñecemento innovador. Interrelacións e carácter sistémico do proceso de innovación.
    TEMA 5. Estrutura de mercado e innovación: apropiabilidade e monopolio
    Incerteza, a competencia tecnolóxica e a "carreira pola patente".

    Bibliografía básica e complementaria
    Foray, D. (2004), Economics of knowledge, MIT Press.
    Lundvall, B.A. (1992), Nacional systems of Innovation, Pinter Publisher
    Lundvall, B.A. (2002), Innovation, growth and social cohesion, Cheltenham.
    Nelson, R. (2000), The sources of economic growth, Harvard University Press.
    Rosenberg, N. (1993), Dentro de la caja negra: tecnología y economía, La Llar del llibre.
    OCDE, Manual de Frascati, Paris, OCDE.
    OCDE, Manual de Oslo, Paris.
    Vence,X. (1995), Economía de la Innovación y del cambio tecnológico, Siglo XXI.
    Vence, X. (coord) (2007), Crecimiento y políticas de innovación, Pirámide.

    Competencias
    Comprensión da esencia dinámica e evolutiva do proceso económico
    Comprensión da relevancia da innovación na dinámica económica e social.
    Comprensión da diversidade de fontes e formas da innovación.
    Diferenciación clara entre investigación, ciencia, I+D e innovación

    Os contidos desta materia oriéntanse a afondar na comprensión da natureza do proceso innovador dende a perspectiva económica, tanto dentro da empresa como a nivel do sistema produtivo; analizar as consecuencias económicas e sociais da innovación e estudar as posibilidades de intervención pública a través das políticas tecnolóxicas e de innovación.

    Metodoloxía da ensinanza
    Combinaranse as clases maxistrais coa lectura e comentario de textos e a busca e análise de información. Ademais, proporanse actividades para realizar en grupos ou individualmente, tratando de incentivar o debate, a discusión e a capacidade de crítica. Entre esas actividades inclúese a exposición oral de ideas e razoamentos económicos.
    Con todas estas tarefas, pretendemos que o estudante adquira as competencias de reunir información, reflexionar, formular xuízos, exercitar o debate e a discusión e presentar de forma ordenada e clara argumentos teóricos ou conclusións.

    Sistema de evaluación
    O principal elemento de avaliación é o exame (60%). O segundo elemento de valoración constitúeo a realización das diversas actividades propostas en clase (30%). Como elementos complementarios valoraranse a asistencia e a participación activa nas clases (10%).
    Tempo de estudo e traballo persoal
    TRABALLO PRESENCIAL NA AULA Horas
    Clases de encerado 9
    Clases prácticas ou de ordenador 12
    Titorías en grupo ou individuais 3
    Avaliación 2
    Total horas traballo presencial na aula 26


    TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO Horas
    Estudo autónomo individual ou en grupo 27
    Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos 15
    Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca, preparación de presentacións orais, debates ou similar 6
    Avaliación 1
    Total horas traballo persoal do alumno 49

    HORAS TOTAIS DE TRABALLO DO ALUMNO: 75

    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistencia a clases
    Asistencia a titorías
    Realización actividades propostas